Hoxe queremos dar a coñecer o blog de "Contos en galego", creado pola profesora de Lingua Galega, Rosa Alonso.
Os
contos teñen sido a canle máis eficaz para transmitir o saber de xeración en
xeración, ao longo da historia de toda a humanidade. Non é casualidade, é
porque funcionan. Contar historias é natural e case ineludible nos seres
humanos.
A creación deste blog ten unha dobre
finalidade: Por unha banda pretende recompilar contos en galego, que
desperten o interese do alumnado e que sexa un bo recurso para favorecer
a labor docente dos nosos compañeiros, xa que unha das demandas do profesorado
nas enquisan era a falta de materiais didácticos en galego. Ademais, permitiranos visibilizar
e publicar os contos creados polos nosos alumnos. A escritura creativa mellora
os tempos de aprendizaxe de conceptos, o vocabulario e o coñecemento estrutural
do idioma galego.
Para acceder ao blog, podedes premer na seguinte LIGAZÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario