A TORTA DO CIGARRÓN é un doce típico dos días do "Entroido" de Verín (Ourense), con permiso da súa veciña “Bica de
Laza”. A súa textura está a medio camiño entre unha bica e
unha torta de Santiago, por iso o seu sabor peculiar. Os seus ingredientes
principais son as castañas, as améndoas e as noces. A súa receita está
celosamente gardada por algunhas pastalarías da vila. Na súa superficie ten
debuxado a carauta do mítico cigarrón da
zona, de aí o seu nome . Esta torta comparte protagonismo con todos os postres
caseiros que se fan no Entroido, como: leite frita, torradas, orellas,
rosquillas, filloas…
A continuación podedes escoitar o audio:
Ningún comentario:
Publicar un comentario