21 de dec. de 2023

 Ata o ano vindeiro, deixamos o noso centro engalanado!






Nadal

 E xa nos imos despedindo cunha visita que fixo hoxe o alumnado, acompañado polas profesoras á Residencia de maiores, o Centro de Día e o centro de persoas con diversidade funcional. Alí estiveron para lles levar as postais que fixeran e mesmo cantarlle unhas panxoliñas





Nadal

 

Ata un vilancico fixeron dende literatura galega do Séc.XX, con baile incluído!
 
 

20 de dec. de 2023






 O alumnado de 2ª ESO do IES Xesús Taboada Chivite visitou as dependencias do Concello de Verín o día de hoxe para levar as súas peticións formais. Despois de facermos uns proxectos na clase, onde o alumnado traballou distintos temas como: as opcións de lecer en Verín, a caída demográfica, as ofertas de emprego, o nivel de vida e a renda per cápita; sacáronse unha serie de conclusións e con elas elaboráronse peticións que hoxe foron entregadas no rexistro municipal. Agradecemos a colaboración do Concello, en concreto da concelleira de cultura, Samanta, quen nos recibiu amablemente e nos guiou durante toda a visita, explicándonos as distintas dependencias e funcións das persoas que alí traballan.



18 de dec. de 2023

Nadal

 Mañá temos unha visita á Residencia dos nosos maiores en Verín para lles cantar unhas panxoliñas e levarlles unhas postais de Nadal!



14 de dec. de 2023

Os mitos na lingua.Hoxe tivemos a oportunidade de nos achegar e de desmontar, coa axuda de Xulio Sousa da Univ de Santiago, moitos dos prexuízos que pesan sobre as linguas en xeral e o galego en particular.






13 de dec. de 2023

Nadal

 Aínda nos quedan días para traballar o léxico co calendario de Advento! E temos o Apalpador xa campando polo centro 




12 de dec. de 2023

Nadal

 Aínda nos queda moito Nadal por celebrar, e xa temos o concurso das postais de Nadal exposto.



1 de dec. de 2023

Nadal

 Todo en marcha para celebrarmos o Nadal:

Calendario de Advento en lingua de signos, calendario de advento con vocabulario en galego e recollida de alimentos co Nadal solidario, xa só nos queda o Apalpador que está a chegar!