Lembrades a entrada que fixeramos no noso blog o 10 de xaneiro coa gravación de Yaiza e Valeria de 1ºESO A, con esa entrevista á súa avoa onde falaba dun xogo popular que
se chama O Pino?
Ben, pois hoxe, Aníbal Barreira, profesor de historia do noso centro, agora, xubilado, fíxonos chegar o xogo do Irá, un xogo popular que ben nos explica para poñernos con el. Grazas Aníbal!
PARTICIPANTES:
Cantos queiran, de ambos sexos. Recomendable para 10 años en adiante.
MATERIAIS:
Tres paus cilíndricos de dous tamaños diferentes.
O pau A, de 60 cm de lonxitude, recibe o nome de Palán.
Os paus B e C, de 20 cm. O pau B recibe o nome de Pai e o pou C, denomínase Irá.
NORMAS DO XOGO:
-Necesario un espazo despexado (praza, camiño ancho, campo aberto, outros espazos).
- Sorteo do primeiro/a que lle toque para iniciar o xogo.
-Trazar unha liña no chan para a situación do tirador/a e os buscadores/as. Á dereita da liña
póñense os participantes buscadores.
-O elixido no sorteo toma os tres paus para colocalos: o pau B , no chan, paralelo á liña trazada.
O pau C, colócase apoiado no pau B, formando unha cruz latina.
B
C
- O xogador/a que lle toca empezar, toma o pau A, e golpea a punta do pau C, logrando levantalo e mentres está no aire, darlle un segundo golpe para mándalo o máis lonxe posible.
- Os outros participantes, saen correndo para coller o irá (ou pau C).
- O tirador coloca o palán dentro da liña trazada. Espera a que alguén diga : “Meu”.
- O participante que colleu o irá, intenta (dende o lugar en que colleu o irá), tocar o palán.
- Se logra golpéalo, pasa a ser o novo/a tirador/a ou lanzador/a. Se falla e non toca o palán, segue tirando o xogador inicial.
- Esto repítese ata que os /as participantes conseguen tocar o palán co irá.
NOTA: Parece difícil acertar darlle ao palán co irá pero o lanzador non sempre acerta ben no segundo golpe e o irá queda moi preto e resulta fácil cambiar de tirador.