O alumnado de 2ª ESO do IES Xesús Taboada Chivite visitou as dependencias do Concello de Verín o día de hoxe para levar as súas peticións formais. Despois de facermos uns proxectos na clase, onde o alumnado traballou distintos temas como: as opcións de lecer en Verín, a caída demográfica, as ofertas de emprego, o nivel de vida e a renda per cápita; sacáronse unha serie de conclusións e con elas elaboráronse peticións que hoxe foron entregadas no rexistro municipal. Agradecemos a colaboración do Concello, en concreto da concelleira de cultura, Samanta, quen nos recibiu amablemente e nos guiou durante toda a visita, explicándonos as distintas dependencias e funcións das persoas que alí traballan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario