O alumnado do noso instituto, motivado polo profesorado de Lingua Galega, e coa participación do EDLG e de Vicedirección, colaborou co Concello de Verín compondo 24 coplas para a edición do MAIO SOLIDARIO COA VACINA PARA O CORONAVIRUS-19, xunto con outros nove colectivos que participaron na Festa dos Maios anos atrás.
O Concello de Verín doará, integramente ao Centro
Nacional de Biotecnoloxía (CNB) do
Consello Superior de Investigaciones
Científicas (CSIC), a cantidade orzamentada
para a Festa dos Maios do 2020, pedindo a colaboración
das persoas lectoras para o mesmo fin.
Para ler as coplas elaboradas polos dez colectivos participantes, así como para facer unha doazón solidaria podedes premer na seguinte LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario