29 de mar. de 2021
AS ESCRITORAS GALEGAS NAS AULAS
25 de mar. de 2021
OS PERCEBES GALEGOS
Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A.
Os percebes son crustáceos alongados que viven unidos á
roca, onde se alimentan de plancto e ovos de peixes. Predominan sobre todo en
España, particularmente na bela Costa da Morte galega.
Como distinguir o percebe galego?
Os percebes atópanse nas costas de España, Portugal e Marrocos. Caracterízanse por un corpo alongado similar a un talo que culmina cunha especie de uña de nácar. O de superior calidade é o galego, grazas ás propiedades das súas augas mariñas.
Os percebes galegos caracterízanse por estar expostos ao sol. Son de corpo curto e rechoncho, máis carnoso cas marroquís.
Os percebes españois, como se colleitan das rochas golpeadas polo mar aberto, véndense unidos a un anaco de rocha.
21 de mar. de 2021
O VÍDEO DE CARLA ROSAS (1ºBAC) ENTRE OS MELLORES DÍGOCHOEU DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS
TORTA ANCANO
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
Tortas Ancano é unha empresa
ubicada no concello lucense de Portomarín, que conta con medio século de
experiencia, e que é pioneira na
fabricación e comercialización a grande escala da torta de améndoas máis famosa
de Galicia: a torta especial camiño de Santiago.
Todos os ingredientes
utilizados na elaboración das tortas son naturais , por iso están catalogados
como Produto Artesán Natural, sometendo todos os seus produtos a un control de
calidade constante, levado a cabo por un laboratorio independente , o que
garante a súa excelente calidade.
Sen conservantes nen colorantes contan cun
elevado nivel de conservación: 45 días como mínimo desde a súa elaboración , en
condicións adecuadas de temperatura e humidade. Admiten a súa conxelación a
unha temperatura igual ou inferior a -18 ºC , desconxelándose a temperatura
ambiente.
A diferenza e o segredo das súas tortas radican na esixente selección das materias primas (améndoas, ovos , manteiga e azucre ) que xunto co coidadoso proceso de fabricación, ofrecen o sabor único e a inconfundible calidade que só as Tortas Ancano poden ofrecer.
19 de mar. de 2021
CONTOS E POEMAS PARA O ASILO
Un ano máis, desde Bibliochivite quixeron colaborar co asilo de anciáns de Verín, enviándolles algúns contos e poemas. Este ano fixérono a través da radio. Para iso o noso alumnado leu algúns contos das "Cousas" de Castelao, xunto a algúns poemas de Xosé Neira Vilas e Antonio García Teijeiro.
Len:
- Natalia Cota, María Guerra, Sara Xing Moredo e Marina Gómez (1º BAC), Javier Salgado (3º ESO) e Tania Guerra (2º ESO)
PROGRAMA 9 DE RADIOCHIVITE
Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:
- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Desta volta fan fincapé nas actividades que o centro realizou co gallo dos "21 días co galego e +".
* Novas científicas: con Nuria Barreira, de 1º ESO A
* Co selo galego: realizado por Uxía Pérez, de 1º ESO A.
- Adiviña quen é: presentado por Carla Rosas e Sara Xing Moredo, de 1º BAC C
- As nosas dúbidas: Xabier Alonso, de 1º BAC C, resolve dúbidas consultando ao profesorado. Neste programa fala coa profe de Inglés Rosa Salgado.
- Roda de palabras en galego, da profesora Rosa Alonso, de Lingua Galega.
- Teatro nas ondas: Oumaima Fathallah e Miguel Quintas (2º BAC), membros do grupo de teatro do centro, "A tecedora de soños", interpretan un anaco da obra de Buero Vallejo La tejedora de sueños , cunha introdución especial feita polo profesor de música David Rodríguez.
- As nosas entrevistas:
David Salgado entrevista a Clara Cid Bengoa, enxeñeira de camiños, antiga alumna do Chivite.
Paula Gago entrevista a Anxo González Guerra, catedrático xa xubilado de Lingua e Literatura Galega, grande coñecedor e divulgador da nosa lingua.
- Bibliochivite: Celebramos o 8M coa aparición de varias das escritoras máis importantes da nosa historia, que reviviron grazas a Sara Xing Moredo, María Guerra, Natalia Cota, Marina Gómez (1º BAC) e Tania Guerra (2º ESO)
17 de mar. de 2021
DESPEDIDA DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS NO PATIO
DESPEDIDA DO DIRECTOR DO CHIVITE DOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS
"CANCIÓN DO POBO", HIMNO DOS 21 DÍAS CO GALEGO E + NO CHIVITE
16 de mar. de 2021
SARAH GILBERT E A VACINA OXFORD/ASTRAZENECA POR NATALIA COTA E LAURA DOSANTOS DE 1º BAC A
Se queres ter máis información sobre Sarah Gilbert e a vacina de Oxford/Astrazeneca consulta esta presentación realizada por dúas alumnas de 1º de bacharelato:
15 de mar. de 2021
VIDEORREUNIÓN DE CLAUSURA DOS 21 DÍA CO GALEGO E MÁIS
Hoxe, luns 15 de marzo ás 12:00, tivo lugar o acto de clausura oficial por videoconferencia, do programa dos 21 Días co Galego e máis, no que tivemos a honra de poder participar.
Nel estiveron Valentín García Gómez (secretario xeral de Política Lingüística), Víctor F. Freixanes (presidente da Real Academia Galega), Pilar Ponte (coordinadora docente do programa), Roxelio García (coordinador técnico do programa) e tres dos centros participantes: IES Perdouro de Burela, o CPR A Inmaculada de Lugo e o IES Xesús Taboada Chivite.
Polo noso centro falaron o profesor Javier Rodríguez e tres alumnos de 1º ESO: Martina Dosantos, Ana Gago e David Regueiro, que leron un fermosísimo texto redactado polos profesores Isabel Cota e David Rodríguez.
Podedes ler o texto premendo na seguinte LIGAZÓN
Tamén podedes ver o vídeo no que aparecen os tres alumnos de 1º ESO lendo o texto, premendo na LIGAZÓN
14 de mar. de 2021
MARZO, O MES DA VISIÓN DE MERCURIO
Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A
Os expertos sinalan que durante as próximas dúas semanas, Mercurio será visible apenas se faga noite, uns 35-40 minutos despois de que se poña o Sol.
A boa noticia é que non necesitarás un telescopio. Deberías poder velo a primeira ollada.
En canto á súa localización, tes que mirar moi preto do horizonte, en dirección ao oeste.
Como referencia para buscalo recomendan que primeiro sitúes ao planeta Venus, o corpo celeste máis brillante do ceo despois do Sol e a Lúa.
Cando o atopes, mira abaixo á dereita
e alí estará Mercurio.
Podes recoñecelo pola súa cor laranxa amarelada ou coma un punto branco.
Quen teña pouca experiencia como astrónomos afeccionados alegraranse de saber que achar a Venus e Mercurio non debería ser tan complicado.
Isto débese a que non terán competencia: nese horario non haberá outros astros visibles, polo que ambos os planetas serán as verdadeiras estrelas do ceo nocturno.
Con todo, non hai que deixarse estar: Mercurio desaparecerá por baixo do horizonte en pouco tempo.
No norte permanecerá uns 40 minutos, no ecuador uns 20 e no sur entre 5 e 10 minutos soamente.
REQUEIXO CASAL
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
O requeixo de O Casal é un queixo sen sal de pasta branda, de textura cremosa, sabor suave e un pequeno punto de acidez.
Séguese facendo de xeito tradicional desde hai máis de vinte anos, como se facía hai séculos en calquera casa do rural galego. O callado é por acidificación, nun proceso de varias horas de duración en función da temperatura ambiente. Esta callada escórrese en panos, para posteriormente, cando se alcanza o punto de textura desexado, ser pasado aos envases.
As únicas diferenzas con respecto á forma
tradicional de elaboración son o uso de tanques de callado de aceiro inoxidable
e o pasteurizado do leite, que aseguran un total control sanitario, sen alterar
as propiedades do produto.
A pesar do que poida parecer,
o requeixo é semigraxo, ten a metade de graxa dun queixo fresco, o que o fai
ideal para dietas. A súa textura cremosa non ven da graxa senón do alto grao de
humidade que lle da esa característica única do requeixo O Casal.
Pódese
comer só, misturado con azucre, mel, marmelada, froita fresca ou froitos secos.
OS SEMÁFOROS DA NATUREZA
Redacción: David Regueiro, 1º ESO B
BISCUITS GALICIA
Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A
E é que novas familias de produtos foron incorporándose ao noso catálogo ao longo do tempo: desde estoxos de galletas, pastas para o café, latas de galletas, formatos envasados individualmente para colectividades e hostalería, bolsas, galletas salgadas, mini-madalenas, biscoitos… E un longo etcétera de presentacións e productos.
Cada día elabóranse nos fornos da súa fábrica saborosas pastas baseadas nas receitas da tradición reposteira de Galicia. É por iso que as galletas Biscuits Galicia teñen ese característico sabor e esa textura tradicional que evoca aos obradoiros “de toda a vida”.
13 de mar. de 2021
RUBÉN RIÓS ENTREVISTADO EN RADIOCHIVITE POR MIGUEL QUINTAS
Onte, día 12 de marzo tivemos a sorte de que o actor, Rubén Riós visitase o noso centro. Participou nun obradoiro co alumnado de 2º de bacharelato de Imaxe e Son. Ademais, Miguel Quintas, alumno de 2º BAC, realizoulle unha entrevista en RadioChivite, sobre os proxectos "Camiñantes somos" e "Arrieiros somos", nos que aparece a visión da vida das e dos nosos maiores.
12 de mar. de 2021
OMAIMA LIMANE , DE 3º ESO B, NA ENTREGA DE PREMIOS VIRTUAL DO CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
Se queredes coñecer aos premios doutros centros, premede nesta LIGAZÓN
IMAXES DO "PHOTOCALL DA TÚA PALABRA FAVORITA EN GALEGO"
Está a piques de rematar a nosa participación nos 21 Días co Galego e +, e desde o EDLG, queremos agradecer a participación de boa parte da comunidade educativa do Chivite nesta actividade, que xa explicamos nunha entrada anterior.
Se queredes ver todas as imaxes, premede nesta LIGAZÓN
9 de mar. de 2021
A LAMPREA
Redacción e audio: Diana Calvo, 1º ESO
A lamprea é un peixe que habita nos ríos galegos desde fai
máis de 500 millóns de anos. Coñecida como "a vampiresa da auga" ou
"a raíña do río", a lamprea é un dos primeiros vertebrados dos que
hai constancia na Terra.
Vive no planeta desde antes que a especie humana existise,
anterior aos mesmos dinosauros.
É un peixe agnato, é dicir, que carece de mandíbula. Hainos
que din que é fea e que “nin é peixe, nin reptil”. Razón levan porque a pesar
de compartir moitas características cos peixes, taxonómicamente non se inclúen
neste grupo, senón que forman un grupo independente e moi antigo, situándose na
base da orixe dos vertebrados.
Unha vez eclosionados os ovos do peixe, as larvas que son
moi diferentes ao adulto viven nos ríos de 6-8 anos e cando chegan á súa fase
de madurez e convértense en adultos vanse disparadas ao mar.
Debemos destacar unha das técnicas máis antigas e tradicionais
de pesca que ten á lamprea como presa. Desenvólvese aquí en Galicia, nas
coñecidas pesqueiras do río Miño; que é
unha pesqueira? estás farto de velas
xunto ao río e seguramente nunca soubeches moi ben para que eran as
construcións, eses muros de pedra situados nas beiras do río ou ben nunha zona
rochosa do mesmo. Para facerche unha idea, no río Miño, calcúlase que
actualmente hai unhas 500 pesqueiras.
CERÁMICA DE SARGADELOS
Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO A
A Cerámica de Sargadelos xurdiu da iniciativa ilustrada
de Antonio Raimundo Ibáñez nos primeiros anos do século XIX, coa inauguración dunha fábrica de louza
nunha parroquia do concello de Cervo, en Lugo, no ano 1806.
Para continuar lendo, preme na seguinte LIGAZÓN
EFÉMERO
Esta enxeñosa performance, seguindo o fío condutor do paso do tempo, pon de manifesto o contraste existente entre os esforzos que constrúen algo e que se poden prolongar no tempo e a brevidade coa que o progreso mal entendido pode desfacelos.
Unha intervención artística na que as alumnas de plástica elaboraron un arco da vella (hai algo máis efémero?) de post-its (material funxible por excelencia) nun lugar de paso, destinada non obstante a ser pisoteada por aqueles que precisaban camiñar por aí para chegaren ó exterior, e que viviron na súa pel a desazón de quen non ve valorados os seus desvelos.
O efémero ten precisamente unha vida máis longa na ollada prospectiva de quen proxecta, idea e fai que logo na realidade, porque os anceios sempre son máis duradeiros na nosa mente.
O bo é que a nosa memoria (ollada retrospectiva) pode facer revivir aquilo que deixou de ser.
Parabéns a Javier Díaz, profesor de Plástica e as súas alumnas!
"MATRIARCAS", DE GUADI GALEGO EN LINGUAXE DE SIGNOS
A profesora de Audición e Linguaxe, Patricia Montesinos, realizou unha montaxe sobre o tema de Guadi Galego "Matriarcas", na que a alumna de 1º ESO, Rubí Suárez Vargas, interpreta a linguaxe de signos.
Para ver o vídeo, premede nesta LIGAZÓN
DESCUBRIMOS QUE CADA UN DE NÓS É UN COMUNICADOR EN POTENCIA
Hoxe o profesor de Filosofía e condutor de Radio Chivite, Abraham Rubín e os alumnos Paula Gago e David Salgado, de 4º ESO, foron entrevistados no programa da RTVG "Galicia por Diante", ás 13:10.
Comentaron a importancia que ten a nosa emisora de radio na difusión das actividades de potenciación do uso do galego. Ademais, grazas a ela descubrimos que cada un de nós é un comunicador en potencia.
Podesdes escoitar o podcast da súa participación premendo na seguinte LIGAZÓN
8 de mar. de 2021
VÍDEO PRESENTACIÓN DO NOSO CENTRO "CHEGANDO A ÍTACA" NOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS
Neste vídeo Paula Gago e David Salgado falan da vellez, o eixe temático ao redor do cal xiran moitas das actividades do centro.
Hoxe ás 13:10 estes dous alumnos, xunto co profesor de Filosofía, Abraham Rubín, que conduce Radio Chivite serán entrevistados no programa da RTVG "Galicia por Diante".
COÑECENDO "PIONEIRAS GALEGAS" GRAZAS A RUBÍ SUÁREZ VARGAS DE 1ºESO
HOMENAXE ÁS AVOAS DO ALUMNADO DE 2º ESO C
AS NOSAS MESTRAS EN ÍTACA
7 de mar. de 2021
BOMBÓNS CHOCOART
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO
Chocoart é unha empresa
situada en Lugo, que conta co respaldo de máis de trinta anos de experiencia
traballando na elaboración de bombóns.
Os seus produtos fanse un a
un, de maneira totalmente artesanal, creando dese xeito bombóns de autor e
deseños únicos.
En Chocoart realízase todo o
proceso, desde a compra, recepción de materias primas, envases, embalaxes etc.,
ata a saída do produto das súas instalacións.
A calidade das materias primas
empregadas no obradoiro é primordial. Utilízanse só produtos de primeira
calidade e esenciais naturais , sen ningún tipo de aditivo nin colorante
artificial. Os froitos secos, a froita confeitada etc., que se emprega para a
elaboración dos bombóns, é sempre de orixe nacional. A cobertura posúe unha alta
porcentaxe de cacao e a lecitina de soia que se emprega como emulxente, nunca é
transxénica e mellora a calidade do produto.
Cos
anos foron incorporando novas especialidades coma os bombóns sen azucres
engadidos ,os de mousse de queixo de cabrales ou os de sidra… contando na
actualidade con máis de setenta especialidades, todos elas sen gluten.
5 de mar. de 2021
GAÑADOR DE "FOTONTROIDO FAMILIAR COS CONVIVENTES".
4 de mar. de 2021
O LIBRO DA VIDA
O libro da vida ten páxinas escritas con palabras ferintes que saben a fel, pero ten outras cuxas verbas rezuman o máis puro dos amores, e unha presada de saudades e morriñas. Son esas que falan dos namoros entre netos e avós, namoros que chegan ó fondo da alma e te estremecen cando os recordas e os revives. Nestes vídeos que imos ir presentando devagariño queremos abrir ese libro pola páxina dedicada a eles; ás nosas avoas e avós, que cos seus aloumiños curaron as feridas das almas e axudaron a crecer.
Grazas rapaces e rapazas de 2º Bacharelato por compartirdes con nós estes retallos de vida e amor!!!!!!!!!
3 de mar. de 2021
COMO CONTROLA CHINA O SEU TEMPO METEOROLÓXICO?
Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A.
VERSIÓN ZUMBA DA "MUÑEIRA DE CHANTADA"
- O alumnado de 2º e 3º ESO bailaron no ximnasio durante
o recreo do “Xoves de Comadres”unha coreografía sinxela con catro movementos
dunha versión en zumba da “Muñeira de Chantada”. Esta actividade estivo
organizada polo profesorado de Educación Física. Podedes ver o vídeo premendo na seguinte LIGAZÓN
CANTO SABES DE CASTELAO, BOUZA BREY, RAFAEL DIESTE E AMADO CARBALLO?
O alumnado de 2º de bacharelato de Literatura Galega do século XX deseñaron xogos para poñer a proba os nosos coñecementos sobre escritores e escritoras galegos.