19 de dec. de 2021

 Xa temos o Apalpador no centro, e " A noite do apalpadoiro", tradición  da nosa zona documentada por Xesús Taboada Chivite.




12 de dec. de 2021

 Que sabedes de mitoloxía clásica? E de Diana e Artemisa? Tania Guerra explícanolo



9 de dec. de 2021

 

Dende o departamento de bioloxía, o profesor Javier Rdg. e alumnas de 2ºESO  e 1ºESO, están levando a cabo un blog Os sons do silencio con temas científicos, premede na ligazón:
 


1 de dec. de 2021

 Xa comestes uns bullotes?? Así é como se lle chama nalgúns sitios ás castañas asadas. As vosas compañeiras de 1ºBAC B: Andrea, Gladys e Eliana, fixeron este vídeo recollendo datos sobre o Magosto, seguro que sabiades que as castañas daban gases, pero que estes sexan...

 

Cuestionario do MAGOSTO

28 de nov. de 2021

Que sabes do cinema de Verín? 

Nuria Barreira achéganos a súa historia

Buenos Aires

José Prieto Costela, alcumado Chita, viviu en Ábedes entre os anos corenta e cincuenta traballando no concello de Verín, falecendo no ano oitenta. O Chita casou con Claudia Fernández. Esta tiña catro irmáns, aínda que os máis coñecidos eran Xacinto e Paco. Estes dous últimos emigraron a Bos Aires, Arxentina. Despois de varios anos volveron a Ábedes cunha gran fortuna e con esta decidiron construír o edificio Buenos Aires na rúa Luis Espada. Alí se encontra o cine e unha entrada de vivendas, outra para o bar, na rúa Irmáns  Fernández Álvarez, e outra porta para o cine. As vivendas estaban no andar superior, o bar no medio e unha discoteca no soto.

Esta edificación foi a máis moderna durante moitos anos en Verín.

A discoteca cerrou nos anos setenta e cinco e a cafetería e o cine nos oitenta. O negocio quedou sen clientes por culpa da aparición da televisión onde se vían as películas, facendo así que non asistira xente e pechara.