Redacción e audio: Diana Calvo, 1º ESO
A lamprea é un peixe que habita nos ríos galegos desde fai
máis de 500 millóns de anos. Coñecida como "a vampiresa da auga" ou
"a raíña do río", a lamprea é un dos primeiros vertebrados dos que
hai constancia na Terra.
Vive no planeta desde antes que a especie humana existise,
anterior aos mesmos dinosauros.
É un peixe agnato, é dicir, que carece de mandíbula. Hainos
que din que é fea e que “nin é peixe, nin reptil”. Razón levan porque a pesar
de compartir moitas características cos peixes, taxonómicamente non se inclúen
neste grupo, senón que forman un grupo independente e moi antigo, situándose na
base da orixe dos vertebrados.
Unha vez eclosionados os ovos do peixe, as larvas que son
moi diferentes ao adulto viven nos ríos de 6-8 anos e cando chegan á súa fase
de madurez e convértense en adultos vanse disparadas ao mar.
Debemos destacar unha das técnicas máis antigas e tradicionais
de pesca que ten á lamprea como presa. Desenvólvese aquí en Galicia, nas
coñecidas pesqueiras do río Miño; que é
unha pesqueira? estás farto de velas
xunto ao río e seguramente nunca soubeches moi ben para que eran as
construcións, eses muros de pedra situados nas beiras do río ou ben nunha zona
rochosa do mesmo. Para facerche unha idea, no río Miño, calcúlase que
actualmente hai unhas 500 pesqueiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario