Onte e hoxe tivemos o Xogo de pistas do Circo ambulante, a actividade de escrita creativa que estamos a desenvolver co IES de Xove, Lugo. O alumnado de 2ºESO a través de indicacións e pistas que fixera o alumnado de 1ºESo, e viceversa, tiñan que ir adiviñando algún dos dos personaxes do noso circo: o tirador, o fontaneiro, o mago, o escapista, as zanqueiras, os futbolistas, as maquilladoras, domores de leóns, Motomami e motoristas... e uns cantos máis! Xa estamos para ir de xira.
31 de mar. de 2023
28 de mar. de 2023
24 de mar. de 2023
Concurso Fotoentroido
Hoxe entregamos o segundo premio do Concurso do Fotoentroido dos tres centros a Jorge Gzl. de 1Bac C, coa súa foto co lema " O meu sentimento"
21 de mar. de 2023
15 de mar. de 2023
Os medios públicos en galego, a competencia: Redes sociais-Medios de comunicación e a manipulación da información despois de máis de 200 Venres negros da CRTVG foron os temas que hoxe nos achegou a xornalista Manuela Iglesias Cid ó alumnado de 1ºBAC.A integridade profesional e a persoal desta xornalista permite que se reivindique o xornalismo de calidade.Esperamos que no noso alumnado calara a importancia de seren críticas e críticos e de estaren sempre ben informados.
14 de mar. de 2023
SOSTIBILIDADE
Dende o departamento de Tecnoloxía con César Sánchez, tamén se suman ó programa de Sostibilidade e xa teñen eleborados uns podcast sobre a fauna e a flora de Verín de Marco Lorenzo, Noa Rodríguez e Uxía Rúa.
O alumnado recibiu inicialmente unhas nocións teóricas en canto aos tipos de formatos empregados en audio e como poder gravar e editar.
10 de mar. de 2023
IGUALDADE E FEMINISMO
Rematamos a semana do 8M cuns marcapáxinas que fixo o alumnado de 2Bac de Lit.Galega.do Séc.XX co lema "Mulleres que marcan" para non esquecermos o grande labor de mulleres galegas como Isabel Barreto, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán.Podedes ir á Biblioteca recoller o voso!
8 de mar. de 2023
IGUALDADE E FEMINISMO
A choiva hoxe non nos parou e saímos á concentración organizada polo CIM de Verín , ademais o alumnado de 4ºESO deseñou uns carteis para o Día da muller.
SOSTIBILIDADE
Máis traballos do alumnado de 3ºESO achégannos as consecuencias dos incendios forestais, mesmo dos que este ano devastaron Verín.
3 de mar. de 2023
SOSTIBILIDADE
Seguimos con actividades dentro do contrato programa de SOSTIBILIDADE, e neste caso da man da profesora Carmen Cuquejo e do alumnado de 3ºESO que estivo traballando sobre os incendios.