9 de mar. de 2021

A LAMPREA

 Redacción e audio: Diana Calvo, 1º ESO


A lamprea é un peixe que habita nos ríos galegos desde fai máis de 500 millóns de anos. Coñecida como "a vampiresa da auga" ou "a raíña do río", a lamprea é un dos primeiros vertebrados dos que hai constancia na Terra.

Vive no planeta desde antes que a especie humana existise, anterior aos mesmos dinosauros.

É un peixe agnato, é dicir, que carece de mandíbula. Hainos que din que é fea e que “nin é peixe, nin reptil”. Razón levan porque a pesar de compartir moitas características cos peixes, taxonómicamente non se inclúen neste grupo, senón que forman un grupo independente e moi antigo, situándose na base da orixe dos vertebrados.

Unha vez eclosionados os ovos do peixe, as larvas que son moi diferentes ao adulto viven nos ríos de 6-8 anos e cando chegan á súa fase de madurez e convértense en adultos vanse disparadas ao mar.

Debemos destacar unha das técnicas máis antigas e tradicionais de pesca que ten á lamprea como presa. Desenvólvese aquí en Galicia, nas coñecidas  pesqueiras do río Miño; que é unha  pesqueira? estás farto de velas xunto ao río e seguramente nunca soubeches moi ben para que eran as construcións, eses muros de pedra situados nas beiras do río ou ben nunha zona rochosa do mesmo. Para facerche unha idea, no río Miño, calcúlase que actualmente hai unhas 500  pesqueiras.


Ningún comentario:

Publicar un comentario