30 de xuño de 2021

"O LOBO DA XENTE", VICENTE RISCO

Un fado endiañado e o pezoñento desexo dunha mai que creu máis no sangue alleo que no propio fixeron que a súa vida mudase para sempre, ata que EL apareceu.
Alumnado de 2º de Bacharelato do curso 20-21 quixeron que recreásemos a intrigante historia de Vicente Risco "O lobo da xente". Collede os flocos de millo, estomballádevos no sofá e desfrutade desta inquedante historia de licontropía. Oídelos?? De lonxe xa veñen os ouvidos da loba!!!!!
Comeza a acción.

28 de xuño de 2021

ATOPA SAÚDE NOS BOSQUES GALEGOS


O alumnado de 1º ESO A invítanos a  desfrutar dos bosques galegos este verán para mellorar o noso estado de saúde.

22 de xuño de 2021

O DÍA MÁIS LEDO DO ANO

 Redacción e audio: Nuria Barreira, 1º ESO


O verán aproxímase, e con el máis horas de sol, a calor ou as ganas de descansar. Creando que o 20 de xuño sexa o día máis feliz do ano, coñecido tamén como  Yellow  Day.

Considérase, polo xeral e atendendo a factores psicolóxicos, laborais ou meteorolóxicos, que é o primeiro día a partir do cal todo cambia, hai máis luz, mellores temperaturas, máis sol, posibles vacacións, etc. En definitiva, un  subidón das hormonas da felicidade, e todo iso asóciase á cor amarela.

Ademais de ser o inicio do verán, coincide coa apertura e a desescalada en moitos aspectos como a próxima desaparición das máscaras como algo obrigatorio en espazos ao aire libre.

O factor meteorolóxico que xustifica este día é que desde mediados de xuño xa se alcanzan temperaturas agradables que oscilan entre os 20 e 30 graos, con días máis longos e máis horas de luz.

Este ano tamén coincide con que é domingo, é dicir, fin de semana, perfectamente aproveitable por moitas persoas para descansar, gozar dos máis próximos e manterse afastado da tensión da semana.

E con todo isto, despídome ata o próximo ano. Que teñades un bo verán a todos e a todas!


IMOS A MELLOR OU A PEOR?

Helena Prada, alumna de 1º ESO C, reflexiona sobre se o noso mundo vai a mellor ou a peor. Foi un traballo realizado para a materia de Valores Éticos.

21 de xuño de 2021

BUSCANDO A PAZ NOS NOSOS BOSQUES


O profesorado de bioloxía de 1º ESO animou ao seu alumnado a levar a cabo un proxecto para amosar o vínculo entre natureza e benestar para a nosa saúde, especialmente a nosa saúde emocional. Cada alumno tivo que gravar un fotograma de cinco segundos de duración relacionado co bosque e acompañalo dun audio no que reflexionou sobre o que os sons da natureza e a fermosura das árbores ou dos regatos lle facían sentir. Cos fotogramas de cada aula, montouse un vídeo. Este é o vídeo realizado por alumnado de 1º ESO B.

14 de xuño de 2021

SANTIAGÜIÑO

Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO. 



Mariscos hai tantos e tan variados que non sempre nos podemos quedar coas ostras e gambas, por moi boas que estean. E o Santiaguiño é un deses animaliños curiosos e moi saborosos que nos trae o mar. De aparencia prehistórica e serena, é pouco coñecido pero sen dúbida un dos máis apreciados e suculentos mariscos do litoral galego.

Este estraño crustáceo de corpo  robusto e aplanado, lémbranos á lagosta, pero moito máis pequeno, entre 7 e 10 cm., e con antenas alargadas en forma de pa. A súa cor é pardo escuro a vermello intenso nos bordos das espiñas da súa cuberta.

As mesmas espiñas dorsais que ao cocelo evidencian a orixe do seu nome, pois móstrannos claramente a Cruz de Santiago.


CADERNOS DE TEATRO 21 IES RIBEIRA DO LOURO



Saímos (A Tecedora de Soños, RadioChivite, EDLG) nas páxinas 18, 19 e 20 dos Cadernos de Teatro do IES Ribeira do Louro. Enorme publicación. Enorme traballo e paixón polo teatro. O responsable dos Cadernos, que leva moitos anos transmitindo, compartindo o seu amor polo teatro, é Delio García, do Dpto de Galego. MOITÍSIMAS GRAZAS.

Podedes velo premendo nesta LIGAZÓN


13 de xuño de 2021

OS PELIQUEIROS SON A FIGURA PRINCIPAL DO ENTOIDO DE LAZA, PERO, POR QUE NON SE VEN MOITAS PELIQUEIRAS?

Este vídeo foi realizado pola alumna de 1º BAC, Noa Sobrino Lamas, para a materia de Literatura Universal.

A continuación, aparece unha reseña, escrita por ela mesma, na que nos comenta o seu proxecto:

Hai anos, as mulleres non adoitaban reflexionar sobre a súa posición, e simplemente adoptaban os papeis que lles impuñan. Así pasaba no Entroido, onde facían e repartían a famosa bica de Laza e colocaban un dos seus panos nas costas dos peliqueiros. Por outra banda, non calquera era quen de por o traxe, pois alquilábanse por horas e era moi caro. Para poder permitirse ese luxo, os homes debían traballar moi duro e aforrar. No caso das mulleres era máis complicado: ou ben non traballaban ou cobraban menos que os homes, polo que era casi imposible que acadaran esa suma de cartos. A medida que se foron facendo máis traxes e o prezo foi baixando, incrementáronse as oportunidades. Hoxe en día a situación non é tan diferente; non se espera das mulleres que saian peliqueiras de pura raza, é común pensar que a medida que vaian crecendo, van perder a paixón polo traxe.

Este poema honra a todas esas peliqueiras que non se deixan cohibir, en especial a Benita Canteira, moi soada en Laza e admirada por todos.

Escrito, nunha lingua fonética e autóctona do Entroido de Laza.


"AS NOVAS", PROXECTO GALARDOADO CO PREMIO "ZAMBURRIDI" DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2021

 

O proxecto "As novas", realizado por Marcos Gómez, Nerea García e Nuño Esteban, alumnado de 1º de bacharelato, no que sintetizan os principais tipos de contaminación aos que nos enfrontamos na Comarca de Verín, foi galardoado co premio "Zamburridi" na  X Edición do Festival de Cine Escolar Olloboi 2021.
Este traballo é en inglés con subtítulos en galego.
O sábado 12 de xuño tivo lugar en Boiro a gala de entrega de premios. Se queredes coñecer máis detalles sobre a cerimonia, premede nesta LIGAZÓN
Parabéns!!!

11 de xuño de 2021

INTERPRETACIÓN EN LINGUAXE DE SIGNOS DA CANCIÓN "FRONTEIRAS" DE GUADI GALEGO, GAÑADORA DO CONCURSO "CANTAMOS CON LAS MANOS" DA FAXPG

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) promoveu o concurso "Cantamos con las Manos" no que o noso foi premiado con este vídeo, que é unha interpretación en linguaxe de signos da canción de Guadi Galego, "Fronteiras".
Parabéns!!!

9 de xuño de 2021

BERRO COLECTIVO A FAVOR DA LIBERDADE FEMININA

Vídeo contra a violencia de xénero realizado polo alumnado de 2º BAC de Literatura Galega do XX e do XXI.

PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO DA ANPA

 

O día 4 de xuño tivo lugar a entrega de premios do concuso de debuxo, organizado pola ANPA do noso centro.
Os gañadores foron:
Primeiro premio, dotado con 70€ para Samuel Añel de 2 de bacharelato B.
Segundo premio para María García de 2 de bacharelato A, que recibiu 50€.
Terceiro premio dotado con 30€ para Sara Xing Moredo de 1º de bacharelato C.
Parabéns aos tres por estas obras cheas de talento e creatividade.
Grazas a Rosa Marina López, representante da ANPA por impulsar este tipo de iniciativas e a Javier Díaz, profesor de debuxo, que se encargou de coordinar esta actividade.

UN POEMA, UNHA PALABRA

O alumnado de 2º BAC de Literatura Galega dos séculos XX e XXI fixo fotos das palabras máis fermosas dos poemas que lles foron asignados pola súa profesora. Que marabilla! Canta creatividade!

GALLETAS XIANAS

 Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A


As galletas artesanais Xianas, que elabora e comercializa a empresa Silvans, reciben este nome por ser tradicionais da parroquia taboadesa de Xián (Lugo) onde se facían desde fai máis de cen anos. Antigamente cocíanse entre dúas pranchas de ferro,  cun mango longo que evitaba que a xente se queimara ao colocalas sobre a cociña de leña.

A receita que empregan , segue sendo a orixinal  e os ingredientes que utilizan na súa elaboración (manteiga de vaca, fariña de trigo, ovos e azucre)  son todos de calidade, como os ovos de galiñas en liberdade ou o azucre, que é integral de cana. Non engaden ningún tipo de conservante, colorante nin aditivo. Manteñen as galletas con sabor a manteiga de toda a vida e incorporaron outros novos coma o de améndoa, o de coco e o de café.

 As Xianas son unhas galletas redondas, de fino grosor, nas que a empresa quixo innovar, gravando nelas dezaoito motivos diferentes que fan referencia a nosa historia, cultura, patrimonio e natureza.


LITERATURA GALEGA "DE CINE"

O alumnado de Literatura Galega do século XX adaptou os carteis de películas, series e videoxogos aos títulos de obras en galego.

5 de xuño de 2021

SAÍDA AO RÍO TÁMEGA DO ALUMNADO DE 1º ESO

 

O luns 31 de maio, o alumnado de 1º ESO realizou unha saída ao río Támega. Esta actividade, enmarcada dentro do Proxecto Ríos, serviu para que  o alumnado coñecese e valorase a importancia do río como ecosistema e os valores naturais da súa contorna. Ademais, o alumnado obtivo unha primeira visión da utilidade da análise dos parámetros físicos, químicos e biolóxicos de cara a determinar a calidade das augas. A saída estivo dirixida por un membro da Asociación Ecoloxista ADEGA.




3 de xuño de 2021

DÍGOCHO EU SOBRE A NATUREZA

Alumnado de 1º ESO do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realizan este Dígocho Eu sobre a natureza, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

OS MUSICAIS EN GALEGO DO CHIVITE


Álex Vaamonde e Carla Blanca, alumnos de 3º ESO do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realizan este vídeo sobre a adaptación do alumnado deste centro de varios musicais de éxito mundial, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

2 de xuño de 2021

A MIÑA ALIMENTACIÓN E A DOS MEUS AVÓS

Inés André e Iria García, alumnas do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realizan este audio sobre a evolución da alimentación ao longo das xeracións, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

DÍGOCHO EU SOBRE O CORPO HUMANO

Aumnado de 1º BAC do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realiza este Dígocho Eu sobre o corpo humano, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

1 de xuño de 2021

ENTREVISTA DE ANA GAGO A SÚA AVOA SOBRE A EVOLUCIÓN DO TELÉFONO

Ana Gago,unha alumna do IES Xesús Taboada Chivite de Verín entrevista a súa avoa para preguntarlle pola evolución do teléfono, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

DÍGOCHO EU "A COCIÑA DE ANA": UN BISCOITO DE CENORIAS

Alumnado de 1º ESO do IES Xesús Taboada Chivite de Verín realiza este Dígocho Eu para aprendernos a facer un biscoito de cenorias, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.