30 de xuño de 2021
"O LOBO DA XENTE", VICENTE RISCO
28 de xuño de 2021
ATOPA SAÚDE NOS BOSQUES GALEGOS
22 de xuño de 2021
O DÍA MÁIS LEDO DO ANO
Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO
O verán aproxímase, e con el máis horas de sol, a calor
ou as ganas de descansar. Creando que o 20 de xuño sexa o día máis feliz do ano,
coñecido tamén como Yellow Day.
Ademais de ser o inicio do verán, coincide coa apertura e
a desescalada en moitos aspectos como a próxima desaparición das máscaras como
algo obrigatorio en espazos ao aire libre.
O factor meteorolóxico que xustifica este día é que desde
mediados de xuño xa se alcanzan temperaturas agradables que oscilan entre os 20
e 30 graos, con días máis longos e máis horas de luz.
Este ano tamén coincide con que é domingo, é dicir, fin
de semana, perfectamente aproveitable por moitas persoas para descansar, gozar
dos máis próximos e manterse afastado da tensión da semana.
E con todo isto, despídome ata o próximo ano. Que teñades
un bo verán a todos e a todas!
IMOS A MELLOR OU A PEOR?
21 de xuño de 2021
BUSCANDO A PAZ NOS NOSOS BOSQUES
14 de xuño de 2021
SANTIAGÜIÑO
Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO.
Mariscos hai
tantos e tan variados que non sempre nos podemos quedar coas ostras e gambas,
por moi boas que estean. E o Santiaguiño é un deses animaliños curiosos e moi
saborosos que nos trae o mar. De aparencia prehistórica e serena, é pouco coñecido
pero sen dúbida un dos máis apreciados e suculentos mariscos do litoral galego.
Este estraño
crustáceo de corpo robusto e aplanado,
lémbranos á lagosta, pero moito máis pequeno, entre 7 e 10 cm., e con antenas
alargadas en forma de pa. A súa cor é pardo escuro a vermello intenso nos bordos
das espiñas da súa cuberta.
As mesmas
espiñas dorsais que ao cocelo evidencian a orixe do seu nome, pois móstrannos claramente
a Cruz de Santiago.
CADERNOS DE TEATRO 21 IES RIBEIRA DO LOURO
13 de xuño de 2021
OS PELIQUEIROS SON A FIGURA PRINCIPAL DO ENTOIDO DE LAZA, PERO, POR QUE NON SE VEN MOITAS PELIQUEIRAS?
Este vídeo foi realizado pola alumna de 1º BAC,
Noa Sobrino Lamas, para a materia de Literatura Universal.
A continuación, aparece unha reseña, escrita por
ela mesma, na que nos comenta o seu proxecto:
Hai anos, as mulleres non adoitaban reflexionar
sobre a súa posición, e simplemente adoptaban os papeis que lles impuñan. Así
pasaba no Entroido, onde facían e repartían a famosa bica de Laza e colocaban
un dos seus panos nas costas dos peliqueiros. Por outra banda, non calquera era
quen de por o traxe, pois alquilábanse por horas e era moi caro. Para poder
permitirse ese luxo, os homes debían traballar moi duro e aforrar. No caso das
mulleres era máis complicado: ou ben non traballaban ou cobraban menos que os
homes, polo que era casi imposible que acadaran esa suma de cartos. A medida
que se foron facendo máis traxes e o prezo foi baixando, incrementáronse as
oportunidades. Hoxe en día a situación non é tan diferente; non se espera das
mulleres que saian peliqueiras de pura raza, é común pensar que a medida que
vaian crecendo, van perder a paixón polo traxe.
Este poema honra a todas esas peliqueiras que
non se deixan cohibir, en especial a Benita Canteira, moi soada en Laza e
admirada por todos.
Escrito, nunha lingua fonética e autóctona do
Entroido de Laza.
"AS NOVAS", PROXECTO GALARDOADO CO PREMIO "ZAMBURRIDI" DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2021
11 de xuño de 2021
INTERPRETACIÓN EN LINGUAXE DE SIGNOS DA CANCIÓN "FRONTEIRAS" DE GUADI GALEGO, GAÑADORA DO CONCURSO "CANTAMOS CON LAS MANOS" DA FAXPG
9 de xuño de 2021
BERRO COLECTIVO A FAVOR DA LIBERDADE FEMININA
PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO DA ANPA
Primeiro premio, dotado con 70€ para Samuel Añel de 2 de bacharelato B.
Segundo premio para María García de 2 de bacharelato A, que recibiu 50€.
Terceiro premio dotado con 30€ para Sara Xing Moredo de 1º de bacharelato C.
Parabéns aos tres por estas obras cheas de talento e creatividade.
Grazas a Rosa Marina López, representante da ANPA por impulsar este tipo de iniciativas e a Javier Díaz, profesor de debuxo, que se encargou de coordinar esta actividade.
UN POEMA, UNHA PALABRA
GALLETAS XIANAS
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A
As
galletas artesanais Xianas, que elabora e comercializa a empresa Silvans,
reciben este nome por ser tradicionais da parroquia taboadesa de Xián (Lugo)
onde se facían desde fai máis de cen anos. Antigamente cocíanse entre dúas pranchas
de ferro, cun mango longo que evitaba
que a xente se queimara ao colocalas sobre a cociña de leña.
A
receita que empregan , segue sendo a orixinal e os ingredientes que utilizan na súa
elaboración (manteiga de vaca, fariña de trigo, ovos e azucre) son todos de calidade, como os ovos de galiñas
en liberdade ou o azucre, que é integral de cana. Non engaden ningún tipo de
conservante, colorante nin aditivo. Manteñen as galletas con sabor a manteiga
de toda a vida e incorporaron outros novos coma o de améndoa, o de coco e o de
café.
As Xianas son unhas galletas redondas, de fino
grosor, nas que a empresa quixo innovar, gravando nelas dezaoito motivos
diferentes que fan referencia a nosa historia, cultura, patrimonio e natureza.
LITERATURA GALEGA "DE CINE"
5 de xuño de 2021
SAÍDA AO RÍO TÁMEGA DO ALUMNADO DE 1º ESO