Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz
Cafés Sabora é unha empresa
familiar, ubicada no Polígono de Montouto, preto de Santiago de Compostela (A
Coruña), e que conta con máis de trinta anos de experiencia no tostado
artesanal de cafés e descafeinados ecolóxicos.
O segredo deste produto é unha
materia prima de primeira calidade e o tostado
e distribución diario, o que lle permite chegar ao consumidor ás poucas
horas e conservar todas as súas
características. O café en grao provén de Colombia, Brasil e Uganda. O noventa
por cento é arábica da mellor procedencia e o dez por cento restante, pertence á
variedade robusta, cultivada en altura, é que está destinada aos cafés
expresos.
Dende hai unha década a
empresa apostou polo tostado de cafés ecolóxicos cen por cen, con tódolos selos
de garantía do café orgánico, que xunto cos descafeinados á auga, permiten
conservar todo o aroma e sabor nun proceso totalmente inócuo, para o medio e para o café. Deste xeito , a
empresa aposta polos valores tradicionais, conseguindo un produto de calidade e
prestixio, sen renunciar ao respecto polo medio natural, tanto na produción
coma no procesamento do café.
Ningún comentario:
Publicar un comentario