28 de feb. de 2021
PLANTANDO CARA AO LUME
CONSERVAS AMORODO
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
Situada no pobo pontevedrés de Soutelo de Montes (Forcarei), Amorodo é unha pequena empresa que se adica á elaboración de conservas vexetais ecolóxicas. Os seus provedores proceden doutras partes de Galicia , así como do norte de Portugal , xa que está nunha zona principalmente gandeira.
A súa produción vai parella ás tempadas de cada produto. Así, en inverno elaboran marmeladas de kiwi ou laranxa, de xaneiro a marzo envasan grelos e no verán producen conservas de xudías , marmeladas de melocotón, peras con albariño ou salsas de tomate. O produto que empregan é fresco, procedente de excedentes , o que non implica que sexa de peor calidade, senón que é o que os produtores non conseguiron vender.
As conservas son elaboradas no momento que
chegan ás súas instalacións a materia prima, conseguindo dese xeito que se
conserven todas as súas propiedades. Os restos que non utilizan, emprégano como
compost natural ou alimento para o gando.
PATACA DE GALICIA
Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A.
O produto
amparado pola indicación xeográfica protexida, Pataca de Galicia, son tubérculos
da especie Solanum tuberosum ,
destinados ao consumo humano que cumpren os requisitos esixidos por este
regulamento, polo prego de condicións e pola lexislación vixente.
As patacas deberán ter o aspecto varietal
característico. Serán patacas enteiras e exentas de ablacións ou golpes, sas, limpas e con pel ben formada,
firmes e sen xerminar, exentas de defectos externos, manchas, feridas,
deformacións ou coloracións, humidade
adecuada e sen sabores ou cheiros estraños.
As
características morfolóxicas e a súa cor varían en función da variedade da que
se trate.
As primeiras noticias respecto do cultivo da
pataca en Galicia proceden de preitos entre pagadores (labregos) e
perceptores de impostos: o labrador debía pagar ata o ano 1837.
MEMBROS DE BIBLIOCHIVITE NO GALICIA POR DIANTE CON "POEMAR O MAR" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
O venres, 26 de febreiro, Javier Salgado (3º ESO B), Oumaima Fatahaallah (2º BAC D) e Maite González (profesora de Inglés e membro do equipo da biblioteca) foron entrevistados no programa Galicia por Diante da Radio Galega, para comentar a participación do Equipo da Biblioteca no programa 21 Días co Galego e +, co libro "Poemar e mar" de Antonio García Teijeiro, así como todas as actividades que se desenvolven en prol do galego.
Se premedes nesta LIGAZÓN, a partir do minuto 11 podedes escoitar a participación do noso centro no Galicia por Diante.
25 de feb. de 2021
CÓNTAME MÁIS...CONCURSO DA ANPA PARA ESO E BACHARELATO
A CARNE TENREIRA GALEGA
Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A
ENCONTRO DÍGOCHOEU 21 DÍAS.
Hoxe timevos no IES Taboada Chivite a inmensa sorte de poder contactar con Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío Pérez, artífices do marabilloso proxecto "DígochoEu", que está a conseguir que o noso alumnado "conecte" co galego ou lle colla aínda más agarimo. Moitísimas GRAZAS polo voso inmenso labor a prol da nosa lingua e pola interesantísima e entretidísima videoconferencia de hoxe. Pasámolo xeniaaal!!!
Achegamos o vídeo que compartimos con eles, que reflicte a grande pegada que deixou Esther Estévez Casado no IES Taboada Chivite, do que foi alumna. A súa implicación no noso centro, o seu talento xa anunciaban o que ía vir despois...24 de feb. de 2021
CARTAZ DE ROSALÍA DE CASTRO CON TODO O ALUMNADO DE 1ºESO INTEGRADO
NEGRA SOMBRA, VERSIÓN CLÁSICA
Negra sombra, versión clásica (Érika Barbosa, de 1 Bach, co profesor David Rodríguez ao piano)
21 DÍAS CO GALEGO E+20 de feb. de 2021
A FABA DE LOURENZÁ
Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A
O produto amparado pola I. G. P.
" Faba de Lourenzá" son xudías secas separadas da vaíña, procedentes
da familia das Fabaceas ou leguminosas, especie " Phaseolus vulgaris”, da variedade local coñecida como
" Faba Galaica", enteiras, limpas e destinadas ao consumo humano.
Son xudías
de cor branca uniforme, sen debuxos, de tamaño moi grande, longa e con forma de ril.
A "
Faba Galaica" presenta unhas características cualitativas que a
diferencian doutras fabas e que a fan moi demandada polos consumidores, debido
á súa calidade culinaria excepcional, motivada pola súa escasa proporción de
pel; a súa elevada capacidade de absorción de auga, superior ao 100 %; e o seu
comportamento en cocción, conseguíndose ao final do proceso grans enteiros e
completos, nos que destaca a pastosidade da súa pulpa, exenta de grumos e
escasamente diferenciada da pel.
XAMÓN CERCEL
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
O xamón Cercel provén de
porcos de campo, 100% pura raza celta, autóctona de Galicia, que son criados en liberdade nos soutos
galegos, e que se alimentan de xeito natural a base de castañas, belotas
e pasto do monte.
Desde a localidade lucense de
Sarria, iniciouse no 2003, por parte desta empresa, un proxecto para a
recuperación e mantemento desta raza en Galicia, ca que se acadan produtos de altísima calidade.
A súa carne é de cor
avermellada cunha infiltración media, e son sacrificados despois dun ano de
vida e curados de 24 a 30 meses. As súas
características organolépticas lévannos aos sabores de antano, aromas a
tradición, a adega e a sabores afinados
polas castañas. É un xamón untuoso e cun gusto posterior longo e nada amargo, o
que o convirte nun verdadeiro pracer para os padais máis exquisitos.
Debido
á raza e ao sistema de cría en liberdade, o xamón de porco celta de campo
contén un gran valor nutricional en ácidos graxos insaturados e ácido oleico, o
que o fai moi recomendable para unha dieta equilibrada.
O 22 DE FEBREIRO NO CHIVITE COMEZAMOS OS 21 DÍAS CO GALEGO E +!!!!!
O luns, no IES Taboada Chivite... Comezamos os... 21 DÍAS CO GALEGO E+!!!!!!!!!!
O acto de inaguración terá lugar ás 10:30 da mañá no salón de actos.
Se queredes ver o vídeo no que dous alumnos e dúas alumnas de 1º ESO B do centro nos convidan a participar no programa, premede nesta LIGAZÓN
16 de feb. de 2021
CAL É O CARGADOR DAS PLANTAS?
Redacción e audio: Ana Gago, 1º ESO B
As follas son as fábricas de alimento das plantas.
Durante o día absorben a enerxía solar e o dióxido de carbono (CO2)
do aire, mesturando auga e sales minerais que absorben polas raíces. Todo isto
transfórmase en alimento, nun proceso denominado fotosíntese.
Por outra parte, a cor das plantas non é sempre a mesma,
depende dos pigmentos que contén e está relacionado coa absorción de luz para
realizar a fotosíntese. Un pigmento é calquera sustancia que absorba luz de
todas as lonxitudes de onda e por tanto hai algúns que parecen negros, por esta
razón. Algúns soamente absorben certas lonxitudes de onda, transmitindo ou
reflexando as lonxitudes de onda que non absorben. A clorofila é o pigmento que
fai que as follas sexan verdes, xa que absorbe a luz das lonxitudes de onda do
violeta, azul e vermello, dado que reflexa a luz verde, parece verde.
POR QUE OS NAMORADOS VEN DE DIFERENTE COR OS ATARDECERES?
Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A.
12 de feb. de 2021
BICO DE XEADO
Redacción e audio: Uxía Pérez Diáz, 1º ESO A
Bico de Xeado é un produto feito a partir de leite fresca de primeira calidade acabada de muxir na súa propia granxa “O Cancelo” (A Coruña), e sen adulterar industrialmente.
O proceso e as materias primas que empregan garántenlle unha inmellorable textura e completa homoxeneidade no corpo do xeado , que contén unha menor cantidade de aire na súa mestura e unha cremosidade única.
É unha empresa comprometida co
entorno, que utiliza sempre que é posible, froita fresca e produtos de orixe local ou de proximidade, sen
adicionar saborizantes nin colorantes artificiais. Ademais, o seu proceso de
elaboración é totalmente manual e artesanal.
A marca ten no mercado 26
sabores fixos de xeados e outros de tempada coma o de cabaza, o de castaña ou o de pementos de Herbón. Chaman
a atención, outros tan galegos coma o de licor café, o de requeixo con figo
caramelizado ou o de café de pota. Son sabores auténticos e naturais que
namoran a todos aqueles que teñen a oportunidade de probalos.
OMAIMA LIMANE LIMANE DE 3º ESO B, PREMIADA CO SEU RELATO SOBRE ROSALIND FRANKLIN
A alumna de 3º ESO B, Omaima Limane Limane, foi galardoada co segundo premio, no Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, organizado pola campus de Ourense da Universidade de Vigo, na modalidade de redacción, cun relato sobre Rosalind Franklin.
A entrega de premios tiña que celebrarse o día 11 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, pero pospúxose para o día 8 de marzo pola situación sanitaria actual. Se ese día non pode ter lugar de xeito presencial, realizarase por videconferencia.
Escoitaredes o seu relato no programa do mes de marzo de RadioChivite, a radio do noso centro.
Se queredes consultar máis información sobre outros premiados no concurso, premede na seguinte LIGAZÓN
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "CHEGANDO A ÍTACA"
O profesor, Javier Rodríguez, está montando no corredor que vai á biblioteca, unha exposición coas imaxes e as reflexións presentadas polo alumnado ao concurso "Chegando a Ítaca", durante o outono.
Queremos que esta exposición coincida coa participación do instituto no programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística "21 Días co Galego e +", xa que as persoas maiores e o galego son dous tesouros que debemos valorar e conservar.
Como este ano, dada a situación de alerta sanitaria que estamos vivindo, as familias non poden vir ao centro, fixemos este vídeo para que poidan vela de xeito virtual.
Ao mesmo tempo que van a pasando as imaxes, a profesora Isabel Cota, recita o poema traducido ao galego: "Ítaca", do poeta grego Kavafis, que lle da nome ao concurso.
10 de feb. de 2021
A MATEMÁTICA MILEVA MARIC, POR ANA GAGO
Se queres saber algo máis desta científica visualiza este vídeo realizado por Ana Gago de 1º ESO:
8 de feb. de 2021
ISABEL ZENDAL E MARIE CURIE
O TRIÁNGULO DAS BÉRMUDAS, CIENCIA VS MITOS
Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A
7 de feb. de 2021
16-PYSCHE, O ASTEROIDE QUE VALE 74 TRILLÓNS DE DÓLARES
Redacción: Diego Fernández, 1º ESO B
Corría o 17 de marzo de 1852 cando Annibale de Gasparis, dende o observatorio de Capodimonte de Nápoles ( Italia ), captaba co seu telescopio un estraño elemento no Cinto de Asteroides ao que, pola sua estraña forma, decidiu chamar a 16-Psyche. Durante moitos anos, foi un elemento coñecido polos astrónomos, aínda que o que escondía, non chegou a coñecerse ata o ano 2016, cando a NASA atopou varias características estrañas: podería albergar auga no seu interior, pero aínda máis importante era a súa composición, pois encontrabámonos ante o maior descubrimento de ouro do universo.
As investigacións levadas a cabo pola NASA confirmaron que o corazón de 16-Psyche está conformado por ouro, ferro e níquel, ademais de outros metais pesados. Este feito é o que levou a pensar aos expertos que, en realidade, este valioso asteroide podería ser o núcleo dun planeta primitivo que, por causas descoñecidas, perdeu as súas capas externas. Pero tan valioso é ese corazón que podería facer multimillonaria a toda a poboación da Terra: os expertos calculan que a cantidade de ouro coa que consta o asteroide é superior aos 74 trillóns de dólares. Case nada.
6 de feb. de 2021
RADIO CHIVITE PROGRAMA 8
Oitavo programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense), correspondente ao mes de febreiro de 2021.
Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:
- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A).
* Novas científicas: con Nuria Barreira, de 1º ESO A e Martina Dos Santos, de 1º ESO B
* Co selo galego: realizado por Diana Calvo e Uxía Pérez, de 1º ESO A.
- Adiviña quen é: presentado por Carla Rosas e Sara Xing Moredo, de 1º BAC C
- As nosas dúbidas: onde Xabier Alonso, de 1º BAC C, resolve dúbidas consultando ao profesorado. Neste programa fala coa profe de Galego Inma Campos.
- As nosas entrevistas:
David Salgado entrevista a Fernando Estévez Casado, científico e investigador no CITIUS, ademais de antigo alumno do Chivite.
- Bibliochivite: Zouleikha Jiménez (1º ESO B) fálanos da actividade realizada polo alumnado de Relixión Evanxélica para o Día Internacional da Paz.
* Libros Vivos: Antía González (2º ESO B) e Marina Moredo (2º ESO A) recomendan unha serie de Anime; Miguel Guerra (2º ESO B) fálanos de dous dos seus videoxogos favoritos.
5 de feb. de 2021
ORBALLO, O PRIMEIRO TÉ ECOLÓXICO GALEGO
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
Orballo naceu en Padrende (A
Coruña), e o seu produto está estreitamente vinculado á área na que é
cultivado. Os tés desta marca galega son ecolóxicos, sostibles e crecen no rural galego, ámbito que
os seus responsables queren pór en valor.
A empresa non emprega nin
fertilizantes, nin herbicidas, nin ningunha outra sustancia química e as
plantas que se cultivan forman parte do ecosistema natural de Galicia. O selo
ecolóxico lévano ata o último detalle xa que os envases son biodegradables,
están feitos con plástico de millo e non utilizan cordel nin grampas, como
acontece con outras marcas
Orballo cuida con sumo mimo as máis de 10000 plantas de “Camellia sinensis” que posúen na actualidade. Estas precisan para medrar: un terreo ácido, moita auga e sombra, o que fai de Galicia un enclave idóneo para o seu cultivo, xa que a acidez do seu chan é semellante ao de China e Indonesia.
O sabor das súas infusións non se asemella a ningunha convencional e os nomes dos seus produtos fan referencia ás súas propiedades, dunha maneira divertida e desenfadada: “Pero que riquiña, Carmiña”, “Calma o teu karma” e “Depura con loucura” son algún dos orixinais nomes co que conquista os padais dos seus consumidores.
CHOCOLATE CHAPARRO
Redacción e audio: Diana Calvo, 1º ESO A.
Para calquera galego, falar de chocolate é falar de Chaparro.
Estas tabletas grosas de chocolate, formaron parte da nosa infancia xeración tras xeración. O seu inconfundible cheiro, transpórtanos a aquelas mañás de inverno que nos espertábamos cun rico chocolate á cunca para toda a familia.
A esta pequena fábrica ourensá, o paso do tempo permitíronlle converterse no chocolate máis tradicional e recoñecido en Galicia.
O seu segredo foi manter a mesma receita, o mesmo sabor, xeración tras xeración.
O seu rechamante envoltorio é inconfundible.
Haino dispoñible en distintos tamaños. A tableta máis pequena é a única que o seu envoltorio non é colorido, senón que é de cor branca con letra negras, coñecido popularmente como o “envoltorio necrolóxica”.
Este delicioso chocolate á cunca, consumiuse durante anos e anos tamén como chocolate sen facer, con pan.
Para poder elaborar un delicioso chocolate á cunca debes poñer a ferver a auga ou o leite, elaboralo con leite queda moito máis rico. Cando empeza a ferver retiras a auga ou o leite do lume. Engades o chocolate e déixalo fundir. Non é necesario relar o chocolate, desfaise igualmente. Unha vez fundido polo ao lume outra vez, removendo constantemente, e lévalo a ebulición de novo. Daslle dous fervores e xa tes o teu chocolate listo para gozar del.
3 de feb. de 2021
BLOG DE CONTOS EN GALEGO
1 de feb. de 2021
FOTONTROIDO FAMILIAR COS CONVIVENTES 2021
HISTORIA E CARACTERÍSTICAS DA EMPANADA GALEGA
Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO
A empanada galega é unha variedade de empanada moi popular na cociña galega e que forma parte dunha das súas identidades. A primeira empanada da que se ten referencia é de pito e champiñóns. É unha preparación culinaria que se ofrece nos municipios de Galicia nas ocasións de festa e romaría. Adoita prepararse con diversos contidos no seu interior, todos eles procedentes das costas e terras galegas. Pódese servir fría ou quente.
HISTORIA DA EMPANADA GAELGA
Coñécense
as empanadas en Galicia desde a época dos godos no século VII onde se decretan
normas para a súa elaboración. A empanada era comida idónea para viaxantes, por ser unha preparación xa tapada
e permitindo evitar o contacto do interior co po dos camiños. As empanadas galegas
aparecen xa talladas no século XII.
CARACTERÍSTICAS
A
masa da empanada leva fariña de trigo, manteiga de porco e auga. Esta masa é
fina, pero de textura fina. Nalgunhas ocasións, pode haber masas elaboradas con
fariña de millo, como nalgúns municipios das Rías Baixas. O recheo adoita
elaborarse de diferentes contidos, previamente elabórase un sofrito de cebola e pementos. A diferenza
doutras empanadas, a empanada galega non leva xeralmente tomate no seu sofrito. Ao pecharse no molde introdúcense ao forno. Adóitase servir
recentemente feita ou fría, cortada en porcións e servida como aperitivo ou
tapa. As empanadas galegas elabóranse tradicionalmente con ingredientes
rexionais. Por regra xeral a empanada galega emprega diversas carnes vacúas e
porcinas, pescados como o atún e as
sardiñas, posibles mariscos, etc.
"PHOTOCALL DA TÚA PALABRA FAVORITA EN GALEGO"
Animamos a toda a comunidade educativa do noso centro a que participe na actividade “Photocall da túa palabra favorita en galego”.
Na entrada do centro estará instalado un mural coa foto gañadora do concurso fotográfico “Chegando a Ítaca” do 22 de febrero ao 14 de marzo de 2021, coincidindo coa participación no programa “21 Días co Galego e +”. O tema principal deste concurso foi o envellecemento activo e estivo organizado polo EDLG durante a primeira avaliación. Os maiores e a lingua galega son esenciais na nosa sociedade, por iso decidimos organizar esta actividade. Debemos por en valor e respectar estes dous tesouros: os avós e o galego.
En primeiro lugar, pensa na túa palabra favorita en galego e defínea brevemente. A continuación busca unha imaxe que a ilustre. Por último elabora un cartel coa palabra, a imaxe e a súa definición, como o que aparece no exemplo:
Con este cartel poderás facer
unha foto na biblioteca.
Anímate a participar! Tes moito
que aportar ao galego! Precisamos da túa colaboración para que a nosa lingua
continúe viva.