18 de feb. de 2022

 Lembrades a entrada que fixeramos no noso blog o 10 de xaneiro coa gravación de Yaiza e Valeria de 1ºESO A, con esa entrevista  á súa avoa onde falaba dun xogo popular que se chama O Pino?

Ben, pois hoxe, Aníbal Barreira, profesor de historia do noso centro, agora, xubilado, fíxonos chegar o xogo do Irá, un xogo popular que ben nos explica para poñernos con el. Grazas Aníbal!


 


PARTICIPANTES:

Cantos queiran, de ambos sexos. Recomendable para 10 años en adiante.

MATERIAIS:

Tres paus cilíndricos de dous tamaños diferentes.

O pau A, de 60 cm de lonxitude, recibe o nome de Palán.

Os paus B e C, de 20 cm. O pau B recibe o nome de Pai e o pou C, denomínase Irá.

NORMAS DO XOGO:

-Necesario un espazo despexado (praza, camiño ancho, campo aberto, outros espazos).

- Sorteo do primeiro/a que lle toque para iniciar o xogo.

-Trazar unha liña no chan para a situación do tirador/a e os buscadores/as. Á dereita da liña                  

póñense  os participantes buscadores.

-O elixido no sorteo toma os tres paus para colocalos:  o pau B , no chan, paralelo á liña trazada.

  O pau C, colócase apoiado no  pau B,  formando unha cruz latina.

B

C

 

 

- O xogador/a que lle toca empezar, toma o pau A, e golpea a punta do pau C, logrando levantalo e mentres  está no aire, darlle un segundo golpe para mándalo o máis lonxe posible.

- Os outros participantes, saen correndo para coller o irá (ou pau C).

- O  tirador coloca o palán  dentro da liña trazada. Espera a que alguén diga : “Meu”.

- O participante que colleu o irá, intenta (dende o lugar en que colleu o irá), tocar o palán.

- Se logra golpéalo, pasa a ser o novo/a tirador/a ou lanzador/a.  Se falla e non toca o palán, segue tirando o xogador inicial.

- Esto repítese ata que os /as  participantes conseguen  tocar o  palán co  irá.

NOTA:   Parece difícil acertar darlle  ao  palán  co irá pero o lanzador non sempre acerta ben no segundo golpe e o irá queda moi preto e resulta fácil cambiar  de tirador.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario