Redacción e audio: Diana Calvo, 1º ESO.
Cal é o segredo da auténtica empanada galega? A marca Chousa, especialistas en empanadas desde 1959, sábeo moi ben. Pero non hai un único segredo, senón tres…
Segredo nº 1: Máis atún.
Todas as empanadas de atún Chousa, melloraron a súa fórmula ata incorporar un 25% de atún no recheo, sen incremento do prezo.
Segredo nº 2: Feita de forma artesanal en Galicia.
A Empanada
galega Chousa, elabórase cun proceso manual que marca a diferenza. Cada
empanada de peche artesán faise a man dunha nunha. Son, ademais, as únicas
empanadas galegas do mercado co selo Galicia Calidade.
Segredo nº
3: un ingrediente que non se rouba.
«Poderían copiar a nosa lista de ingredientes, pero nunca conseguirán
roubar a nosa receita, pois o ingrediente segredo máis importante de Chousa é o
agarimo co que elaboramos este produto que tanto significa para nós: un anaco
da nosa herdanza, un retrato da nosa historia», explican dende a empresa.