18 de maio de 2012

XORNADA DE XOGOS POPULARES

O 9 de maio realizouse no IES "Xesús Taboada Chivite" unha xornada de Xogos Populares. Esta actividade levouse a cabo coa  colaboración do Centro de Cultura Popular e dos Departamentos de E.Física e do E.D.L.G. O alumnado participante foron de 1º da ESO e os xogos que se  fixeron foron  "A Porca" e o "Pino".



                                                                  Enlace para ver fotografías.
F



eE







1 de maio de 2012

DOCUMENTAL "BRASIL SOMOS NÓS"



O  vindeiro 3 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO poderá participar  na proxección da longametraxe documental protagonizada polo músico Carlos Núñez, nin dicir ten que é un dos mellores documentais galegos que se teñen feito.
A Historia narra a procura do bisavó de Carlos Núñez no Brasil, onde emigrara e onde parece ser que foi asasinado.
O documental investiga os nexos musicais que existen entre Galicia, Brasil e Irlanda.



VISITA DE ESTEVO CREUS

O pasado xoves 19 de abril, o poeta Creus Andrade, autor dos dous poemarios (Poemas da cidade oculta e O libro dos cans) visitou o noso IES da man do club de lectura A árbore vermella.
Este club traballou arreo todo o curso sobre os poemas deste autor. A  experiencia resultou espectacular, dende, por suposto a visita do poeta pasando polo  poema que aganchou polas paredes do instituto  ata aula de plástica onde se atopaba unha impresionante casa do mesmo tamaño que a que nos amosa Estevo Creus no Libro dos cans.
PARABÉNS AOS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA!!!
                                              Visita Estevo Creus

13 de abr. de 2012

VISITA DE ESTEVO CREUS ANDRADE

O vindeiro xoves, 19  de abril  ás 16,30 no Club de Lectura "A Árbore Vermella" o poeta  Estevo Creus acudirá ao noso IES para compartir con tod@s os que o desexedes algúns dos seus poemas.
¡Estades tod@s invitados!

 Ver o seguinte enlace  :club de lectura "A árbore vermella"

28 de mar. de 2012

"RUTAS DA AUGA , CAMIÑOS DE VIDA"

O alumnado de 1º da ESO , acompañados polos seus profes: Javier, Marita, Elisa, Rosa e Carmen, foron hoxe día 28 de marzo, a visitar o Balneario de Cabreiroá para coñecer e valorar a riqueza do seu entorno xa que Verín é moi importante pola calidade das súas augas, así como polos numerosos balnearios e fontes que posúe.

                                            BALNEARIO DE CABREIROÁ









  


27 de mar. de 2012

CONFERENCIA DE ANTROPOLOXÍA

Hoxe, 27 de marzo ás 9.40 o alumnado de 4º A da ESO e 1º Bacharelato A asistiron a unha conferencia do Antropólogo Forense  Fernando Serrulla Rech sobre  Antropoloxía Forense.
A conferencia estivo estruturada en dúas partes: 1ª EXPOSICIÓN EN POWER POINT sobre:
O traballo dun antropólogo forense.
  1. O levantamento do cadáver en Antropoloxía Forense.
  2. Técnicas de Identificación Humana.
  3.  Causas de morte. 
  4. O caso de Cova Arcoia.

 2ª .-PARTE PRACTICA: Exame de dous esqueletos atopados  en Cova Arcoia de 14 y  25 años de idade que faleceron por causas violentas.

Esta actividade foi realizada polos compañeir@s do Seminario de Ciencias Naturais e coordinada polo EDLG.
Grazas  compañeir@s por facer posible que os noso alumnado poda participar nesta actividade tan interesante.
E  por suposto moitísimas grazas a Fernando pola súa inestimable, maxistral e desinteresada  colaboración, unha vez máis.












16 de mar. de 2012

GRANDES MULLERES DA HISTORIA


 



O pasado día 12 de marzo varias alumnas do IES Ribeira do Louro (Porriño) dirixidas pola súa profesora Virxinia Calviño visitaron as aulas do noso IES representando monólogos teatrais de mulleres célebres.
Foi esta unha actividade realizada en colaboración co Club de Lectura e coa Biblioteca  para conmemorar o día da Muller Traballadora. Tamén fixemos un mural cos nomes de mulleres importantes e de mulleres traballadoras do noso Instituto: profesoras, persoal subalterno, persoal da limpeza, cafetería etc....