24 de abr. de 2021

CAFÉS SABORA

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz


Cafés Sabora é unha empresa familiar, ubicada no Polígono de Montouto, preto de Santiago de Compostela (A Coruña), e que conta con máis de trinta anos de experiencia no tostado artesanal de cafés e descafeinados ecolóxicos.

O segredo deste produto é unha materia prima de primeira calidade e o tostado  e distribución diario, o que lle permite chegar ao consumidor ás poucas horas  e conservar todas as súas características. O café en grao provén de Colombia, Brasil e Uganda. O noventa por cento é arábica da mellor procedencia e o dez por cento restante,  pertence á  variedade robusta, cultivada en altura, é que está destinada aos cafés expresos.

Dende hai unha década a empresa apostou polo tostado de cafés ecolóxicos cen por cen, con tódolos selos de garantía do café orgánico, que xunto cos descafeinados á auga, permiten conservar todo o aroma e sabor nun proceso totalmente inócuo,  para o medio e para o café. Deste xeito , a empresa aposta polos valores tradicionais, conseguindo un produto de calidade e prestixio, sen renunciar ao respecto polo medio natural, tanto na produción coma no procesamento do café. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario