30 de nov. de 2020

"QUEIXO O REXO", PRODUTO GALEGO RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE

Hoxe inaguramos unha nova sección no blog: "Co selo galego", para dar a coñecer produtos fabricados en Galicia.

A primeira en presentarnos un produto galego respectuoso co medio ambiente é Uxía Pérez Diaz de 1º ESO A, colaboradora do EDLG.


        Nun enclave excepcional á beira do río Arnoia, pacen as ovellas da raza latxa da Queixaría “O Rexo”. Neste profundo bosque do interior de Galicia, no Concello de Allariz , elabórase un dos poucos queixos de leite de ovella sen pasteurizar  producidos en Galicia. Zona cun clima idóneo para o pastoreo desta raza ovina de la basta , orixinarias do País Vasco e Navarra, que coa calidade do pasto diario, a calma que precisan e respectando os tempos de menor producción (onde a actividade se para) conseguen que “O Rexo” sexa un queixo excelente.

Feito a base de leite cru , elabórase con moito agarimo e de xeito totalmente  artesanal. Ao  empregar  leite  sen pasteurizar, as pezas de queixo precisan dun período de maduración por riba dos 90 días , o que lle permite eliminar as bacterias propias do leite  para poder ser consumido coas máximas garantías sanitarias ao tempo que mantén o seu sabor suave. Isto confírelle,  xunto co medio no que se obran, un carácter de seu.

De lixeiro sabor picante , manteigoso, cun resaibo  intenso e persistente, consolidou un lugar propio dentro da gastronomía alaricana e de moitos fogares galegos , que levan a súa mesa un queixo de calidade respectuoso co medio ambiente.

O queixo culmina todo un proceso de apego e coidado da natureza, xa que grazas ao pastoreo do rabaño nos prados , os terreos de “O Rexo” recuperaron o seu aspecto coidado de antano.


Ningún comentario:

Publicar un comentario