Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
30 de xuño de 2021
"O LOBO DA XENTE", VICENTE RISCO
28 de xuño de 2021
ATOPA SAÚDE NOS BOSQUES GALEGOS
21 de xuño de 2021
BUSCANDO A PAZ NOS NOSOS BOSQUES
5 de xuño de 2021
SAÍDA AO RÍO TÁMEGA DO ALUMNADO DE 1º ESO
3 de xuño de 2021
DÍGOCHO EU SOBRE A NATUREZA
30 de maio de 2021
APROVEITAMENTO FORESTAL: PRESENTE E PASADO.
O
alumnado de 4º ESO, que cursa Bioloxía e Xeoloxía, gravou audios en grupos de
tres, dentro do programa 21 Días co Galego e + da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, comparando os recursos que obtiñan do monte os nosos avós, cos que
aproveitamos nós. A agricultura e a gandaría tradicionais estaban
interconectadas e en equilibrio co monte.O monte reportaba máis beneficios e a
súa explotación era máis sostible.
INCENDIOS NA COMARCA: CAUSAS, CONSECUENCIAS E SOLUCIÓNS
28 de maio de 2021
ALUMNADO DE 2º BAC PUXO EN VALOR O MONTE COA TÉCNICA "ELEVATOR PICH"
Os alumnos e as alumnas de 2º BAC, que cursan "Imaxe e Son", realizaron catro vídeos empregando a técnica publicitaria "Elevator Pitch" para por en valor o monte galego (o seu patrimonio, a súa riqueza, a súa conservación, a flora, a fauna, os seus produtos, a vida no rural, as nosas aldeas, etc.),
Podedes velos premendo nas seguintes ligazóns:
25 de maio de 2021
"OS CONTAMINANTES QUE NOS RODEAN", PROXECTO FINALISTA DE OLLOBOI 2021.
23 de maio de 2021
CASTAÑAS NAICIÑA
Redacción e audio: Uxía Pérez, 1º ESO.
Realizan os seus produtos con castañas que proveñen directamente dos soutos galegos e son coidadosamente seleccionadas para garantir a súa calidade e as súas características naturais. Empregan maquinaria de última tecnoloxía pero sempre respectando as fórmulas, métodos e calidade tradicionais, sen introducir colorantes, nin conservantes artificiais nos seus produtos. A empresa comercializa desde castañas secas ata purés, cremas ou fariña deste produto.Nestes anos, “Castañas Naiciña, prosperou ata situarse nos primeiros postos do mercado internacional do sector e na actualidade está presente en toda Europa, EE.UU, Latinoamérica , Xapón e Oriente Medio.
17 de maio de 2021
COPLAS EN DEFENSA DA LIMPEZA E COIDADO DO MONTE
Somos os nenos do Chivite
e vimos cantar os Maios
xa é o tempo, son os Maios
e deste xeito comezamos
Nos montes de Verín
hai moito lixo no chan
e se os montes queremos coidar
o lixo non debemos tirar.
Se no monte ves un toxo
estás no alto do Foxo
e se tiras unha máscara ao chan
has de recollela por porcallán.
O noso monte aposto
temos que coidar
e para velo fermosos sempre
non o debemos estragar
Nos arredores de Verín
un monte tes que ver sen fin
o monte tes que coidar
sen máscaras debe quedar
Vexo as árbores moverse
nos montes da Galiza
vexo as flores belas
que son as súas acuarelas
Desexamos no Chivite
coidar o noso bosque
rimamos polo monte
1 de maio de 2021
ACEITE EMBRUXO
Redacción e audio: Uxía Díaz Pérez
Embruxo é unha empresa galega,
que nace en Pontevedra, co obxectivo de recuperar a tradición oliveira de
Galicia, crear valor e riqueza nos nosos campos e atopar alternativas ao mundo
rural.
Con este fin, elaboran un
aceite fresco e natural, de extracción en frío e sen filtrar, que a diferenza doutros
aceites do mercado non se mestura con auga, polo que permanecen inalterables
tódalas súas cualidades nutricionais, ao mesmo tempo que conserva todo o sabor e aroma.
En Aceites Embruxo implícanse
en todo o proceso de produción, razón pola que teñen en marcha, diferentes
proxectos de plantación de oliveiras en distintas zonas de Galicia, tentando
diversificar o aproveitamento forestal e xerar emprego e actividade económica
no sector primario.
O seu sabor lémbranos a herba,
a froita fresca cun toque de améndoa que o fai único e que non ten acidez nin
amargura.
O
aceite Embruxo é o zume máis auténtico que se pode atopar e co maior número de
polifenoles e vitamina E. Un produto que seduce, inspira e enmeiga a todos
aqueles que o proban.
25 de abr. de 2021
DÍGOCHOEU SOBRE O MONTE!
COMO PRODUCEN O MEL AS ABELLAS?
As abellas comezan a facer mel visitando flores. Recollen
un mollo azucrado chamado néctar da flor
ao chupalo coa lingua. Almacénano no que se chama o seu estómago de mel, que é
diferente do seu estómago de comida.
De novo pásase de abella a abella, ata que gradualmente
o néctar convértese en mel. Daquela as
abellas almacénano en celas de panal.
Cando estes insectos
regurxitan o néctar, crean mel.
O mel aínda está un pouco húmido, polo que o ventilan
coas súas ás para que se seque e se volva máis pegañento.
Así é como as abellas fan mel. Necesítanse polo menos
oito abellas para facer unha cullerada.
24 de abr. de 2021
CONVERSAS NO WHATSAPP SOBRE O MONTE VIVO
A profesora de Bioloxía e Xeoloxía propúxolle ao alumnado de 4º ESO B que crease grupos de WhatsApp relacionados co monte.
En cada grupo debía haber un administrador e tiñan que debater sobre un tema relacionado co monte e posteriormente gravar un vídeo, que incluíse a conversa.
A continuación aparecen dous vídeos coas gravacións de dúas conversas: unha sobre os incendios e outra dunha especie en perigo de extinción, a pita de monte (Tetrao urogallus).
20 de abr. de 2021
QUE FACER SE TE MORDE UNHA SERPE?
Redacción e audio: Ana Gago Prieto, 1º ESO B.
Primeiro, tes que chamar
rápido ao 911, 061 ou 112, xa que teñen o equipo necesario para curarte.
Mentres esperas a que chegue a axuda médica, segue os seguintes pasos:
- Alónxate da serpe o
máximo posible.
- Estate quedo e intenta
manter a calma, así non se propagará tan rápido o veleno.
- Quita as xoias e a roupa
axustada que leves, antes de que o teu corpo comece a incharse.
- Coloca, se é posible, a
ferida á altura do corazón ou por debaixo.
- Limpa a ferida con auga
e xabón e despois colócalle un apósito limpo e seco.
Precaucións que son moi
útiles:
- Non uses torniquetes nin
apliques xeo, pode ser prexudicial para a ferida.
- Non fagas cortes na
ferida nin intentes extraer ti só o veleno, pode facer que te produzas máis
dano.
- Non tomes cafeína nin
alcohol, iso podería acelerar o proceso de absorción do veleno.
- Non trates de capturar a
serpe. Memoriza a cor e a forma para podela describir; isto axudará ao equipo
médico para saber que antídoto teñen que aplicarche. Se xa chamaches a
emerxencias, como dixemos ao principio, e tes a posibilidade de sacarlle unha
foto a serpe, sácalla, para que sexa máis fácil identificala á hora de curarte,
pero sempre a unha distancia prudente.
18 de abr. de 2021
A LINGUAXE NATURAL DAS ARAÑAS
Redacción e audio: Diana Calvo Gallego, 1º ESO A.
Investigadores do Instituto de Tecnoloxía de
Massachusetts (MIT) lograron desentrañar a linguaxe sonora das arañas,
desenvolvendo composicións musicais a partir das vibracións xeradas polas teas
de araña. Segundo os especialistas, o estudo podería sentar as bases para un
novo método de comunicación entre especies, entre outras aplicacións.
As teas de araña son como cordas vibrantes:
as arañas necesítanas para comunicarse e entender o mundo que as rodea. Ao non
dispoñer dunha visión moi precisa, utilizan esas vibracións para establecer
diálogos con outras arañas, levar adiante o cortexo ou decatarse cando unha
mosca caeu nas súas redes. As cordas que compoñen as teas de araña xeran vibracións
con diversas frecuencias e sons.
28 de feb. de 2021
PLANTANDO CARA AO LUME
CONSERVAS AMORODO
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
Situada no pobo pontevedrés de Soutelo de Montes (Forcarei), Amorodo é unha pequena empresa que se adica á elaboración de conservas vexetais ecolóxicas. Os seus provedores proceden doutras partes de Galicia , así como do norte de Portugal , xa que está nunha zona principalmente gandeira.
A súa produción vai parella ás tempadas de cada produto. Así, en inverno elaboran marmeladas de kiwi ou laranxa, de xaneiro a marzo envasan grelos e no verán producen conservas de xudías , marmeladas de melocotón, peras con albariño ou salsas de tomate. O produto que empregan é fresco, procedente de excedentes , o que non implica que sexa de peor calidade, senón que é o que os produtores non conseguiron vender.
As conservas son elaboradas no momento que
chegan ás súas instalacións a materia prima, conseguindo dese xeito que se
conserven todas as súas propiedades. Os restos que non utilizan, emprégano como
compost natural ou alimento para o gando.
20 de feb. de 2021
XAMÓN CERCEL
Redacción e audio: Uxía Pérez Díaz, 1º ESO A.
O xamón Cercel provén de
porcos de campo, 100% pura raza celta, autóctona de Galicia, que son criados en liberdade nos soutos
galegos, e que se alimentan de xeito natural a base de castañas, belotas
e pasto do monte.
Desde a localidade lucense de
Sarria, iniciouse no 2003, por parte desta empresa, un proxecto para a
recuperación e mantemento desta raza en Galicia, ca que se acadan produtos de altísima calidade.
A súa carne é de cor
avermellada cunha infiltración media, e son sacrificados despois dun ano de
vida e curados de 24 a 30 meses. As súas
características organolépticas lévannos aos sabores de antano, aromas a
tradición, a adega e a sabores afinados
polas castañas. É un xamón untuoso e cun gusto posterior longo e nada amargo, o
que o convirte nun verdadeiro pracer para os padais máis exquisitos.
Debido
á raza e ao sistema de cría en liberdade, o xamón de porco celta de campo
contén un gran valor nutricional en ácidos graxos insaturados e ácido oleico, o
que o fai moi recomendable para unha dieta equilibrada.











