29 de abr. de 2022

Temos gañadores e gañadoras do Premio especial do xurado do concurso "Cantamos coas mans" da Federación galega de persoas xordas

👉👉👉 o noso centro!!! 

Déixovos o fermosísimo vídeo que fixeron sobre todo dende o equipo de Orientación e no que colaborou boa parte do profesorado e alumnado. Orgullos@s😁

Concurso Cantamos coas mans 

26 de abr. de 2022

 Aínda non chegou maio pero nos nosos corredores xa campa a exposición de carteis de Florencio Delgado Gurriarán, con ela saberemos máis da vida e obra do autor.



21 de abr. de 2022

 Porque un libro é sempre un bo plan, dende BiblioChivite e o Equipo de Dinamización, aliámonos para celebrar un ano máis o Día do libro, e ímosvolo adiantando. Aguí vos deixamos a grande produción interpretada polo alumnado de 2ºESO A, B e C.


 

19 de abr. de 2022

 Montastes a vosa horta?

Podedes seguir os consellos que nos dá o avó de David Regueiro de 2ªESO B

Unha horta para autoconsumo

8 de abr. de 2022

 Marchamos xa de vacacións e non sen antes deixarvos os traballos do alumnado de 1º e 2ºESO con Inés Rdg. onde nos detallan como ir facendo a nosa horta, así que xa sabedes, en Semana Santa, a sachar!




5 de abr. de 2022

Programa de febreiro de Radio Chivite 

Temos na Rede o novo programa de Radio Chivite, cargadiño de novas! Seguen co apartado "Novas chivitianas", Bibliochivite, Mulleres singulares de Verín, o blos Os sons do silencio ou unha entrevista ás compoñentes da Banda da loba, animádevos a escoitalo!