23 de feb. de 2022

 Non remata o día sen facermos a nosa homenaxe á gran escritora que naceu tal día coma hoxe, en 1837, Rosalía de Castro. A ela debémoslle a poesía paisaxística de "Adiós ríos, adiós fontes" e a satírica de "A xustiza pola man" ou "Vanidade" que declaman as nosas alumnas: Tania, Andrea, Noreia e Lúa co coro de Sara e Laura.

Día de Rosalía 

 

22 de feb. de 2022

Excursión para recollida de topónimos

 Onte tivemos a sorte de facer unha pequena excursión por Verín con Eduardo Castro e Xosé Ramón Reigada como guías.Deunos para recoller topónimos e moitos detalles da historia da vila,dende a flora ata a arquitectura. 



21 de feb. de 2022

 

Xa estamos na semana do Antroido!! E X. Ramón Reigada obséquianos con este vídeo de cigarróns. A que non sabendes de onde é o segundo dos vídeos?


 

18 de feb. de 2022

 Lembrades a entrada que fixeramos no noso blog o 10 de xaneiro coa gravación de Yaiza e Valeria de 1ºESO A, con esa entrevista  á súa avoa onde falaba dun xogo popular que se chama O Pino?

Ben, pois hoxe, Aníbal Barreira, profesor de historia do noso centro, agora, xubilado, fíxonos chegar o xogo do Irá, un xogo popular que ben nos explica para poñernos con el. Grazas Aníbal!


 


PARTICIPANTES:

Cantos queiran, de ambos sexos. Recomendable para 10 años en adiante.

MATERIAIS:

Tres paus cilíndricos de dous tamaños diferentes.

O pau A, de 60 cm de lonxitude, recibe o nome de Palán.

Os paus B e C, de 20 cm. O pau B recibe o nome de Pai e o pou C, denomínase Irá.

NORMAS DO XOGO:

-Necesario un espazo despexado (praza, camiño ancho, campo aberto, outros espazos).

- Sorteo do primeiro/a que lle toque para iniciar o xogo.

-Trazar unha liña no chan para a situación do tirador/a e os buscadores/as. Á dereita da liña                  

póñense  os participantes buscadores.

-O elixido no sorteo toma os tres paus para colocalos:  o pau B , no chan, paralelo á liña trazada.

  O pau C, colócase apoiado no  pau B,  formando unha cruz latina.

B

C

 

 

- O xogador/a que lle toca empezar, toma o pau A, e golpea a punta do pau C, logrando levantalo e mentres  está no aire, darlle un segundo golpe para mándalo o máis lonxe posible.

- Os outros participantes, saen correndo para coller o irá (ou pau C).

- O  tirador coloca o palán  dentro da liña trazada. Espera a que alguén diga : “Meu”.

- O participante que colleu o irá, intenta (dende o lugar en que colleu o irá), tocar o palán.

- Se logra golpéalo, pasa a ser o novo/a tirador/a ou lanzador/a.  Se falla e non toca o palán, segue tirando o xogador inicial.

- Esto repítese ata que os /as  participantes conseguen  tocar o  palán co  irá.

NOTA:   Parece difícil acertar darlle  ao  palán  co irá pero o lanzador non sempre acerta ben no segundo golpe e o irá queda moi preto e resulta fácil cambiar  de tirador.

 

16 de feb. de 2022

 O 14 de febreiro e toda a semana traballamos o concepto do amor romántico, xa temos listo un muralciño que nos encamiña cara un amor máis san e respectuoso, en breve ensinarémosvos a roda dos afectos. 



15 de feb. de 2022

A muller na ciencia

 Estes días temos no centro unha exposición da Universidade de Vigo sobre mulleres científicas sobranceiras.




11 de feb. de 2022

 Aínda estamos en tempo frío e seguen as matanzas, Carla Blanco  e David Sobrino  de 4ºESOB déixannos a súa recollida


 

8 de feb. de 2022

 


Con estas tardes solleiras mesmo apetece camiñar un pouco...Animádevos a facer o roteiro do Pozo do demo que nos propoñen Irene Quintas , Celia Feijóo e Widad de  2ºC




Wikiloc | Foto de POZO DO DEMO (1/1)





DISTANCIA: 9,66 km

DIFICULTADE: media

TIPO DE RUTA: circular

ALTITUDE MÁXIMA: 563 m

TEMPO PROMEDIO: 2 h 40 min


DESCRICIÓN DO ROTEIRO

O sendeiro do Pozo do Demo localízase no concello de Verín e transcorre por outras aldeas como Vilardevós e As Vendas. Neste sendeiro lévase a cabo cada ano unha andaina e unha carreira.

A ruta principal ten unha distancia de 11,3 km máis 2,5 km para facela circular. Ademáis pódense realizar varios camiños alternativos para acurtar o sendeiro a gusto persoal. O inicio márcase no camiño de Infistela, cara o sureste de Verín, a partir de ahí encóntrase sinalizado. Nun tramo da ruta, pasamos polo manancial de Cabreiroá, tras cruzar a autoestrada A-52. A parte máis importante desta ruta é chegar á Gorxa do Pozo do Demo, onde atopamos varias fervenzas e moita vexetación.

INTERESE CULTURAL E PATRIMONIAL

Nun tramo da ruta atopámonos cunha rocha cun burato con forma rectangular. Isto usábase antigamente para aplastar as uvas, un lagar rupestre.




Podemos atopar carballos, castiñeiros, piñeiros… E fauna como coellos, xabarís, corzas e moitos tipos de aves. Tamén hai un xacemento romano, que é moi difícil encontralo pola vexetación e porque non da moita información sobre el.


OPINIÓN PERSOAL

A nós parécenos unha ruta moi bonita, entretida, recomendámosvos facela cos vosos amigos ou familia:)

2 de feb. de 2022

FESTAS

 2 de febreiro

A Candeloria, As Candelas en Monterrei: Pola Candeloria casan os paxariños máis a galiñola. 

Unha festa precristiá que anuncia a metade do inverno e a chegada dos paxaros para iren formando parella e facendo os niños. 

En Monterrei, en Pazo, hai aínda dous anos facíase unha novena que comezaba o 24 de xaneiro, nela cantaban os homes e verseaban os nenos e nenas e remataba o día 2 de febreiro subindo fachóns á muralla do Castelo de Monterrei, tal como nos indica Xosé Antonio Reigada en documentos de recollida que posúe. 

O alumnado de 1ºESO sumouse a esta celebración coa súa profesora de historia, Inés, recollendo refráns ou " témporas", predicións sobre o tempo que se facían xa na antiguidade, cando non había telexornais nin mapas metereolóxicos.