20 de feb. de 2021

XAMÓN CERCEL

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.


O xamón Cercel provén de porcos de campo, 100%  pura raza celta,  autóctona de Galicia, que son criados en liberdade nos soutos galegos,  e que se alimentan  de xeito natural a base de castañas, belotas e pasto do monte.

Desde a localidade lucense de Sarria, iniciouse no 2003, por parte desta empresa, un proxecto para a recuperación e mantemento desta raza en Galicia, ca que se acadan  produtos de altísima calidade.

A súa carne é de cor avermellada cunha infiltración media, e son sacrificados despois dun ano de vida  e curados de 24 a 30 meses. As súas características organolépticas lévannos aos sabores de antano, aromas a tradición, a adega  e a sabores afinados polas castañas. É un xamón untuoso e cun gusto posterior longo e nada amargo, o que o convirte nun verdadeiro pracer para os padais máis exquisitos.

Debido á raza e ao sistema de cría en liberdade, o xamón de porco celta de campo contén un gran valor nutricional en ácidos graxos insaturados e ácido oleico, o que o fai moi recomendable para unha dieta equilibrada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario