O libro que lin ía sobre un
home chamado Lin Oin. En Singapur, acababan de comezar unha guerra e Lin Oin non estaba
informado sobre tal feito. Este, estaba no concello, cando empezaron a caer unha
serie inmensa de bombas. Nese momento, Lin botouse a correr sen mirar atrás. Cando chegou
o lugar onde se atopaba a súa casa, atopouse con esta convertida en escombros.
A partir dese momento non volvería ver aos
seus fillos. Nese mesmo sitio atopou ao seu mestre de paxaros , pois Lin dedicábase
a domar estes valiosos animais. A piques de morrer e antes de deixar este mundo,
díxolle a Lin que lle coidara dos paxaros os cales, estaban mal feridos. Lin
prometeullo, e así foi durante os seguintes anos. O noso protagonista todas as noites abríalle a gaiola aos seus
paxaros , os cales piaban con alegría o verse ceibes. O pasar os anos, os animais
curáronse e os ingleses invadiron Singapur, que nese momento pertencía ao
réxime xaponés. Lin dirixiuse ao porto onde se despediu dos seus paxaros e xusto nese intre desembarcou un barco, do cal saíron os seus fillos e a súa muller. El que ata
entón pensaba que a súa familia estaba morta sentiuse cheo de alegría e esa foi
a recompensa que obtivo por ter coidado e
curado aos paxaros dos seu mestre.
OPINIÓN PERSOAL:
Este libro gustoume
moito xa que trata de guerras e de drama, algo que me parece moi triste
pero tamén moi interesante. Eu sinceramente recomendaríallo as persoas que lle gusta a acción porque esta obra ademais de
engadir un drama como o sufrido por Lín ten suspense, misterio e partes nas
cales se representan escenas de guerra como xa dixen anteriormente. Tamén llo
recomendaría a todas aquelas persoas as que lle guste a natureza e os animais
pois o fin e o cabo Lín era un domador de paxaros e tratábaos tan ben que facía
con eles o que quería. Eu persoalmente
preferiría que fose mais longo ou que tivese una segunda parte.
Rubén Alfonso González de 3º ESO B
Ningún comentario:
Publicar un comentario