Para visualizar o seu rigoroso estudo dun caso clínico podedes premer na seguinte LIGAZÓN
28 de maio de 2020
CASO CLÍNICO TÉTANOS
27 de maio de 2020
OS PAXAROS NA MÚSICA CLÁSICA
Moitos compositores inspiráronse, ao longo dos séculos, no canto dos paxaros para escribir música. Foron as aves fonte de inspiración que incorporaron as súas obras. Neste vídeo veredes algúns deses grandes compositores e poderedes escoitar fragmentos das súas creacións onde os paxaros teñen protagonismo. Forma parte do proxecto "O Monte Vivo".
Se na versión do blog para móbiles, tes problemas para visualizar o vídeo, preme na seguinte LIGAZÓN
Gozade deste paseo pola natureza e a música!
21 de maio de 2020
CONTO DE LÚA RODRÍGUEZ ( 1º ESO D): "A GRANDE AMIZADE ENTRE UN GUSANIÑO E UNHA FLOR"º
Unha día o gusaniño larpeiro e esfameado decidiu buscar unha fermosa flor para encher a súa barriguiña. Mal pensou el que a delicada flor ía convencelo de que non levase a cabo a súa despiadada acción. Se queres saber que pasou, terás que ler este tenro diálogo creado por Lúa Rodríguez de 1º ESO D, premendo nesta LIGAZÓN
20 de maio de 2020
CICLO VITAL DUN AMORODO
Foi quen de realizar un vídeo ameno e entretido, para que coñezamos a reprodución sexual deste froito tan saboroso. Parabéns!!!
17 de maio de 2020
MÁSCARAS CON MENSAXE. LETRAS GALEGAS 2020.
Neste tempo de confinamento, as alumnas de Javier Díaz, profesor de Plástica do Taboada Chivite, elaboraron máscaras con mensaxes de amor pola nosa terra e pola nosa lingua.
Parabéns polo fermoso traballo!!!
"DEBULLANDO A POESÍA DE CARBALLO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020"
Os alumnos e as alumnas de Literatura Galega do Século XX e XXI escolleron as imaxes e os poemas de Ricardo Carballo Calero, que recitan neste vídeo e cos que quixeron espir a poesía deste grande autor no Día das Letras Galegas.
Agradecementos a "Luar na Lubre" polo tema que soa de fondo.
Parabéns!!!
16 de maio de 2020
DE CARBALLO A CARVALHO. PERCURSO POLA VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALHO CALERO.
De Carballo a Carvalho. Percurso pola vida e obra de Ricardo Carvalho Calero (documental emitido o 15 de Maio do 2020 pola TVG)
Para ver o documental podedes premer na seguinte LIGAZÓN
15 de maio de 2020
IGUALA-T NO CHIVI-T, O BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA POTENCIAR A IGUALDADE NO NOSO CENTRO
Hoxe queremos darvos a coñecer o blog "Iguala-T no Chivi-T" que pretende dinamizar o respecto pola diversidade, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.
Desde o Departamento de Orientación agradecen calquera iniciativa relacionada coa igualdade que os membros da comunidade educativa do Chivite queiran facer,
Para entrar neste blog, que pretende contribuír a potenciar a igualdade no noso centro, premede na seguinte LIGAZÓN
ENSAIOS DO POPURRÍ DE COREOGRAFÍAS E CANCIÓNS DE MUSICAIS ANTERIORES
Grazas por facer do Chivite un novo Brodway!!!
13 de maio de 2020
A "TECEDORA DE SOÑOS" NON PODERÁ REPRESENTAR ESTE CURSO "A PIRAGUA", DE CÁNDIDO PAZÓ,PERO OFRÉCENNOS UN AVANCE.
Os integrantes do grupo non queren que remate o curso sen que saibades algo sobre o que estaban a preparar e que esperan poder levar ó escenario o vindeiro curso.
Miguel Quintas, un dos integrantes que levan máis tempo no grupo e que ía ser o protagonista, fálanos do proxecto e interpreta un monólogo do seu personaxe, Delio.
Moito ánimo e forza para os integrantes de A Tecedora de Soños.
Parabéns polo voso traballo!!!!!!
11 de maio de 2020
HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO DESDE O CHIVITE
Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, ademais do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia e membro de honra da Associaçom Galega da Lingua.
Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que o galego é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.
Por mor da crise sanitaria que estamos vivindo, a conmemoración oficial do Día das Letras Galegas trasladouse do día 17 de maio ao día 31 de outubro de 2020. Ademais,varios colectivos estanlle pedindo a RAG que no 2021, o Día das Letras Galegas volva adicarse a Ricardo Carvalho Calero.
10 de maio de 2020
MAQUETAS DE CÉLULAS EUCARIOTAS ANIMAIS COMESTIBLES
O alumnado de 3º ESO realizou maquetas de células eucariotas animais utilizando materiais comestibles e caseiros: xelatina, chuches, pasta, legumes, pizza, froitas, etc.
Ligazón
Ligazón
CICLOS BIOLÓXICOS DE PLANTAS SEN SEMENTES
Lorena Rodríguez González e Miguel Quintas Parada, alumnos de 1º de bacharelato, explican nos seus vídeos de forma sinxela e amena os ciclos biolóxicos de dúas plantas sen sementes: un musgo e un fento. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto "O Monte Vivo"
5 de maio de 2020
ALUMNADO DE 2º ESO DO CHIVITE EN FORMA DURANTE O CONFINAMENTO
Moi ben por conservar este hábito tan saudable para o corpo e para a mente durante o estado de alarma!
PREMIOS YOUTUBEIR@S 2020
Os
premios Youtubeir@s teñen como finalidade animar a creación de vídeos con
temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á
comunidade youtubeira.
Poden
optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos con vídeos
autoproducidos subidos a Youtube. Pódese participar cun vídeo, con varios
vídeos e/ou cunha canle.
-
Todos os vídeos inscritos teñen que estar publicados con data posterior ao 27
de setembro de 2019 na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de
privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición do vídeo.
-
No caso de presentar unha canle, esta ten que conter cando menos 5 vídeos
realizados con data posterior ao 27 de setembro de 2019, estar en galego e ter
na descrición os cancelos #youtubeiras #youtubeiros, sen restricións de
privacidade.
-
Os vídeos individuais que sexan presentados a Youtubeir@s teñen que estar
integramente en galego.
-
As canles de Youtube presentadas deben ter a maioría dos vídeos en galego.
-
Os títulos dos vídeos, as descricións e os subtítulos permanentes (de habelos)
teñen que estar en galego.
Premios:
CANLE,
premio dotado con 1000 €. Optan a este premio as canles presentadas.
YOUTUBEIR@,
dotado con 1000 €. Optan a este premio creadores e creadoras das canles
presentadas.
VÍDEO,
dotado con 1000 €. Optan a este premio os vídeos presentados.
CALIDADE
LINGÜÍSTICA, dotado con 500 €.
IMPACTO,
premio dotado con 500 €.
CALIDADE
TÉCNICA, premio dotado con 500 €.
COMUNICACIÓN,
premio valorado con 500 €.
CREATIVIDADE,
premio valorado con 500 €.
MUSICAL,
premio valorado con 500 €.
DIDÁCTICO,
premio valorado con 500 €.
PIONEIRO,
premio valorado con 500 €.
DO
PÚBLICO, valorado con 500 €.
O
prazo para inscribir os vídeos e canles no Premios Youtubeir@s é do 27 de maio
de 2020 ao 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h. A participación está aberta ao ámbito
internacional e é de balde.
Descarga
as bases na web https://youtubeiras.gal/ e inscríbete o teu vídeo, os teus vídeos ou a túa canle a partir do 27 de maio.
4 de maio de 2020
PARTICIPA NA X EDICIÓN DE INSPIRACIENCIA!!!
Inspiraciencia é unha
iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto
para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un
achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da
creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.
Tedes que escribir un relato
científico cunha extensión máxima de 800 palabras en galego, castelán, catalán
ou éuscaro; e presentalo a través da web de Inspiraciencia ( https://www.inspiraciencia.es/gl/) antes
do día 7 de xuño de 2020.
Podedes consultar as bases
deste concurso organizado polo CSIC (Centro Superior de Investigacións
Científicas) premendo na seguinte LIGAZÓN
2 de maio de 2020
COPLAS DOS MAIOS 2020 DO ALUMNADO DO CHIVITE
Neste vídeo podedes escoitar, musicalizadas, as "Coplas dos Maios", compostas polo alumnado do IES Xesús Taboada Chivite durante o confinamento para colaborar co Concello de Verín na edición do MAIO SOLIDARIO COA VACINA PARA O CORONAVIRUS-19, da que xa falamos nunha entrada anterior.
1 de maio de 2020
O CHIVITE PARTICIPA NOS MAIOS SOLIDARIOS DO CONCELLO DE VERÍN POLA INVESTIGACIÓN DA VACINA CONTRA O COVI-19
O alumnado do noso instituto, motivado polo profesorado de Lingua Galega, e coa participación do EDLG e de Vicedirección, colaborou co Concello de Verín compondo 24 coplas para a edición do MAIO SOLIDARIO COA VACINA PARA O CORONAVIRUS-19, xunto con outros nove colectivos que participaron na Festa dos Maios anos atrás.
O Concello de Verín doará, integramente ao Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a cantidade orzamentada para a Festa dos Maios do 2020, pedindo a colaboración das persoas lectoras para o mesmo fin.
Para ler as coplas elaboradas polos dez colectivos participantes, así como para facer unha doazón solidaria podedes premer na seguinte LIGAZÓN
O Concello de Verín doará, integramente ao Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a cantidade orzamentada para a Festa dos Maios do 2020, pedindo a colaboración das persoas lectoras para o mesmo fin.
Para ler as coplas elaboradas polos dez colectivos participantes, así como para facer unha doazón solidaria podedes premer na seguinte LIGAZÓN