7 de dec. de 2020

COMO SE FORMAN AS AURORAS BOREAIS E CALES SON AS SÚAS CARACTERÍSTICAS?

 Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A


No hemisferio sur coñécese como aurora austral e no hemisferio norte como aurora boreal.

A aurora boreal prodúcese cando as partículas cargadas polo Sol chocan coa atmosfera terrestre e o noso campo magnético diríxeas cara aos polos. Por iso falamos de aurora boreal para o polo norte e outra meridional para o sur. 

As auroras teñen formas, estruturas e cores moi diversas que tamén cambian rapidamente co paso do tempo. Durante unha noite, a aurora pode comezar como un arco illado moi alongado que se estende sobre o horizonte. Arredor da medianoite o arco pode comezar a iluminarse, poden formarse ondas ou rizos ao longo do arco e tamén estruturas verticais que se asemellan a raios de luz moi longos e finos. De súpeto, todo o ceo pode encherse de bandas, espirais e raios de luz que tremen e se moven rapidamente polo horizonte. A súa actividade pode durar duns minutos a horas. Cando se achega o amencer todo o proceso parece calmarse e só algunhas pequenas áreas do ceo parecen brillantes ata que chega a mañá.

O osíxeno é o responsable das dúas cores primarias das auroras.

Este fenómeno tamén existe noutros planetas do sistema solar, que teñen comportamentos similares ao planeta Terra. Tal é o caso de Xúpiter e Saturno, que teñen campos magnéticos máis fortes que a Terra. Urano e Neptuno tamén teñen campos magnéticos e ambos teñen cintos de radiación amplos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario