11 de xan. de 2021

GALICAO: O CACAO PURO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A

Galicao é unha marca galega que converteu a Galicia no epicentro da fabricación dun cacao natural en po, que quere marcar distancia co cacao tradicional que se merca nas grandes superficies.
O produto é importado desde Cuba, Costa de Marfil ou Ghana e na súa fábrica de Coirós, na comarca de Betanzos ( A Coruña)  é transformado en po , xa que a súa forma inicial é a dunha torta dura. Chama a atención pola súa cor, máis clara do habitual e un cheiro menos intenso que o do cacao tradicional, algo que o responsable da marca achaca a non alcalinización do produto.
O cacao da marca Galicao é natural 100% e dicir, non está sometido a procesos químicos. Non ten azucres engadidos  e contén só un 16%  de materia graxa o que fai, que dentro do amargor do cacao natural puro,  sexa un pouco máis doce. É un produto moi san e con multitude de propiedades nutritivas que, ao non conter azucres,  se pode complementar con mel ou canela para dulcificalo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario