Resumen
Memorias dun neno labrego é o caderno no que Balbino escribe todo o que lle
acontece na súa aldea. A familia do protagonista é moi pobre e traballa a terra
e o gando dun Señor. Os país de Balbino trátano coma a un maior, pero nos seus
ollos aínda se pode albiscar a inocencia propia dun neno da súa idade. A Balbino gústalle pensar o porque das cousas e
cavilar sobre o mundo. Non ten moitos xoguetes, máis é feliz , xa que se
conforma con moi pouca cousa. Tampouco ten amigos e agora que moita da súa
xente querida ten que emigrar a América, Balbino síntese máis solo ca nunca.
Pero pronto vese obrigado, por mor dunha discusión a abandonar a súa familia e
buscarse el só a vida. O único que o mantén con ilusión para seguir vivindo son
esas cousas insignificantes para os ollos dun adulto, pero tan importantes para
un neno.
Opinión persoal
Cando les este libro non é coma se leses o xornal ou un conto calquera,
senón que te das conta do sinxela que é a vida e de que non precisamos tantas
cousas como temos para ser felices. Tamén te identificas de contado con Balbino
xa que é moi próximo a nós e Balbino puideron
ser os nosos avós, bisavós ou mesmo nós se naceramos nunha familia como
a del.
Leticia Lozano Meiriño 3º ESO A
Ningún comentario:
Publicar un comentario