1 de maio de 2020

O CHIVITE PARTICIPA NOS MAIOS SOLIDARIOS DO CONCELLO DE VERÍN POLA INVESTIGACIÓN DA VACINA CONTRA O COVI-19

O alumnado do noso instituto, motivado polo profesorado de Lingua Galega, e coa participación do EDLG e de Vicedirección,  colaborou co Concello de Verín compondo 24 coplas para a edición do MAIO SOLIDARIO COA VACINA PARA O CORONAVIRUS-19, xunto con outros nove colectivos que participaron na Festa dos Maios anos atrás.
O Concello de Verín doará, integramente ao Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a cantidade orzamentada para a Festa dos Maios do 2020, pedindo a colaboración das persoas lectoras para o mesmo fin.
Para ler as coplas elaboradas polos dez colectivos participantes, así como para facer unha doazón solidaria podedes premer na seguinte LIGAZÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario