30 de xan. de 2015

VISITA ELENA GALLEGO

No marco do Proxecto Dragal no que participamos xunto con outros dez centros galegos, recibimos a sempre agradable visita de Elena Gallego escritora de éxito e antiga alumna do IES Taboada Chivite




26 de xan. de 2015

MUTACIÓNS XENÉTICAS DE FINA CASALDERREY

AUTORA.
Mutacións Xenéticas está escrito por Fina Casalderrey, unha escritora nacida en Pontevedra que estudou maxisterio e gañou diversos premios tanto a nivel persoal como colectivo, cos seus alumnos.

RESUMO.
Este libro cóntanos a historia de Hadrián, un rapaz que vive en Inglaterra, e ten que vir a Galicia para coñecer ó seu avó. El pensa que o mes que pasará aquí,  vai estar moi aburrido, pero non sabe a que se dedica o seu avó. Este é un científico que está a investigar como poder remplazar as máquinas por animais, facendo que estes ante unha orde dun ser humano reaccionen e fagan algo para o noso proveito. A investigación ten como finalidade facer un mundo sen tanta contaminación. Hadrián axuda ó seu avó en todo o que pode, xa que ten o laboratorio dentro da súa propia casa. Por outra banda, o avó sen a axuda do seu neto non sería quen de seguir adiante coa súa investigación.

VALORACIÓN PERSOAL.

Mentres un vai lendo este libro, pensa se podería ser posible o que quere facer o avó de Hadrián, xa que dá moito que pensar.Ó mesmo tempo tamén te identificas moito coa personaxe principal, xa que é un neno que fai travesuras  con frecuencia e é moi preguntón.

Leticia Lozano Meiriño de 3º ESO A

23 de xan. de 2015

AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. BÁGOAS DE LÚA DE SABELA GONZÁLEZ

O libro que eu elixín para a proba oral de galego foi este, Bágoa de Lúa, un libro de orixe galega, que conforma o primeiro tomo da triloxía “As crónicas de Landereina”. A súa autora é Sabela González, que naceu e viviu en Vigo, e xa dende pequena soubo sempre que quería ser escritora; polo tanto, no seu blog “Gramática de Corpos”, comezou a subir pequenos textos, que lle granxearon un cúmulo de admiradores que a animaron a converter o seu soño en realidade. Así, ós 34 anos de idade, publicou o seu primeiro libro, que é este.

A verdade, é que o escollín en parte porque xa coñecía un pouco del, e da súa autora: algunha que outra vez visitara o seu blog, e alí lera algunha das noticias que ela ia colgando sobre o seu futuro libro; xa daquela chamou a miña atención, e a pesar de que me esquecín un pouquiño del, volveu caer nas miñas mans grazas a un concurso literario. Tamén me animei a lelo pola súa portada, algo moi básico para min, xa que preciso que a portada do libro me transmita algo, ou que polo menos sexa desas que din: ¡Ei, esquí estou! Pode que esta non sexa una gran marabilla, pero en comparación caos libros que estou acostumada, significaba un pequeno cambio, así como me producía curiosidade o feito de ver na miña andel aquel libro de cor escura entre tanta cor clariña.
Bágoa de Lúa, é un libro fantástico, que nos sitúa nun reino máxico chamado Landereina, onde conviven personaxes máxicos, e personaxes non tan máxicos: sereas, ananos, elfos, amazonas… A protagonista da historia é Berenguela, unha nena de 14 anos, que vive nunha pequena praia perdida do mundo, xunto coa mellor amiga da súa nai, Cátaba, e o seu marido, Bunm. Así, unha noite, tras volver do feirón da cidade veciña, atópanse cunha nena da idade de Berenguela nos chanzos da súa casa; ela, ven da Tríade Amazona, onde vive a nai da protagonista. A chegada desta nena, así coma das noticias que trae con ela, impulsarán aos catro protagonistas nunha viaxe por descubrir quen son en realidade, e que a escuridade que azouta Landereina, non os pille no camiño.

A verdade é que o libro gustoume moito, tiña unha expectativas moi altas con el polo seu xénero, xa que é o meu favorito, e porque non coñecía ningún libro desta temática en galego. Pese a todo, o libro encantoume e sorprendeume, é una narración moi lixeira e que se lee nun suspiro, a pesar do largo que parece. Unha das cousas que máis me gustou foi a maneira que tivo de móstranos cousas do pasado, dividindo o libro en partes, e dúas delas, baseadas en sucesos de 64 anos atrás. Os personaxes son moi divertidos, e dende o principio conectamos con eles; o meu favorito é Berenguela, xa que é moi parecida a min en todos os aspectos, así coma na súa maneira de ser. O que menos, foi a nai de Berenguela, xa que considero que para ser unha personaxe moi importante, non a coñecemos moito, por non dicir nada. A pesar diso, é un libro que recomendo completamente a todos, xa que nos fai gozar, ou iso considero eu, e creo que faite vivir unha aventura, mergullándonos a nós tamén na historia; e así, podendo vivir tantas aventuras coma hai neste libro, por qué quedarnos só con unha?

 Ana Manso Fernández de 3º ESO C

21 de xan. de 2015

MODELOS DA ESTRUTURA SECUNDARIA DO ADN

Modelos da dobre hélice do ADN, realizados polos alumnos de 4º de ESO, na materia de Bioloxía e Xeoloxía coa profesora Mª Luz Blanco Fernández.




20 de xan. de 2015

A CABEZA DE MEDUSA DE MARILAR ALEIXANDRE

Este libro narra a historia de dúas rapazas chamadas Lúpe e Sofía que tras acabar a festa do seu colexio van en busca de un taxi. Ao non atopalo deciden montar nun coche de dous rapaces alleos a elas pensando que eran invitados da festa, e este feito marcaralle as súas vidas, porque foron vítimas dunha agresión sexual. Durante os días seguintes moita xente non se atreve a miralas a cara, pero elas asumen o que lle pasou e non se evaden da realidade. Sofía conta co apoio dos seus pais, mentres ue Lúpe non tanto, pero as dúas levan a cabo as denuncias correspondentes. Nestas dúas rapazas vese reflectido o mito da medusa; no que os seus cabelos convértense en serpentes polo castigo tras ser forzada por Poseidón, cando as vítimas eran elas. E o mito da medusa desencadea moitos conflitos...


Opinión Persoal:
A min este libro gustoume, non só polos valores que se levan a cabo senón pola actitude dos personaxes. O feito de ser violada e asumilo con valentía, de non agachar a cabeza diante dos demais, porque esa forza que teñen as protagonistas gustaríalle tela a moita xente.

Recomendacións:
Este libro recomendaríallo a xente que lle gustan os valores da xustiza, da igualdade de xénero e sobre todo da amizade.


Elia Salgado de 3º ESO B

17 de xan. de 2015

O NOSO KUMBARIKIRA

Dedicado a todos/as os/as nenos/as Kukama. Con moito agarimo // Con todo nuestro cariño, para los niños y niñas Kukama.




Preme aquí para toda a información sobre os nenos Kukama e o noso proxecto

O NOSO KUMBARIKIRA (IES Xesús Taboada Chivite – Verín)

GALEGO
ESPAÑOL
Estrofas 1º ESO A
Sergio:
Eu falo dúas linguas, galego e castelán.

As dúas me serven para navegar.

Julio :
Co galego podemos coñecer,
falar, soñar e tamén aprender.

Lucas:
O galego foi moi desprezado
pero agora podemos amalo.

Saray:
O kukama é o noso amigo
e debemos salvalo do perigo.

Estribillo:
KUMBARIKIRA URUPUKIRA
TSA KUMBARI UTSU UKAIMA
KUMBARIKIRA URUPUKIRA
TSA KUMBARI UTSU UKAIMA
KURACHI WIRI TIMA TSA KATUPI
TSA KUMBARIKIRA URUPUKIRA
KURACHI WIRI TIMA TSA KATUPI
TSA KUMBARIKIRA URUPUKIRA

Estrofas 1º ESO C:
Sheila:
O río Támega non está mal
mais o Marañón vaise estragar.

Laura:
Entre todos debemos traballar
para o Marañón e o kukama rescatar.

Dani Gonçalves:
O kukama estamos a salvar,
por iso esta canción estamos a cantar.

Dani González:
Os avós sábeno falar
e nós os nenos ímolo usar.

(Estribillo)
Estrofas 1º ESO D :
Adrián:
A lingua galega estase perdendo
e tamén se está esquecendo.
Dános moita mágoa que desapareza,
que perdamos tanta beleza.

Ángel:
Temos o galego, tedes o Kukama.
Que non nolos quiten da nosa alma.
Kumbarikira é a nosa canción.
Cantámola todos con emoción.

(Estribillo)

Estrofas 3º ESO A:
Helena:
Nós tamén queremos denunciar
que o noso medio ambiente estamos a estragar.
Ó carón do noso centro hai una central
que a nosa saúde pode danar.

Sara:
A toda a nosa xente queremos concienciar

a través do kukama, galego e castelán.
Oxalá vos guste  moito o noso rap,
pois nós co voso puidemos gozar.


Estrofas 3º ESO B :
Elia:
Eu son nativa da Galiza central
 e aquí a nosa lingua comézase a olvidar.

Ás veces na aula pódela escoitar
pero se vas á rúa non a oes falar.

Alicia:
Un gran cargueiro cunha rocha topou
e o seu contido nas costas derramou.
Nós xa sabemos cal é a repercusión.

Con vós loitaremos contra a polución.

(Estribillo)


Estrofas 4º ESO B:
Daniel:
Falamos este idioma para que non se perda.
Canto queremos a lingua galega!
Que se escoite a nosa lingua no mundo enteiro.
Síntete orgulloso de ser galego!

Antonio:
A nosa lingua é moi especial.
Non todos os galegos a saben ben falar.
O galego está  desprestigiado.
Por iso  queremos reivindicalo.

Estrofas 4º ESO C:
Noa:
O galego e o kukama son moi pequenos
aínda que para nós son o mesmo universo.
O Marañón tinguiuse de negro e nós outra vez limpo queremos velo.


 Jossua:
Cantamos este rap para fraternizar
nunha lingua tan singular.
No voso idioma queremos cantar…
 (Estribillo)

Estrofas 1º ESO A
Sergio:
Yo hablo dos lenguas, gallego y castellano.
Las dos me sirven para navegar.

Julio :
Con el gallego podemos conocer,
hablar, soñar y también aprender.

Lucas:
El gallego fue muy despreciado
pero ahora podemos amarlo.

Saray:
El kukama es nuestro amigo
y debemos salvarlo del peligro.

Estribillo:
KUMBARIKIRA URUPUKIRA
TSA KUMBARI UTSU UKAIMA
KUMBARIKIRA URUPUKIRA
TSA KUMBARI UTSU UKAIMA
KURACHI WIRI TIMA TSA KATUPI
TSA KUMBARIKIRA URUPUKIRA
KURACHI WIRI TIMA TSA KATUPI
TSA KUMBARIKIRA URUPUKIRA

Estrofas 1º ESO C:
Sheila:
El río Támega no está mal
pero el Marañón se va a destrozar.

Laura:
Entre todos debemos trabajar
para el Marañón y el kukama rescatar.

Dani Gonçalves:
El kukama estamos salvando,
por eso esta canción estamos cantando.

Dani González:
Los abuelos lo saben hablar
y nosotros los niños lo vamos a usar.

(Estribillo)
Estrofas 1º ESO D :
Adrián:
La lengua gallega se está perdiendo
y también se está olvidando.
Nos da mucha pena que desaparezca,
que perdamos tanta belleza.

Ángel:
Tenemos el gallego, tenéis el Kukama.
Que no nos los quiten de nuestra alma.
Kumbarikira es  nuestra canción.
La cantamos todos con emoción.

(Estribillo)

Estrofas 3º ESO A:
Helena:
Nosotros también queremos denunciar
que nuestro medio ambiente estamos dañando.
Al lado de nuestro centro hay una central
que  nuestra salud puede dañar.

Sara:
A toda nuestra gente queremos concienciar
a través del kukama, gallego y castellano.
Ojalá os guste  mucho nuestro rap,
pues nosotros con el vuestro pudimos gozar.

Estrofas 3º ESO B :
Elia:
Yo soy nativa de la Galicia central
 y aquí nuestra lengua se comienza a olvidar.
A veces en el aula la puedes escuchar
pero si vas a la calle no la oyes hablar.

Alicia:
Un gran carguero con una roca chocó
y  su contenido en las costas derramó.
Nosotros ya sabemos cuál es la repercusión.
Con vosotros lucharemos contra la contaminación.
(Estribillo)


Estrofas 4º ESO B:
Daniel:
Hablamos este idioma para que no se pierda.
Cuánto queremos a la lengua gallega!
Que se escuche nuestra lengua en el mundo entero.
Siéntete orgulloso de ser gallego!

Antonio:
Nuestra lengua es muy especial.
No todos los gallegos la saben hablar bien.
El gallego está  desprestigiado.
Por eso  queremos reivindicarlo.

Estrofas 4º ESO C:
Noa:
El gallego y el kukama son muy pequeños
aunque para nosotros son el universo mismo.
El Marañón se tiñó de negro y nosotros otra vez limpio queremos verlo.

 Jossua:
Cantamos este rap para fraternizar
en una lengua tan singular.
En vuestro idioma queremos cantar…
 (Estribillo)


Realización: Alumnado Xesús Taboada Chivite
Edición Vídeo: Javier Rodríguez
Edición Son: Airbeto
Coordinación do proxecto: Isabel Cota