18 de dec. de 2013

RÍO DE PALABRAS

Sara Guerra e Cristina Salgado resumen o que foi esta experiencia levada a cabo polo Clube de Lectura


Ahí van as fotos












16 de dec. de 2013

GALA ENTREGA DE PREMIOS "CIENCIA QUE CONTA"

O pasado sábado día 14 de decembro Lucía Díaz Nicolino foi galardoada co primeiro premio na categoría de Bacherelato do concurso de relatos Ciencia que Conta. Parabéns
No seguinte enlace poderedes escoitar a gala
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/efervesciencia-efervesciencia-do-dia-14-12-2013-716071#.Uq33dzqDwaE.facebook.
Aquí poderedes ver máis fotos
http://www.cienciaqueconta.com/algunhas-fotos-da-gala-ciencia-que-conta-2013/
E aquí a acta do xurado
http://www.cienciaqueconta.com/acta-reunion-do-xurado-do-6o-concurso-de-relatos-ciencia-que-conta/

9 de dec. de 2013

GAÑADORA DO CONCURSO DE RELATOS CIENCIA QUE CONTA

Lucía Díaz Nicolino, alumna de 1º de Bacharelato, resultou ser unha das tres gañadoras do concurso de relatos Ciencia que Conta co seu "O dos ollos bonitos". Ademáis Alejandra Franco, Andrea Barreal, Gonzalo Lope-Garnica e Marta Canado foron seleccionados como finalistas.Trátase dun concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
PARABÉNS a todos
www.cienciaqueconta.com/e-ai-van-relatos-premiados-cqc2013/

28 de nov. de 2013

ROSALÍA EN IRLANDA

Precioso vídeo onde a comunidade educativa da St. Mary's School at Mullaghbawn (Irlanda do Norte) recita a Rosalía

19 de nov. de 2013

MÚSICA EN GALEGO

Engadimos cinco grupos máis na actividade para escoller o grupo favorito do noso alumnado.

ENTRADE E PARTICIPADE!!!


15 de nov. de 2013

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Aprendimos moito na videoconferencia de Jorge Mira para celebrar o día da Ciencia en Galego. Moitas grazas aos organizadores da Coordinadora Galega de EDLG

8 de nov. de 2013

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo da celebración do día da ciencia en galego compartimos as presentacións que sobre o sistema solar e o resto do universo fixeron os alumnos e alumnas de Ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato







28 de out. de 2013

ELIXE O TEU GRUPO GALEGO FAVORITO

Como veriades nos taboleiros do centro estamos a organizar un concurso para ver cal é o grupo musical favorito da mocidade do IES TABOADA CHIVITE. Entra no seguinte enlace e descóbreos

Presentacion grupos by ofiadeirodalingua

21 de out. de 2013

O MUSICAL OS MISERABLES VIAXA A XINZO

Os nosos compañeiros de Xinzo quedaron abraiados coa actuación do alumnado do IES TABOADA CHIVITE. Foi moi especial rematar cantando en galego a Canción do Pobo












4 de out. de 2013

Certame de poesía

O próximo día 10 de outubro o alumnado do noso centro asistirá ó certame de poesía ofrecido por Xosé Carlos Caneiro e musicalizado por Emilio Rúa

21 de maio de 2013

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO PREMIADO NOS CERTAMES LITERARIOS DO CONCELLO DE VERÍN


Miguel Franco Álvarez de 4º ESO resultou gañador do primeiro premio co relato "A lóxica insurreccional". Tamén foron recoñecidos Rubén Alfonso González, Alberto Rivero Manso, Iria Vázquez Arcos, Esther Estévez Casado e Ana María Añel Prieto.
PARABÉNS!!!!

20 de maio de 2013

VII ENCONTRO LUSO-GALAICO


Ao comezo do curso, aos alumnos de cuarto, faláronos do encontro luso-galaico. Nos xa escoitaramos falar desta actividade posto que leva xa anos facéndose no noso centro, e a verdade é que todos os alumnos que participaron en anos anteriores falaban desta actividade como algo realmente interesante. Agora nós tamén podemos afirmar que é así.
Este ano tocoulles aos portugués comezar a escribir. Cada un de nos recibiría unha carta dun compañeiro do IES Fernão de Magalhães, o que iríamos coñecendo ao longo do curso ata o momento do encontro. Todos esperábamos ansiosos a chegada da nosa carta, e o nome do “noso portugués”. A experiencia de escribir cartas en galego gustounos moito a todos, pero as mellores cartas e as máis longas foron as dúas primeiras, debido a que enseguida nos dimos o Facebook, e xa sa sabe o que teñen as redes socias. Falabamos tanto con eles por Internet que logo por cartas xa non sabíamos que escribir. E a espera de coñecer ao noso portugués e velo en persoa fixésenos un pouco máis levadeira posto que vimos fotos súas colgadas na rede. No meu caso preferín ser un pouco mais tradicional e mandarlle fotos impresas miñas acompañando as cartas. Esta experiencia tamén nos serviu para darnos conta do próximas que son a lingua galega e a portuguesa, e que sabendo galego fomos quen de entender aos nosos compañeiros perfectamente sen dificultade ningunha. O único inconvinte que vimos, foi que os portugueses tardaban moito en contestar, e a espera facíasenos longa. Igual de longo se nos fixo esperar polo día do encontro. Este curso foron os portugueses quen organizaron a viaxe. Escolleron para visitar a cidade de Régua.
As oito e media, arrancamos dende Verín camiño de Chaves, para ir buscar aos nosos compañeiros os que xa tiñamos tantas ganas de coñecer. Unha vez alí, fóronos chamando un a un e presentándonos, a pesar de levar todo o curso escribíndonos, este foi un momento de vergoña no que a todos nos deu corte e no que estabamos separados por institutos incoscientemente. De seguido montamos nos autobuses cara á Régua, unha cidade que a todos nos pareceu preciosa. O primeiro que fixemos foi visitar o museo do Douro, que durou aproximandamente uns corenta minutos, nesta visita xa nos fomos acercando máis aos portugueses e a vergoña comezaba a desaparecer. Ao acabar dimos un paseo mentres esperábamos o tren turístico que nos levaría ata Pinhão. A traxectoria en tren, estivo moi ben, ambos os institutos estábamos xuntos, falando e contando distintas anécdotas relacionadas coas cartas. Unha vez chegamos, fomos ver a famosa Quinta da Foz, un lugar preciso que a todos nos encantou. Logo, despois de unha maña na que non paramos quietos, por fin fomos comer preta da unha e media. O xantar foi un dos mellores momentos, posto que tivemos ata as catro e media, e en todo este tempo fixemos fotos cos nosos portugueses e deunos tempo de coñecernos todos un pouco mellor. Tras acabar de comer, arrancamos a Favaios, sitio onde visitamos o Museo do Pão e do Vinho. A mín, persoalmente gustoume máis o primeiro museo que visitamos. Cando remantamos xa fumos a Chaves, onde nos despedimos dos portuguses. Foi unha despedida algo triste pero ao mesmo tempo moi satisfactoria, posto que todos gañaramos un novo amigo en Portugal, co que prometemos seguir escribíndonos a miúdo, aínda que non fose por carta, senón por redes socias.
Foi unha experiencia nova, e a verdade e que a todos nos gustou moito, e penso que a gran maioría de nós, estaríamos encantados de repetila.

6 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Para conmemorar o día das Letras Galegas 2013 expoñemos os carteis conmemorativos dos últimos 50 anos. Animávosvos a escoller o voso favorito

GAÑADORA CONCURSO FOTOGRÁFICO

Andrea Álvarez de 3º da ESO é a autora da fotografía gañadora: Pallasas.
PARABÉNS!!!!

30 de abr. de 2013

LETRAS GALEGAS 2013


Esquecéronse de que ata a uns actores de talento dubidoso e de oficio incauto lles asiste, cando lles peta, o privilexio de facer o pallaso
Caprice des Dieux (1985)

http://coordinadoraendl.org/letras2013/

22 de abr. de 2013

CONTACONTOS GALEGO INGLÉS


O pasado 18 de abril Tim Bowley en inglés e Charo Pita en galego, ofrecéronlles aos alumnos de 1º e 2º da ESO contos de todo o mundo dende Escocia ata África


Paula Martínez de 1º da ESO resume así o conto que máis lle gustou.

Unha rapaza china moi pobre quería casar co rei. O rei fixo un anuncio para todas as rapazas do país, para que acudisen a palacio para elexir a nova raíña. O rei deulle unha maceta a cada unha cunha semente. A dona da flor máis fermosa casaría con el.
Pasou o tempo e da semente non naceu nada. O resto e rapazas tiñan flores preciosas, pero o rei elexiu para casar con el a rapaza pobre. Fóra a única rapaza do reino que levara a semente sen nacer porque era estéril. O rei quixoa porque a flor máis fermosa é a honestidade.

15 de abr. de 2013

VOTA!!!!! ELIXE AOS GAÑADORES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO 2013


Elixe a túa fotografía favorita

Comenta a fotografía que máis che guste en COMENTARIOS.

