Estamos a facer a nosa propia botica coas plantiñas que recollemos o venres pasado na saída ó Castelo de Monterrei.
Lingua de ovella (plantago):antiséptica e cicatrizante, usada como se fora unha tiriña para as feridas.
A Malva, con múltiples usos para a pel, como calmante ou tamén para as aftas.
As papoulas que antes se usaban para adormecer os nenos e nenas.
A Diavella
A Viboreira
A Rola
O Trigo de ratos
E a Furapedras
Agora fáltanos que Hatim, un alumno de 1ºESO nos complete o herbario cos nomes e usos na cultura e gastronomía magrebí. Para a parte galega tivemos a inestimable axuda de Xosé Ramón Reigada, sempre disposto a ensinarnos, grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario