30 de xan. de 2021

EMPANADAS CHOUSA

 Redacción e audio: Diana Calvo, 1º ESO. 


Cal é o segredo da auténtica empanada galega? A marca Chousa, especialistas en empanadas desde 1959, sábeo moi ben. Pero non hai un único segredo, senón tres…

Segredo nº 1: Máis atún.

Todas as empanadas de atún Chousa, melloraron a súa fórmula ata incorporar un 25% de atún no recheo, sen incremento do prezo.

Segredo nº 2: Feita de forma artesanal en Galicia.

A Empanada galega Chousa, elabórase cun proceso manual que marca a diferenza. Cada empanada de peche artesán faise a man dunha nunha. Son, ademais, as únicas empanadas galegas do mercado co selo Galicia Calidade.

Segredo nº 3: un ingrediente que non se rouba.

«Poderían copiar a nosa lista de ingredientes, pero nunca conseguirán roubar a nosa receita, pois o ingrediente segredo máis importante de Chousa é o agarimo co que elaboramos este produto que tanto significa para nós: un anaco da nosa herdanza, un retrato da nosa historia», explican dende a empresa.


MARUXAS DE NATA: UNHA DELICIA GALEGA

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO.


As Maruxas son galletas de nata tradicionais, ecolóxicas, e únicas, que se elaboran diariamente, seguindo unha receita moi antiga.

Utilízanse únicamente materias primas con selo ecolóxico, sin aditivos, nen conservantes e contan coa certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Os únicos ingredientes que empregan son fariña de trigo, nata e azucre de cana, todo de cultivo ecolóxico, ademáis do cariño que poñen en cada fornada.

O seu exquisito sabor é posible grazas á excelente calidade dos seus produtos, sobre todo do leite,  que obteñen de vacas  que disfrutan dunha alimentación sa, exenta de produtos químicos e que pacen en liberdade nunha pequena granxa do Concello de San Sadurniño (A Coruña), nun precioso entorno rural. Dese leite sae esa nata tan natural, que precisa dun mínimo de 60% de materia graxa para a elaboración das Maruxas e que mesturada co resto dos ingredientes fan de cada galleta un pequeno tesouro.

As Maruxas foron premiadas, dentro e fóra de Galicia, recoñecéndoselle dese xeito, o seu exclusivo sabor e calidade, así como a recuperación da tradición no seu proceso e elaboración.


28 de xan. de 2021

XOGO DO ACENTO DIACRÍTICO



A profesora de Lingua Galega, Rosa Alonso, deseñou este xogo para que practiquemos o acento diacrítico en varias palabras.
Demostra o que sabes premendo nesta LIGAZÓN




IMPORTANTE PREMIO PARA CLARA CID BENGOA, ANTIGA ALUMNA E CIENTÍFICA

 


MOTÍSIMOS PARABÉNS Á ANTIGA ALUMNA DO IES TABOADA CHIVITE CLARA CID BENGOA.
Que grande alegría!!!!!
Clara Cid Bengoa, alumna do programa de Doutoramento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos e investigadora do Grupo de Mecánica de Estruturas da Universidade da Coruña, foi galardoada polo Grupo de Deseño e Estruturas Aeroespaciais do Instituto Americano de Aeronáutica e Astronáutica (AIAA).
Cid Bengoa recibiu o “2021 Student Paper Award in Non-Deterministic Approaches” no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado “Probability-Damage approach for Fail-Safe design Optimization under Aleatory Uncertainty (β-PDFSO)”.
Cid Bengoa recibiu o “2021 Student Paper Award in Non-Deterministic Approaches” no Foro AIAA SciTech, polo seu artigo titulado “Probability-Damage approach for Fail-Safe design Optimization under Aleatory Uncertainty (β-PDFSO)”.

CHARLA DE SANTIAGO CAÑAVERAL, ANTIGO ALUMNO, PROFESOR DE TEATRO

 


Lección maxistral (texto de David Rodríguez)

Hoxe tivemos unha clase diferente en Linguaxe e Práctica Musical (1° Bacharelato).

Santiago Cañaveral Vaccari, antigo alumno do centro e agora profesor de teatro e amigo, veu explicarnos varias cousas: como foi a súa percepción do sistema educativo cando era alumno e como é agora, que foi o que lle fixo escoller o durísimo e azaroso camiño das artes escénicas, que enfoque segue el nas súas clases de teatro e como poden repercutir positivamente nas vidas daqueles/ as que se animen a apuntarse a elas, que empezarán en febreiro (e que aplican un estrito protocolo Covid aprobado pola Xunta de Galicia).

Orientounos facendo un exercicio de memoria ao volver estar nas nosas instalacións, convidounos a descubrir outras formas de entender a arte dramática, fixo dous exercicios con dous alumnos do instituto e, o que ía ser unha información sobre unha posible actividade extraescolar a cargo dun exalumno, acabouse convertendo nunha magnífica clase maxistral sobre o que pasa cando un fai o que o apaixona.

PARABÉNS, Santi Cañaveral.

ENTREVISTA Á NOSA ANTIGA ALUMNA LORENA CARNERO EN RADIOCHIVITE (PROGRAMA DE XANEIRO)


Lorena Carnero, antiga alumna do IES Taboada Chivite, voluntaria dende nena da Biblioteca Municipal de Verín e autora da obra "D. Xesús Taboada Chivite: dende o seu Fisterre tamagán" foi entrevistada na nosa radio, RadioChivite, visitade o programa de xaneiro en radiochivite@blogspot.com.

PARABÉNS A FERNANDO ESTÉVEZ CASADO!

 


DESDE O TEU INSTITUTO, O IES TABOADA CHIVITE...
PARABÉNS, FERNANDO!!!!!
OS LOGROS DOS NOSOS ANTIGOS ALUMNOS ÉNCHENNOS DE LEDICIA!!!!

Nova na Voz de Galicia

26 de xan. de 2021

O CICLO DE VIDA DUNHA ESTRELA

 Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A.


1º paso: A evolución da  nebulosa a unha estrela.

As estrelas fórmanse a partir do colapso  gravitatorio e condensación de inmensas nubes moleculares de gran densidade, tamaño e masa total, este proceso da lugar a unha nebulosa.
Se queres coñecer as demais etapas na evolución dunha estrela, continúa lendo o artigo na seguinte  LIGAZÓN

23 de xan. de 2021

IOGURES LARSA

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A


O leite co que se producen os iogures Larsa provén de vacas galegas que pastan en liberdade nos verdes prados da nosa terra e aliméntanse de forma natural. O Leite de Pastoreo Larsa conta coa certificación de SGS, un prestixioso selo que avala estás prácticas sostibles.

A calidade de vida das vacas vese reflectida na calidade do leite e por tanto, no sabor dos iogures. Por iso son tan cremosos e teñen unha intensidade inigualable. Se aínda non o fixeches, próbaos e descubrirás que non hai outros iguais. Ademais, hai moita variedade de sabores, pero o máis vendido é o de vainilla.

Estes iogures tradicionais son perfectos para aquelas persoas que gozan dos clásicos. Resultan ideais para toda a familia, pero encandean especialmente aos máis pequenos polo seu sabor.

Os reposteiros máis entendidos saben de primeira man que un iogur de Larsa é o mellor aliado para preparar o típico biscoito de iogur. Quen non utilizou un iogur de Larsa para medir as cantidades desta clásica e sinxela receita? Elixe o sabor que máis che guste e dálle un toque diferente ás túas sobremesas. Ti decides se compartir o secredo ou gardarlo para ti.


LOGRAN A PRIMEIRA IMAXE EN 3D DA COVID 19

 Redacción e audio: Martina Dosantos Tierno, 1º ESO B


Para obter a imaxe empregouse a técnica de tomografía crioelectrónica, na que a mostra conxelada vaise escaneanado dende distintos ángulos usando un microscopio electrónico.

Non é unha foto, é a primeira  imaxe real en 3D do SARS-CoV-2. É o máis cercano a amosar o aspecto real do virus.

A tomografía realizouse na Universidade deTsinghua, en China. Os datos obtidos foron segmentados na Universidade Rei Abdalá. Finalmente a empresa Nanographics , asignoulle propiedades ópticas e colores.

Coñecer a imaxe do virus axuda a estudar o  seu funcionamento, esperamos que  continúen os avances  e poidamos vencer a este virus.


OURO DE QUIROGA: UN ACEITE GALEGO ENTRE OS DEZ MELLORES DO MUNDO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.


“Ouro de Quiroga” é un aceite de oliva virxe extra, elaborado con olivas procedentes de oliveiras centenarias, situadas na comarca de Quiroga (Lugo). O clima da Ribeira Sacra, coas súas peculiaridades , é moi propicio para o seu cultivo aínda que se siga asociando coa zona mediterránea.

Este produto elabórase coas dúas únicas variedades autóctonas galegas: a brava e a mansa, nunha versión actualizada e industrial, dos muiños cos que os seus devanceiros elaboraban cada outono o seu propio aceite. A empresa conta cunha produción pequena , duns 2000 litros anuais, nos que priman a calidade por riba da cantidade..

Na súa elaboración séguese un exquisito coidado en tódalas  fases do proceso, cun constante respecto polo medio ambiente e aproveitando a sabedoría adquirida ao longo de varias xeracións, para que o aceite conserve tódalas súas propiedades e manteña o seu exquisito sabor.

É un aceite peculiar, cun amargor pronunciado e un toque final picante,  que o distingue. Estes motivos, entre outros, fixeron que “Ouro de Quiroga” fora recoñecido como un dos dez mellores aceites do mundo.


18 de xan. de 2021

A RULETA DAS PALABRAS

Estupenda actividade para aprender/practicar léxico en galego creada por Rosa Alonso, profesora do Departamento de Galego do IES Taboada Chivite.

Parabéns!!!!! 

Podedes acceder a esta actividade premendo na seguinte LIGAZÓN

PRIMEIRO PROGRAMA DE 2021 DE RADIOCHIVITE

 


O programa sete de Radio Chivite conta coas seguintes seccións:

- Novas Chivitianas: presentadas por Paula Gago e David Salgado. Inclúe a minisección Co selo Galego, presentado por Uxía Pérez e Diana Calvo, a presentación do concurso Exxperimenta en femenino e unha analise literaria-musical da canción Penélope de Joan Manuel Serrat, por David Rodríguez.

- Bibliochivite: Javier Salgado entrevista a Lorena Carnero, autora do libro Xesús Taboada Chivite: dende o seu Fisterre Tamagán. Inclúe a minisección Libros vivos, onde Erín Seoane fálanos de Sombra y hueso de Leigh Bardugo.

AS VIEIRAS

 Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A

Tamén chamada vieira galega ou europea, é un molusco bivalvo  emparentado coas ameixas 

Características
A súa valva superior é case plana mentres que a inferior é máis grande e ondulada ou  convexa. Debido ao seu menor tamaño os bordos da  valva superior entran un pouco nos da inferior, que sobresaen un pouco. Son afiados e ondulados.

Descrición principal
Vive sobre fondos de area ou grava preto da costa, chegando ata profundidades de 100 m. para buscar augas  límpas. De cando en cando fíxanse sobre as rochas, pero normalmente repousan sobre o fondo apoiándose na valva inferior.

Curiosidades   A vieira é o símbolo do peregrino no Camiño de Santiago. A razón é que, ao ser típico das costas de Santiago, antigamente os peregrinos levábano aos seus lugares de orixe como proba de que chegaran ata o final da viaxe.
As distintas culturas identificárona coa boa sorte, a fecundidade, o nacemento e a rexeneración.
A vieira galega distínguese das de Francia e Gran Bretaña por ter unha cor máis intensa con tons  violáceos, e por ter a  valva superior case plana e os seus bordos ondulados non encaixar cos da  valva inferior.
Os exemplares máis grandes poden chegar ao medio quilo de peso.

16 de xan. de 2021

LEITE FEIRACO

 Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A.


O leite Feiraco ofréceche a máis alta calidade desde a orixe e, ademais, conta coas marcas de garantía de maior recoñecemento en Galicia: Galega 100% e Galicia Calidade.

O seu modelo de organización en cooperativa permítelle controlar e optimizar todas as etapas do proceso produtivo. Contan tamén cun sistema integrado de calidade e de inocuidade dos alimentos, que alcanza a toda a cadea de fabricación, dende a produción gandeira do leite de vaca nas súas explotacións, ata o envasado e comercialización dos produtos finais.

Ademais leite Feiraco ten un envase máis cómodo, innovador e sostible.

Grazas á concentración e a proximidade xeográfica das gandarías dos socios de CLUN, garántese a calidade e o seguimento dos seus produtos, así como o coidado do Medio Ambiente.


15 de xan. de 2021

GRELOS AO NATURAL "CASTELO"

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.


Os grelos envasados ao natural “Castelo” é un produto da máis alta calidade e alto contido en nutrientes.
Caracterízanse polas súas follas fibrosas de cor verde intensa, e son un grande aliado de dietas adelgazantes polo seu alto contido en auga e fibra , hidratos de carbono, proteínas e son moi baixos en calorías.
Os grelos son os talos floríferos tenros , xusto antes de que se vexan os botóns das flores, xa que cando se desenvolve a flor , o grelo endurece e xa non é posible o seu consumo. 
Cultívase en Galicia desde moi antigo polo seu estimado valor como verdura. O máis apreciado é o da zona de Lugo, da variedade “Globo branco” , o cal é recolectado despois das fortes xeadas de xaneiro , o que os fai máis tenros e menos ácidos que os das outras zonas.
Os grelos son ideais para consumir como guarnición de peixes e carnes, en tortilla, revoltos, en empanada, caldo galego e o típico lacón con grelos.

13 de xan. de 2021

EXXPERIMENTA EN FEMININO

Durante dúas semanas estará no noso centro a exposición "Exxperimenta en feminino", impulsada polo profesorado feminino das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVIGO e patrocinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Universidade de Vigo. 

A exposición componse de 14 paneis, que están repartidos por distinta zonas do instituto. Cada un deles mostra as actividades e logros dunha muller científica ou tecnóloga que se pode considerar un referente no campo STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics).

O obxectivo principal desta iniciativa  é promover a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas, así como servir de polo de atracción  de nenas e mozas cara a ciencia e as enxeñerías.

Desde RadioChivite propóñennos o seguinte reto:  Despois de visitala, seriades quen de adiviñar quen son estas seis mulleres que vos van falar a continuación, neste vídeo,  todas elas integrantes da exposición?


 
Se averiguades quen son, enviade un email co voso nome, apelidos, curso e grupo, e coas seis respostas por orde de intervención no programa a radiochivite@gmail.com ou a ofiadeirodalingua@gmail.com.

Visitade a exposición e anímaivos a participar!!!


12 de xan. de 2021

COMO SE FORMAN AS ESTRELAS?

 Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A


Como as persoas, as estrelas nacen, crecen e morren. Os seus lugares de nacemento son enormes nubes frías formadas por gas e po, coñecidas como 'nebulosas'. Estas nubes comezan a encollerse por obra da súa propia gravidade.

A medida que unha nube perde tamaño, se  fragmenta en grupos máis pequenos. Cada fragmento pode finalmente volverse tan quente e denso que se inicia unha reacción nuclear. Cando a temperatura alcanza os 10 millóns de graos, o fragmento convértese nunha nova estrela.

Tras o seu nacemento, a maioría das novas estrella atópase situada no centro dun disco plano de gas e po. Gran parte do gas e po acaba sendo varrida pola radiación estelar. Con todo, antes de que isto ocorra, poden formarse planetas ao redor da estrela central.

Os vehículos espaciais, como o Observatorio Espacial de Infravermellos (ISO) da ESA, son capaces de detectar a calor proveniente de estrelas e planetas invisibles que se están formando no interior desas nubes.

11 de xan. de 2021

GALICAO: O CACAO PURO

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A

Galicao é unha marca galega que converteu a Galicia no epicentro da fabricación dun cacao natural en po, que quere marcar distancia co cacao tradicional que se merca nas grandes superficies.
O produto é importado desde Cuba, Costa de Marfil ou Ghana e na súa fábrica de Coirós, na comarca de Betanzos ( A Coruña)  é transformado en po , xa que a súa forma inicial é a dunha torta dura. Chama a atención pola súa cor, máis clara do habitual e un cheiro menos intenso que o do cacao tradicional, algo que o responsable da marca achaca a non alcalinización do produto.
O cacao da marca Galicao é natural 100% e dicir, non está sometido a procesos químicos. Non ten azucres engadidos  e contén só un 16%  de materia graxa o que fai, que dentro do amargor do cacao natural puro,  sexa un pouco máis doce. É un produto moi san e con multitude de propiedades nutritivas que, ao non conter azucres,  se pode complementar con mel ou canela para dulcificalo.

10 de xan. de 2021

OS PEMENTOS DE PADRÓN. POR QUE A MARCA É HERBÓN E NON PADRÓN?

 Redacción e audio Diana Calvo Gallego, 1º ESO A



O tradicional e  famosísimo pemento de Padrón. Por que a marca é Herbón e non Padrón? Porque Herbón é a parroquia (en Padrón) na que está o mosteiro que se supón que empezou a cultivar estes pementos cando chegaron de América. A característica máis coñecida dos pementos de Herbón é que uns pican e outros non (pero os que pican fano de forma  soportable para os nosos padais, xa que na selección do produto elimínanse os pementos  moi picantes). A forma clásica de preparalos é fritilos en aceite abundante e logo servilos con sal gordo e  aceite no prato para mollar o pan.


8 de xan. de 2021

A LÚA TEN UNHA NOVA COMPAÑEIRA

 Redacción e audio: Martina Dosantos Tierno, 1º ESO. 


O noso  planeta conseguiu unha lúa adicional.

O 15 de febreiro de 2020 uns astrónomos avistaron un pequeño asteroide chamado 2020 CD3 ,probablemente leve dando voltas o noso o planeta cerca de 3 anos.Pero non estará moito máis tempo xa que en calquera momento , regresará a súa viaxe regular orbitando o Sol. Este asteroide é de tipo c, rico en carbono de tamaño parecido a un coche.

Por que non o vemos?

Basicamente porque é moi pequeno, non emite moita luz e porque non sabemos onde mirar.

Se miras ao ceo nocturno e ves un obxecto brillante cerca da lúa , non te  equivoques non é a minilúa , é VENUS.