7 de dec. de 2020

OS BENEFICIOS DO MEL

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A


Na  antigüidade , diferentes culturas como a exipcia incorporaron o mel nas máis diversas actividades relacionadas coa  saúde. Desde entón, o seu uso como  antibíotico ou como alimento mediciñal, foi tan popular en varios países, que chegou mesmo ata os nosos días.


Os beneficios probados do mel, son entre outros, os seguintes:

Contén unha gran cantidade de nutrientes saudables. No  néctar concéntranse os azucres ,  aminoácidos e minerais máis importantes das plantas. Unha vez expulsado polas abellas na colmea, o  néctar pasa por un proceso que o mellora.
É rica en antioxidantes. Entre eles cóntanse:  flavonoides,  fenoles, encimas e ácidos orgánicos similares, que son capaces de reducir o risco de ataques ao corazón,  embolias e algúns tipos de cancro.
É mellor que o azucre para os  diabéticos. Aínda que contén un alto nivel de glucosa, que pode elevar o azucre en sangue ,o seu consumo regular é máis recomendable para os  diabéticos que o azucre.
Os seus antioxidantes baixan a presión arterial. Aínda que os seus resultados respecto diso son bastante modestos polo que non se debe esquecer a práctica dun  exercicio físico regular.
Axuda a reducir o colesterol malo. Varios estudos demostraron resultados significativos respecto diso así como que aumenta o nivel de colesterol  HDL ou colesterol bo. Isto evita a  atereoesclerose , factor de risco en  embolias e ataques cardíacos.
Pode reducir os  triglicéridos. Substituír o azucre polo mel fai reducir substancialmente os seus niveis.
Os seus antioxidantes teñen moitos outros beneficios sobre a saúde cardiovascular. Axuda a dilatar as arterias, prevén a formación de  coágulos de sangue e protexe  ao corazón da tensión oxidativa.
Axuda a recuperar os hábitos de sono e a reducir a tose nos nenos.
Contribúe a curar queimaduras e lesións. As súas propiedades  antibacterianas e  antiinflamatorias, son de utilidade en tratamentos de lesións como o  herpes , a psoriase e a recuperación de lesións en xeral.


Ningún comentario:

Publicar un comentario