O pasado mércores o dramaturgo Rubén Ruibal visitou o noso centro para falar do seu libro “Limpeza de sangue”.
Este libro é unha das lecturas obrigatorias de 1º de Bacharelato, por iso asistimos os alumnos deste curso, e a demais tamén foi posible que asistiran os alumnos do Bacharelato de Humanidades e os alumnos que pertencen ó grupo de teatro.
Rubén Ruibal falou moi abertamente do seu libro. Explicou as escenas máis difíciles de entender.
Durante uns vinte minutos aproximadamente Ruibal estivo falando sobre as distintas casualidades que o levaron a escribir o libro, sobre o seu título, sobre a orixinalidade que intentou conseguir e na que fracasou cando se deu conta de que xa había un libro que se chamaba do mesmo xeito.
Posteriormente, Rubén contestou a todas as preguntas que os alumnos quixeron facer. A primeira delas foi por que elixiu matar a un dos protagonistas e non ó outro, segundo Ruibal, esta pregunta élle formulada cada vez que fala do seu libro, asegurando que a xente o odia por haber ideado aquela morte.
Os últimos minutos con Rubén Ruibal foron dedicados á sinatura dos seus libros. Rubén Ruibal ofreceu sinaturas a todos aqueles que quixeron que o seu libro estivera dedicado.
Deste xeito remataron as nosas dúas horas con Rubén Ruibal, que para algúns quedarán marcadas na memoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario