Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
O xamón Cercel provén de
porcos de campo, 100% pura raza celta, autóctona de Galicia, que son criados en liberdade nos soutos
galegos, e que se alimentan de xeito natural a base de castañas, belotas
e pasto do monte.
Desde a localidade lucense de
Sarria, iniciouse no 2003, por parte desta empresa, un proxecto para a
recuperación e mantemento desta raza en Galicia, ca que se acadan produtos de altísima calidade.
A súa carne é de cor
avermellada cunha infiltración media, e son sacrificados despois dun ano de
vida e curados de 24 a 30 meses. As súas
características organolépticas lévannos aos sabores de antano, aromas a
tradición, a adega e a sabores afinados
polas castañas. É un xamón untuoso e cun gusto posterior longo e nada amargo, o
que o convirte nun verdadeiro pracer para os padais máis exquisitos.
Debido
á raza e ao sistema de cría en liberdade, o xamón de porco celta de campo
contén un gran valor nutricional en ácidos graxos insaturados e ácido oleico, o
que o fai moi recomendable para unha dieta equilibrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario