20 de dec. de 2024

Nadal

 Despois destas semanas intensas de final de avaliación e de anticipo do Nadal, deixámosvos cun recompilatorio das postais de Nadal, das portas engalanadas de Nadal e das panxoliñas cantadas no Fogar Sta Mariña,e desexámosvos unhas boas Festas!


19 de dec. de 2024

Nadal

 Seguimos coa celebración do Nadal e xa temos rematado o noso recuncho do Apalpador cos Cantos de Reis da nosa zona que nos pasou Ramón de Candaira e coas postais de Nadal deste ano.




18 de dec. de 2024

Nadal felicitacións

 Hoxe saíron para a Residencia da terceira idade de Porqueira as postais de Nadal do alumnado de 2ESO A, de seguro levantaron máis dun sorriso entre os nosos maiores 




15 de dec. de 2024

Musical

 Xa temos o coro do Chivite ensaiando unha das cancións que estarán no musical deste ano: When you wish upon a star, Se un desexo pides ti de Pinocho.



13 de dec. de 2024

 Seguimos ensinándovos os traballos do alumnado de 1ºBAC, neste caso para sabermos máis sobre a historia da Banda Deseñada en Galicia de Martina, Noa, Iván e Víctor de 1ºBAC B.














9 de dec. de 2024

Nadal

 Agora si temos listo o noso Apalpador para repartir unhas castañas no Nadal, cos Cantos de Reis que iremos completando estas semanas.



6 de dec. de 2024

A violencia de xénero na novela negra

Dixemos que continuaríamos sempre descartando a violencia de xénero e concienciándonos sobre a igualdade e o feminismo, e seguimos aplicándoo óas nosos traballos, neste caso, unha análise da violencia de xénero e os estereotipos de xénero na novela negra, do noso alumnado de 1ºBAC A.

4 de dec. de 2024

Nadal

Deixamos atrás o 25N como celebración,pero non nas nosas conciencias, e comezamos a nos preparar para o Nadal, poñendo o nao recuncho coma todos os anos.

28 de nov. de 2024

Radio Chivite

Xa mandastes un son para adiviñar na Radio? Pois apurade que remata o prazo do concurso ATINA CO SON a semana vindeira!

26 de nov. de 2024

25N

Seguimos concienciándonos contra a violencia de xénero co noso tendedeiro onde durante toda a semana iremos expoñendo as diferentes agresións ás que nos vemos sometidas as mulleres pola nosa condición e onde tamén temos espazo para que os mozos escriban o modelo de home que teñen que ser e cal lles gustaría seguir.

25 de nov. de 2024

25N

Seguimos coas actividades do Día contra a Violencia de xénero, neste caso vennos dende o departamento de orientación.

20 de nov. de 2024

25N

Comezamos coas actividades do 25N, Día contra a violencia de xénero,
repasando o Cancioneiro e as cantigas que nos serven como exemplo.

14 de nov. de 2024

Concurso Samaín

Acabamos de entregar os premios do Concurso de Receitas de Samaín na categoría de 1 e 2 da ESO e na de 3 e 4, aí tedes algúns dos gañadores: Torta de cerebro, Caveiras de chocolate ou Fajitas recheas e Galletas Skeletor, xa poden ir desfrutando dos seus vales de consumicións na cafetería!

11 de nov. de 2024

Magosto

Imos estendendo o Magosto e desta tocoulle ós cursos que participan do TEI:1 e 3 da ESO, chocolate, castañas asadas e xogos.

10 de nov. de 2024

6 de nov. de 2024

Proxecto: O baile tradicional

Dentro do noso proxecto do Baile tradicional hoxe demos a coñecer a orixe do noso traxe tradicional, os tipos de traxe e as súas partes ó alumnado de 1ESO.

4 de nov. de 2024

Samaín

Seguimos na semana do Samaín e aínda nos queda por resolver quen é o gañador ou gañadora do Concurso de receitas, esta semana saberémolo!

30 de out. de 2024

Samaín

Comezamos coa celebración do Samaín cun vídeo de debuxos animados que nos preparou o noso compañeiro de E.Plástica e Visual cos debuxos do alumnado de 1ESO

24 de out. de 2024

Día das bibliotecas

Hoxe celebramos tamén o Día das bibliotecas, lembrando todo o que na nosa biblioteca podemos facer.

Samaín

Comezamos o tempo do Samaín coa convocatoria dun concurso de receitas con produtos de outono, anímate a participar!

18 de out. de 2024

A música tradicional

Rematamos a semana visitando a Biblioteca Municipal de Verín para consultarmos dous Cancioneiros populares, o de Dorothé Schubart e Antón Santamarina e máis o Cancioneiro de Laza, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, grazas á axuda de Aurora e Vicente que xestionan tan ben a Biblioteca.

15 de out. de 2024

Proxecto O baile: o traxe tradicional

Hoxe tivemos a sorte de escoitar a Mercedes Veites de Lumecú, costureira que veu a nos explicar as partes dontraxe tradicional galego, os tipos de traxe e a súa orixe así como a relación coa nosa identidade.