24 de xuño de 2012

OBRA DE TEATRO FIN DE CURSO

O día 21 o alumnado do grupo de teatro do IES, dirixido pola súa profesora Elisa Vilela Pardo, membro do EDLG, representou a obra "O Reino de Verín".
resultou ser unha peza teatral maxistralmente representada polo alumnado e sobre todo foi moi interesante por estar ambientada en Verín e comarca. Permitiunos volver a época dos romanos con personaxes como a Raíña Lupa, os centurións, a pitonisa etc,



 FOTOGRAFÍAS DA OBRA "O REINO DE VERÍN".

E dende este blog, queremos desexarvos a todos unhas felices vacacións e moitos parabéns   para os alumnos e alumnas que aprobaron todo.



FELICES VACACIÓNS !!!








18 de maio de 2012

PREMIOS LITERARIOS

O 17  de maio, día das Letras Galegas, tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Verín, a entrega dos premios literarios correspondentes aos Certames de Poesía "Xosé Carlos Caneiro" e de  Relato Curto "Antonio Fernández Pérez".
Acadaron o 1º premio as seguintes alumnas:
  • Mercedes Castro Cid, de 2º da  ESO polo .poema "Eu".
  • Marta Cid Nieto, de 2º da ESO polo relato "A certeza dun soño".
  • Lucía Díaz Nicolino, de 3º da ESO polo relato "Tráfico de emocións".

Fotografías  realizadas por Javier Rodríguez.



Ademais tamén obtivo o 3º premio   Ana María Añel Prieto  de 3º ESO.
Resultaron finalistas  os seguintes alumn@s:
  •  Joseba Delgado Parada.......... 2º ESO.
  • Noa Pérez Núñez.................... 1º ESO.
  • Sabela Domínguez Souto......... 2º ESO.
  • María Romero Rodríguez......... 2º ESO.
  • Esther Estévez Casado............. 3º ESO.
  • Victoria Pérez Gascón.............. 4º ESO.
PARABÉNS!

















XORNADA DE XOGOS POPULARES

O 9 de maio realizouse no IES "Xesús Taboada Chivite" unha xornada de Xogos Populares. Esta actividade levouse a cabo coa  colaboración do Centro de Cultura Popular e dos Departamentos de E.Física e do E.D.L.G. O alumnado participante foron de 1º da ESO e os xogos que se  fixeron foron  "A Porca" e o "Pino".



                                                                  Enlace para ver fotografías.
F



eE







1 de maio de 2012

DOCUMENTAL "BRASIL SOMOS NÓS"



O  vindeiro 3 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO poderá participar  na proxección da longametraxe documental protagonizada polo músico Carlos Núñez, nin dicir ten que é un dos mellores documentais galegos que se teñen feito.
A Historia narra a procura do bisavó de Carlos Núñez no Brasil, onde emigrara e onde parece ser que foi asasinado.
O documental investiga os nexos musicais que existen entre Galicia, Brasil e Irlanda.



VISITA DE ESTEVO CREUS

O pasado xoves 19 de abril, o poeta Creus Andrade, autor dos dous poemarios (Poemas da cidade oculta e O libro dos cans) visitou o noso IES da man do club de lectura A árbore vermella.
Este club traballou arreo todo o curso sobre os poemas deste autor. A  experiencia resultou espectacular, dende, por suposto a visita do poeta pasando polo  poema que aganchou polas paredes do instituto  ata aula de plástica onde se atopaba unha impresionante casa do mesmo tamaño que a que nos amosa Estevo Creus no Libro dos cans.
PARABÉNS AOS MEMBROS DO CLUB DE LECTURA!!!
                                              Visita Estevo Creus

13 de abr. de 2012

VISITA DE ESTEVO CREUS ANDRADE

O vindeiro xoves, 19  de abril  ás 16,30 no Club de Lectura "A Árbore Vermella" o poeta  Estevo Creus acudirá ao noso IES para compartir con tod@s os que o desexedes algúns dos seus poemas.
¡Estades tod@s invitados!

 Ver o seguinte enlace  :club de lectura "A árbore vermella"