Hoxe Laia Atanes e Uxía Pérez de 2ºESO A, gravaron na nosa Radio, Radio Chivite, o Mito das 3 Marías, relacionándoo coa igrexa de Sta. María de Mixós, un traballo de investigación que as levou a saber máis da nosa historia, e compartila con todas e todos.
Di a tradición , segundo conta Miguel Losada ( historiador e antropólogo ) que na aldea de Parada da Serra, máis coñecida como Paradiña, había tres mulleres (As tres Marías) , que se adicaban a curar o arangaño. O arangaño era unha especie de raquitismo que afectaba principalmente aos nenos e que era curado polas devanditas mulleres, utilizando o poder curativo das augas mediante procedementos máxicos e tradicionais.
A orixe deste ritual xurdiu, cando na Alta Idade Media, tres monxas que vivían nun mosteiro dúplice situado detrás da Igrexa de Santa María de Mixós , tiveron que abandonalo porque este foi destruído, fundando a aldea de Paradiña. Ata alí levaron as monxas a tradición de curar a través das augas.As tres Marías é unha versión local, do Val de Verín, do culto ás Matres, de curar polas augas, moi estendido por tódolos pobos de Europa.
A IGREXA DE SANTA MARIA DE MIXÓS
Está datada, de xeito aproximado , no século IX , incluso antes da chegada da arte románica, que troixo consigo a gran revolución da escultura e a arquitectura a Galicia. Según di, Nelson Fernández (Fiti), hai historiadores que ata a sitúan entre os séculos VI e VII e foi declarada Monumento Histórico-Artístico no ano 1931. Nela mestúranse elementos da arquitectura asturiana , mozárabe , románica e visigoda, sin que haxa ningún que a faga definible como tal. Feita en cantería de granito, na súa orixe aparece como un mosteiro , (descoñécese se masculino, feminino ou mixto) que foi doado ao Mosteiro de Celanova no 1155.
A ermida está situada nun lugar estratéxico da Vía da Prata, a tres kms do Castelo de Monterrei, o que atraía e aínda atrae, a moitos visitantes..Orixinalmente tratábase dun templo de tres naves, separadas por arcos de ferradura, que teñen dentes de serra nos seus laterais , e de tres ábsidas – construcións semicirculares cubertas dunha bóveda de ladrillo- soportadas por aras romanas. Tamén hai un pequeno cuarto, nunha esquina, quizais un baptisterio ou unha cela dun monxe. Hoxe en día das naves orixinais só queda unha, que foi reconstruída. Nela , como relata Fiti, pódense distinguir aínda pinturas do Pantocrátor , do século XIII, e nas aras , varias inscricións en latín adicadas a unha deusa lusitana.
As fiestras e as portas están orientadas cara o sur para que a calor se conserve mellor.
No interior , chama tamén a atención un iconostasio moi ben conservado, que antigamente separaba aos fieis dos sacerdotes. Data da era visigoda , pero tamén, según conta Fiti, era típico das igrexas ortodoxas. Tamén compre salientar a pía bautismal de estilo románico na que aínda se conserva a policromía de cor azul.
Foi Sede parroquial ata o 1893, cando pasou a depender da igrexa parroquial de Estevesiños, polo que deixaron de celebrarse nela bautizos, vodas e funerais. Conta Fiti, que nos últimos anos, coa chegada dun párroco novo e aproveitando a pía bautismal, xa se bautizaron alí a 5 nenos, entre os que se atopan os dous del.
Conta Fiti, veciño da zona, que existía unha antiga ofrenda das mulleres preñadas á Virxe das Virtudes , tamén coñecida na zona, como a Virxe do Leite. Consistía no lavado dos peitos na fonte da Virxe para poder ter cantidade dabondo coa que alimentar aos bebés.
A día de hoxe mantense viva a festa na honra ao Santo Cristo, que se festexa cada 14 de setembro. É habitual cos vecinos se reúnan durante a noite na Igrexa de Santa Maria para celebrar a procesión das candeas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario