30 de nov. de 2020

UN NOVO PRODUTO CO SELO GALEGO: "A TORTA DO CIGARRÓN".

 
Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO.

 A TORTA DO CIGARRÓN é un doce típico dos días do "Entroido" de Verín (Ourense), con permiso da súa veciña “Bica de Laza”. A súa textura está a medio camiño entre unha bica e unha torta de Santiago, por iso o seu sabor peculiar. Os seus ingredientes principais son as castañas, as améndoas e as noces. A súa receita está celosamente gardada por algunhas pastalarías da vila. Na súa superficie ten debuxado  a carauta do mítico cigarrón da zona, de aí o seu nome . Esta torta comparte protagonismo con todos os postres caseiros que se fan no Entroido, como: leite frita, torradas, orellas, rosquillas, filloas… 

A continuación podedes escoitar o audio:

"QUEIXO O REXO", PRODUTO GALEGO RESPECTUOSO CO MEDIO AMBIENTE

Hoxe inaguramos unha nova sección no blog: "Co selo galego", para dar a coñecer produtos fabricados en Galicia.

A primeira en presentarnos un produto galego respectuoso co medio ambiente é Uxía Pérez Diaz de 1º ESO A, colaboradora do EDLG.


        Nun enclave excepcional á beira do río Arnoia, pacen as ovellas da raza latxa da Queixaría “O Rexo”. Neste profundo bosque do interior de Galicia, no Concello de Allariz , elabórase un dos poucos queixos de leite de ovella sen pasteurizar  producidos en Galicia. Zona cun clima idóneo para o pastoreo desta raza ovina de la basta , orixinarias do País Vasco e Navarra, que coa calidade do pasto diario, a calma que precisan e respectando os tempos de menor producción (onde a actividade se para) conseguen que “O Rexo” sexa un queixo excelente.

Feito a base de leite cru , elabórase con moito agarimo e de xeito totalmente  artesanal. Ao  empregar  leite  sen pasteurizar, as pezas de queixo precisan dun período de maduración por riba dos 90 días , o que lle permite eliminar as bacterias propias do leite  para poder ser consumido coas máximas garantías sanitarias ao tempo que mantén o seu sabor suave. Isto confírelle,  xunto co medio no que se obran, un carácter de seu.

De lixeiro sabor picante , manteigoso, cun resaibo  intenso e persistente, consolidou un lugar propio dentro da gastronomía alaricana e de moitos fogares galegos , que levan a súa mesa un queixo de calidade respectuoso co medio ambiente.

O queixo culmina todo un proceso de apego e coidado da natureza, xa que grazas ao pastoreo do rabaño nos prados , os terreos de “O Rexo” recuperaron o seu aspecto coidado de antano.


27 de nov. de 2020

PREMIADOS NO CONCURSO IMAXES PARA PENSAR, PENSAR EN IMAXES

 

Os premiados no concurso "Imaxes para pensar, pensar en imaxes", organizado polo Departamento de Filosofía, foron: Rubén Álvarez de 1º BAC A, Miguel Quintas de 2º BAC A e Marta Gil de 4º ESO C.

Parabéns!!!

26 de nov. de 2020

ENTREVISTA A ISABEL ALONSO, "FENÓMENA" DO RURAL,SUPERAVOA DE OÍMBRA

 


Entrevista a Isabel Alonso, "fenómena" do rural, superavoa de Oímbra.

Moitísimas grazas por ternos concedido esta entrevista.

Toda unha lección de vida.

24 de nov. de 2020

DESCUBRIUSE O BURATO MÁIS PRÓXIMO AO SISTEMA SOLAR QUE SE PODE VER DESDE A TERRA

 


Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A

    Un equipo de astrónomos do Observatorio Europeo do Sur e outros institutos descubriron un buraco negro "a só" 1.000 anos luz da Terra. O obxecto está máis preto do noso sistema solar que calquera outro do seu tipo localizado ata a data e forma parte dun sistema triple que se pode observar a simple vista.

  Os científicos afirman que este sistema podería ser a punta do iceberg, xa que se poderían atopar moitos buratos negros similares no futuro.

  Situado na constelación de Telescopium, o sistema está tan preto de nós que as súas estrelas poden verse desde o hemisferio sur nunha noite escura e sen nubes sen binoculares nin telescopio.

  O equipo estaba a ver inicialmente un sistema planetario como parte dun estudo sobre estrelas binarias. Non obstante, ao analizar as súas observacións, sorprendéronse ao detectar un terceiro corpo que non se descubrira previamente: un burato negro.



PROGRAMA 5 RADIOCHIVITE

 

Quinto programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense).

Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:

- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Inclúe a canción Penélope, de Joan Manuel Serrat, adaptada ao galego, e interpretada por Paula Gago, acompañada ao teclado por David Rodríguez Rivada.

- As nosas entrevistas:

* David Salgado entrevista a Claudia Cid, xornalista e antiga alumna do Chivite.

* Paula Gago entrevista a Olga Novo, poeta de Vilarmao, na Pobra do Brollón (Lugo), recentemente galardoada co Premio Nacional de Poesía do Ministerio de Cultura.

- Bibliochivite: Maite González e Rebeca Ares actualizan toda a información da nosa biblioteca.

* Libros Vivos: recomendacións literarias de interese. Hoxe a equipa da biblioteca recomenda o ensaio Sapiens de Yuval Noah Harari, e a novela gráfica Subnormal de Fernando Llor e Miguel Porto.


Música orixinal: Ico / Marcos Payno

- "Mariatxis trance", de Joan Garriga i El Mariatxi Galàctic

- "The Odyssey With Choir", de Grégoire Lourme

- "Inspiring Powerful Motivational Trailer", de Colorofmusic

- "Ballad for piano", de Pavel Kraskoff

- "A Moment", de Infraction

LOGO PARA O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Este logo foi deseñado polo alumnado de Plástica do profesor Javier Diaz.

V CONCURSO ESCOLAR DE CREACIÓN ARTÍSTICA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

As mulleres foron e son vitais no mundo da ciencia.
Que descubrimentos científicos fixeron Hipatia de Alejandría, Bárbara McClintock, Rosalind Franklind, Jane Goodald, Jocelyn Bell, Lisa Meitner...?
En que campo da ciencia traballan as seguintes mulleres: Mara Dierssen, Margarita Salas, María Blasco, Sonia Villapol Salgado, Ana Mª Prieto, Nubia Muñoz, Vanesa Valdeiglesias García, Sonia Villapol Salgado, Alicia Estévez Toranzo, Gloria Revilla López...,  que cos seus traballos de investigación contribúen a mellorar as nosas vidas?.
Hai  algunha muller científica na comarca de Verín ? E na túa familia?
Indaga sobre o tema e anímate a participar no concurso sobre "As Mulleres e a Ciencia" organizado pola Universidade de Vigo.
Para consultar as bases, preme na seguinte LIGAZÓN

22 de nov. de 2020

NADAL SOLIDARIO NO CHIVITE

 

Este ano, a recollida de alimentos para Cáritas Verín, levarémola a cabo con algúns cambios para garantir a seguridade.

Co fin de evitar que os produtos estean no centro moito tempo o que podería ser un estorbo para a limpeza, só se poderán traer alimentos e xoguetes os luns de cada semana, e deixarédelos na porta pola que accededes ao centro:

A que está a carón do pavillón, a da zona da mesa de pimpón e a porta principal. Haberá unhas caixas para deixar o que traiades. Cada luns levarase a Cáritas o  recollido no día.

A recollida comezará o luns 30 de novembro e continuará o 14 e o 21 de decembro.

Sexamos xenerosos e fagamos que este Nadal ninguén quede sen poder celebrar.


19 de nov. de 2020

COMPILACIÓN DE NOVAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Neste vídeo xornal aparece unha compilación de novas, traducidas ao galego, sobre violencia de xénero, lidas por Oumaima Fathaallah e Miguel Quintas de 2º BAC. 



POR QUE OS MEXILLÓNS XOGAN UN PAPEL FUNDAMENTAL PARA O ECOSISTEMA E A BIODIVERSIDADE?

 Redacción: Nuria Barreira, 1º ESO A.


Pesticidas, bacterias, restos de medicamentos ou microplásticos. Os mexillóns chúpano todo, filtrando ata 25 litros de auga ao día para alimentarse de fitoplancto.

 Estes organismos posicionáronse durante moito tempo como os "sentinelas" do medio ambiente e utilizáronse como "bioindicadores" do estado de saúde dos mares, lagos ou ríos nos que viven.

Tamén conteñen un alto nivel de nutrientes e vitaminas que o converten nun alimento moi beneficioso para a saúde. O mexillón é un alimento moi beneficioso para as persoas que sofren de anemia, grazas ao seu alto contido en ferro.

 


18 de nov. de 2020

DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA NO CHIVITE


O terceiro xoves de novembro de cada ano celébrase o Día Mundial da Filosofía, que ten como propósito lembrar o gran valor que ten a filosofía para o desenvolvemento da sociedade en xeral, honrando as reflexións filosóficas en todo o mundo. É un día para que a xente comparta os seus pensamentos, explore e discuta abertamente novas ideas e inspire o debate público ou a discusión sobre os desafíos da sociedade.


A filosofía abrangue aquel espazo de asombro do ser humano onde as ideas atopan un novo e cómodo espazo para florecer sen límites. Desta forma, a filosofía abriu a porta a novos conceptos e ideas innovadoras, sentando as bases do pensamento crítico, a independencia e a creatividade en todas as culturas durante moitos séculos.


No IES Xesús Taboada Chivite quixemos celebrar o Día Mundial da Filosofía coa actividade IMAXES PARA PENSAR, PENSAR EN IMAXES, onde se lle pedía ao alumnado que escollese un aforismo dalgún filósofo ou filósofa e o ilustrase cunha imaxe. 

Todas as propostas proxectáronse na pantalla do vestíbulo do noso centro. 

Podedes ver aquí unha Presentación feita con todas elas:


O Departamento de Filosofía decidiu premiar a tres delas cos seguintes premios:



E as escollidas para os premios foron as seguintes imaxes para pensar:








PARABÉNS A TODXS E VIVA A FILOSOFÍA!


17 de nov. de 2020

CANDO TEÑA SESENTA E CATRO ANOS



Alumnado de 2° Bacharelato do IES Taboada Chivite gravou hai anos a canción dos Beatles "When I'm Sixty-four".

Este curso, moitas das actividades organizadas polo EDLG xiran en torno ao paso do tempo, ao envellecemento.
Alumnado de 2° Bacharelato traduciu ao galego a canción gravada hai tempo por rapaces e rapazas que daquela estaban no seu mesmo curso e subtitularon o vídeo.

ATOPAN O MATERIAL MÁIS ANTIGO DO MUNDO

Este curso temos dúas novas colaboradoras no "Fiadeiro da Lingua": Nuria Barreira Cid de 1º ESO A e Martina Dosantos Tierno de 1º ESO B.

Cada semana informarán sobre unha noticia relacionada coa ciencia ou presentarán un produto fabricado en Galicia.

Benvidas!

Hoxe vai comezar Martina, coa seguinte nova:

O po de estrelas atopado ten 700 millóns de anos de antigüidade.

Estes grans de po microcópicos , son máis antigos que o Sol.

Un meteorito masivo e rochoso, golpeou o noso planeta,o 28 de setembro de 1969, cerca de Murchinson( do que toma o seu nome)  ,Australia.

A rocha de condrita C2 de 100 quilogramos, foi analizada por científicos alemáns e despois de casi 50 anos , descubriron  millóns de compostos orgánicos non identificados con anterioridade, que poden pertencer os inicios do sistema solar.






16 de nov. de 2020

"SÓ A CIENCIA NOS RESCATARÁ DA PANDEMIA"


 


Hoxe, día 16 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato, que cursa Anatomía Aplicada, puido asistir á videoconferencia da neurocientífica lucense Sonia Villapol Salgado, investigadora do Texas Medical Center (Houston, EEUU), organizada por Igaciencia en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e na que participaron outros oito centros galegos.

Un bo xeito de conmemorar o XI Día da Ciencia en Galego!

10 de nov. de 2020

ROCÍO SALGADO, ACTRIZ E ANTIGA ALUMNA, GAÑADORA DO MARÍA CASARES.


Rocío, actriz, exalumna do Chivite, entrevistada no último programa de RadioChivite, vén de gañar con Avento Teatro o María Casares.

Moitísimos parabéns a nosa antiga alumna, canto nos alegramos deste merecidísimo premio!!!

8 de nov. de 2020

DOCUMENTAL "ENTRE PASTORES E LOBOS"

 


O filme documental "Entre pastores e lobos" rodado durante cinco anos nos montes de Galicia e dirixido polo biólogo Manuel Pedrosa acaba de presentarse no Suncine Festival.

Ata o día 12 podedes visionalo online premendo na seguinte LIGAZÓN


AUTO DE FE CONTRA MARÍA SOLIÑA REPRESENTADO POR ALUMNADO DE 2º BAC

O alumnado de 2º BAC, que cursa Literatura Galega do Século XX, representou un auto de fe contra María Soliña nas catro aulas de 1º de ESO do noso centro.

Ademais, despois da representación, explicaron coa axuda dunha presentación, que era a "Santa Inquisición", cando apareceu e como procedía.

Moitas grazas por organizar e desenvolver esta actividade cumprindo escrupulosamente o protocolo fronte á COVID-19! 

Podedes ler o guión da representación premendo na seguinte LIGAZÓN

Se queredes acceder á presentación, na que se explica en que consiste un auto de fe, premede na seguinte LIGAZÓN


3 de nov. de 2020

CREATIVAS E SABOROSAS MAQUETAS CELULARES


1.    Membrana plasmática.

2.    Citoplasma

3.    Citoesqueleto

4.    Centrosoma

5.    Ribosoma

6.    Retículo endoplasmático rugoso

7.    Retículo endoplasmático liso

8.    Aparato de Golgi

9.    Lisosoma

10. Vesícula

11.  Mitocondria

12. Núcleo.

Alumnado de 3º ESO e de 1º BAC deseñaron maquetas de células eucariotas animais utilizando alimentos.

Menuda pintaza teñen as mitocondrias, o centrosoma, o núcleo e a membrana plasmática!

Podedes ver o resto das maquetas premendo na seguinte LIGAZÓN

2 de nov. de 2020

IMAXES PARA PENSAR, PENSAR EN IMAXES.

 

"A filosofía ten o poder de cambiar o mundo, pois está

dotada desa capacidade de transformarnos,dando maior

 peso ás nosas indignacións ante a inxustiza (...),máis

 convicción para defender a dignidade humana"

 

Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO


O vindeiro xoves 19 de novembro celébrase o Día Mundial da Filosofía, establecido pola UNESCO, e desde o Departamento de Filosofía do IES Xesús Taboada Chivite, propóñenvos a seguinte actividade para todo o alumnado do noso centro.

 

 

Imaxes para pensar, Pensar en imaxes

 

 

OPCIÓN A

 

Elección dun aforismo, idea, frase, reflexión ou concepto dalgún filósofo ou filósofa (como, por exemplo, os seleccionados máis abaixo).

Posteriormente, débese buscar unha imaxe que ilustre, explique ou aclare o sentido da frase. A imaxe pode ser unha fotografía realizada polo propio alumnado, ou ben buscada a través de Internet, ou un collage ou debuxo, así como banda deseñada ou calquera outro material gráfico que poida ilustrar dita reflexión ou aforismo.

Finalmente, o alumnado debe escribir un breve texto explicativo sobre a imaxe proposta, tratando de relacionala co aforismo escollido.

 

 

OPCIÓN B (Sería o proceso inverso)

 

Elección dunha imaxe (fotografía, debuxo, banda deseñada, collage), asociala a un aforismo ou pequeno texto que reflexione sobre iso, cun breve texto explicativo ao respecto.

 

 

NOTA:

A entrega farase exclusivamente por correo electrónico ao enderezo filosofiachivite@gmail.com, achegando unha fotografía do traballo final, co nome do alumno/a nela. A data tope será o venres 13 de novembro.

Todos os traballos serán proxectados o día 19 na pantalla que está no vestíbulo do noso centro e publicados no Facebook e no blog do departamento de dinamización da lingua galega, o Fiadeiro da Lingua.

 

Esta actividade incluirase como práctica e valorarase como tal nas materias de Filosofía de 4º ESO e 1º de BAC.

Ademais, haberá 3 premios para os traballos máis interesantes.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

 

——————————————

 

EXEMPLOS DE AFORISMOS

 

"Aínda que todas as posibles preguntas da ciencia recibisen resposta, nin sequera rozarían os verdadeiros problemas da nosa vida" (L. Wittgenstein).

 

"Os monos son demasiado bos como para que o ser humano poda descender deles"

(F. Nietzsche).

 

"Vivir sen filosofar é, propiamente, ter os ollos pechados, sen tratar de abrilos xamais"

(R. Descartes).

 

"Os filósofos limitáronse a interpretar o mundo de distintos modos; do que se trata é de transformalo" (K. Marx).

 

"Sapere aude" = "Atrévete a saber" (I. Kant).

 

"Eu son eu e as miñas circunstancias" (J. Ortega y Gasset).

 

"A liberdade está en ser donos da propia vida” (Platón)

 

“Filosófico é o preguntar e poético o achado” (M. Zambrano)

 

“A actividade máis importante que un ser humano pode lograr é aprender para entender, porque entender é ser libre” (B. Spinoza)

 

“O propósito da educación é amosar á xente como aprender por si mesmos. O outro concepto da educación é adoutrinamento” (N. Chomsky)

 

“A filosofía, desde as súas orixes, é algo que non pode funcionar como obediencia ao poder. Apoiar a orde, non criticar o existente, é unha negación da filosofía” (A. Badiou)

 

“O problema da muller sempre foi un problema de homes” (S. de Beauvoir)

 

“A liberdade é algo marabilloso, pero non cando hai que pagar por ela o prezo da soedade” (B. Russell)