Tes de prazo ata o 30 de abril



TÍTULO: BANDOLERAS.COM AUTOR: ANDUSKIÑA


TÍTULO: QUÉROTE AUTOR: CHORIMA


TÍTULO: LIVIANOS RECORDOS TRAS O VALADO DA MEMORIA AUTOR: O INVERNO


TÍTULO: FOGAR DE HISTORIA AUTOR: BRÉTEMA


TÍTULO: DESPECE DE CIGARRÓN AUTOR: CHIMPÍN


TÍTULO: PALLASAS AUTOR: ANDUSKIÑA


TÍTULO: O ENTROIDO, UN SENTIMENTO AUTOR: CERVANTES

10 de abr. de 2013

OPS!! Línguas irmãs, un pequeno encontro.



O portugués é unha das linguas máis faladas e estendidas do mundo. Malia que os prexuízos afondan tanto nesta, coma na súa lingua irmá, o galego, o certo é que na realidade preséntase como a lingua materna de 176 millóns de persoas e distribúese xeograficamente por unha morea de países, dende Brasil ata Timor Oriental, ao Sueste de Asia.
Datos tan curiosos coma estes foron os que nos facilitaron o Venres 22 de Marzo no Salón de Actos, nunha entretida exposición sobre o noso idioma veciño. A finalidade era amosarnos o gran adianto que supón para nós o galego, tan parecido ao portugués que nos permite comunicarnos con gran parte da poboación mundial. Para demostralo, tivemos que ler diferentes frases e ata escoitamos unha canción para completar palabras, onde a maioría acertamos máis da metade.
Puidemos comprobar a cantidade de personaxes famosas que son portuguesas ou teñen relación con esta lingua e comentamos anécdotas de xente que estando noutros países puido comunicarse empregando o galego, tan semellante ao portugués, que ata un propio falante non foi capaz de distinguilo.
O saber non ocupa lugar, e coñecer idiomas sempre nos abrirá máis portas e nos permitirá avanzar máis lonxe. Ao mellor non valoramos como se merece as posibilidades que nos ofrecen e esta é a mentalidade que deberiamos cambiar. Con charlas como as do outro día ábrense un pouco máis os ollos para ver máis aló do que nun principio cremos.

Carla Guerra González 4º ESO B

2 de abr. de 2013

FINALISTAS DO RALLY MATEMÁTICO

Os alumnos de 3º da ESO dirixidos polo profesor Carlos Ferreiro veñen de clasificarse para a final do Rally matemático organizado por IGACIENCIA. PARABÉNS!!!!

A prol da Ciencia Galega e do Galego na Ciencia

21 de mar. de 2013

GRAN ÉXITO NA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO INSPIRACIENCIA

Cinco dos nosos alumnos son finalistas. Podedes votar por eles ata o 15 de abril no enlace:

http://www.inspiraciencia.es/gl/


4 de feb. de 2013

CONCURSO DE RELATOS DE INSPIRACIÓN CIENTÍFICA

Dende o EDLG e o Departamento de Ciencias convidámosvos a participar no concurso INSPIRACIENCIA. Unha invitación a pensar e imaxinar a ciencia a través da escritura. Toparás toda a información no seguinte enlace

http://www.inspiraciencia.es/gl/



31 de xan. de 2013

VISITA DA ESCRITORA ELENA GALLEGO





          O día 28 de xaneiro, a escritora Elena Gallego Abad, visitou o noso Instituto para dar unha charla sobre a súa triloxía Dragal.

            O director, Juan Guerra,  fixo unha pequena reseña biográfica sobre a autora. Así enterámonos de que naceu e creceu en Verín e que foi alumna do noso instituto. Elena Gallego confesounos que o primeiro libro da triloxía escribiuno para que o lera só o seu fillo. Sen embargo decidiuse a presentalo a un concurso e agora ve cumprido o seu soño de ser escritora. Tamén nos cometou o importante que son as novas tecnoloxías para promocionar a súa obra. Dragal ten páxina web e perfil de facebook! Gracias a ela entereime que bookcrossing consiste en deixar libros en distintas partes do mundo e seguir a súa pista ó longo do tempo. Algún exemplar de Dragal empezou na China e outro xa chegou a Italia.

            Moi amable, Elena Gallego, asinounos os libros a todos os que llo pedimos e a súas dedicatorias foron moi agarimosas. A min escribiume: “Este Dragal, a herdanza do Dragón é para Fernando. Benvido as páxinas do Dragón”.

            En resumo, foi unha experiencia moi positiva que me gustaría repetir con outros autores galegos.

Resumo da experiencia  escrita por Fernando de 3º da  ESO

29 de xan. de 2013

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA


                Participade neste concurso fotográfico sobre o Entroido de Verín. Facede fotos durante estas festas coas vosas cámaras, móbiles… e gañade o concurso.

·       Tema: O ENTROIDO
·       Para toda a comunidade educativa En formato dixital
·       Farase unha exposición coas fotografías presentadas
·       Haberá agasallos para os mellores
·       Mandar ao correo: ofiadeirodalingua@gmail.com antes do 20 de febreiro.



IES TABOADA CHIVITE . EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA