Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
Na antigüidade , diferentes culturas como a exipcia incorporaron o mel nas máis diversas actividades relacionadas coa saúde. Desde entón, o seu uso como antibíotico ou como alimento mediciñal, foi tan popular en varios países, que chegou mesmo ata os nosos días.
Os beneficios
probados do mel, son entre outros, os seguintes:
Contén unha gran cantidade de nutrientes
saudables. No néctar concéntranse os
azucres , aminoácidos e minerais máis
importantes das plantas. Unha vez expulsado polas abellas na colmea, o néctar pasa por un proceso que o mellora.
É rica en antioxidantes. Entre eles
cóntanse: flavonoides, fenoles, encimas e ácidos orgánicos
similares, que son capaces de reducir o risco de ataques ao corazón, embolias e algúns tipos de cancro.
É mellor que o azucre para os diabéticos. Aínda que contén un alto
nivel de glucosa, que pode elevar o azucre en sangue ,o seu consumo regular é
máis recomendable para os diabéticos que
o azucre.
Os seus antioxidantes baixan a presión
arterial. Aínda que os seus resultados respecto diso son bastante modestos
polo que non se debe esquecer a práctica dun
exercicio físico regular.
Axuda a reducir o colesterol malo.
Varios estudos demostraron resultados significativos respecto diso así como que
aumenta o nivel de colesterol HDL ou
colesterol bo. Isto evita a
atereoesclerose , factor de risco en
embolias e ataques cardíacos.
Pode reducir os triglicéridos. Substituír o azucre polo
mel fai reducir substancialmente os seus niveis.
Os seus antioxidantes teñen moitos outros
beneficios sobre a saúde cardiovascular. Axuda a dilatar as arterias,
prevén a formación de coágulos de sangue
e protexe ao corazón da tensión
oxidativa.
Axuda a recuperar os hábitos de sono e a
reducir a tose nos nenos.
Contribúe
a curar queimaduras e lesións. As súas propiedades antibacterianas e antiinflamatorias, son de utilidade en
tratamentos de lesións como o herpes , a
psoriase e a recuperación de lesións en xeral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario