20 de xan. de 2022

 

Nestes nosos recunchos adoitamos presumir do noso alumnado, que méritos teñen para que falemos deles e delas, pero hoxe imos gabar ás familias. Neste caso a de Lois Reigada, o seu pai, Xosé Manuel Reigada, quen xa nos axudou coa recollida do léxico dos paxaros, fornecéndonos moitos dos nomes e corrixindo os que nós recollemos. Déixovos unha ligazón do seu blog, onde escribiu un artigo sobre o topónimo: Tanxugueiras, en Riós. ó fío do éxito do grupo Tanxugueiras. 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario