3 de feb. de 2021

BLOG DE CONTOS EN GALEGO

 

Hoxe queremos dar a coñecer o blog de "Contos en galego", creado pola profesora de Lingua Galega, Rosa Alonso.
Os contos teñen sido a canle máis eficaz para transmitir o saber de xeración en xeración, ao longo da historia de toda a humanidade. Non é casualidade, é porque funcionan. Contar historias é natural e case ineludible nos seres humanos.
A creación deste blog ten unha dobre finalidade: Por unha banda pretende recompilar contos en galego, que desperten o interese do alumnado e que sexa un bo recurso para favorecer a labor docente dos nosos compañeiros, xa que unha das demandas do profesorado nas enquisan era a falta de materiais didácticos en galego. Ademais, permitiranos visibilizar e publicar os contos creados polos nosos alumnos. A escritura creativa mellora os tempos de aprendizaxe de conceptos, o vocabulario e o coñecemento estrutural do idioma galego.
Para acceder ao blog, podedes premer na seguinte LIGAZÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario