Xa temos o Apalpador no centro, e " A noite do apalpadoiro", tradición da nosa zona documentada por Xesús Taboada Chivite.
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
19 de dec. de 2021
12 de dec. de 2021
9 de dec. de 2021
1 de dec. de 2021
28 de nov. de 2021
Que sabes do cinema de Verín?
Nuria Barreira achéganos a súa historia
Buenos Aires
José Prieto Costela, alcumado Chita, viviu en Ábedes entre os anos corenta e cincuenta traballando no concello de Verín, falecendo no ano oitenta. O Chita casou con Claudia Fernández. Esta tiña catro irmáns, aínda que os máis coñecidos eran Xacinto e Paco. Estes dous últimos emigraron a Bos Aires, Arxentina. Despois de varios anos volveron a Ábedes cunha gran fortuna e con esta decidiron construír o edificio Buenos Aires na rúa Luis Espada. Alí se encontra o cine e unha entrada de vivendas, outra para o bar, na rúa Irmáns Fernández Álvarez, e outra porta para o cine. As vivendas estaban no andar superior, o bar no medio e unha discoteca no soto.
Esta edificación foi a máis moderna durante moitos anos en Verín.
A discoteca cerrou nos anos setenta e cinco e a cafetería e o cine nos oitenta. O negocio quedou sen clientes por culpa da aparición da televisión onde se vían as películas, facendo así que non asistira xente e pechara.