Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
17 de nov. de 2014
KUMBARIKIRA
Os nenos de Santa Rita de Castilla, capital da zona de Parinari, no distrito de Loreto, en Perú, piden ó presidente do seu país que non se siga a contaminar o seu río, o Marañón, que sofre verquidos de petróleo de compañías que operan a carón del e estragan o medio ambiente nesa zona da amazonía peruana.
Este é o enlace ó blog Santa Rita de Castilla, onde se fala do verquido de petróleo nese territorio, onde vive o grupo indígena Kukama:
Este grupo indíxena ten como lingua propia o Kukama, una lingua con cada vez menos falantes. O uso do kukama, para que non se perda, é reivindicado neste vídeo:
Queremos achegarmos ós nenos e nenas kukama e apoialos nas súas loitas (medioambiental e lingüística) Por iso imos gravar un vídeo no que, como eles, rapeamos na nosa lingua propia e ademais cantamos o estribillo en Kukama que eles empregan na súa canción (Kumbarikira). Isabel Cota está a coordinar a actividade.
Participa alumnado de 1º, 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato.
A continuación podedes ler información que nos mandan dende Perú;
A ESCOLA IKUARI: PARA A RECOPILACION DE MEMORIAS E A ENSINANZA DA LINGUA KUKAMA.
Se é difícil establecer o número de persoas kukama, o grao de dificultade non diminúe ó tratar de saber cantas persoas falan kukama. Por ser un idioma minoritario en Perú e por pertencer a un grupo indíxena ten que enfrentar o estigma da discriminación. Por iso segue a ser no extenso territorio da amazonía un idioma falado en segredo, situación que a proposta comunicacional de Radio UCAMARA dende a Escola IKUARI e o Colexio Nuestra Señora de Loreto intenta axudar a superar principalmente no Distrito de Nauta. Nos últimos anos houbo unha revalorización importante e xa existen algúns colectivos que non teñen medo nin vergoña de falalo en público. Gran parte da memoria dos nosos pobos recupérase coa visibilización da lingua. A viabilidade do kukama dependerá en grande medida de se as novas xeracións se interesan por el.
A escola IKUARI abriuse en agosto de 2012. Realiza as súas actividades de ensino da lingua Kukama en dúas modalidades: canto e narración. As persoas que ensinan nesta escola non convencional son os propios falantes de kuakama, que tamén participan na radio con dous programas exclusivamente en lingua Kukama “Kukamakana katupi” (Os Kukama aparecen). Neles recóllense memorias sobre a vida dos Kukama que despois son empregadas nas clases. Produto desta experiencia é o vídeoclip KUMBARIKIRA (con forte impacto a nivel nacional) e o que estamos a lanzar, UPUPURIKA.
16 de nov. de 2014
RÚA CARBÓN DE MARILA ALEIXANDRE
Esta historia trata sobre ETA e xa que non é un tema habitual en libros pareceume interesante lelo.
Rúa Carbón conta como Paula, no verán que pasa coas súas avoas e grazas ao apoio de Martín e do diario da súa nai, vai descubrindo como morreu de verdade seu pai e a verdadeira imaxe deste, enfrontándose a cousas que antes apenas se atrevera a mencionar.
É un libro bastante interesante por cómo se relaciona a historia dos país de Paula coa de Martín e Paula.
Os personaxes que máis me gustaron foron Paula e a súa nai, ambas pola súa fortaleza, en casos distintos pero sempre polo mesmo tema.
Quizais o personaxe que menos me gustase fora Martín, polo feito de mentirlle a Paula nunha cousa que el mesmo sabía que lle facía dano.
Saioa Zozaya de 3 ESO C
15 de nov. de 2014
MUTACIÓNS XENÉTICAS DE FINA CASALDERREY
O protagonista deste libro chámase Hadrián, un neno que vive en Cambridge, e ten que ir pasar un mes co seu avó, un científico moi extraño que leva vinte anos escondido. O seu avó esta traballando nun proxecto que pode cambiar o mundo e Hadrián axudaralle a que se faga realidade o soño que quere levar a cabo o seu avó, acabar coas desigualdades no mundo.
A min este libro gustoume moito. O que máis me gustou foi a evolución persoal de Hadrián, porque ó principio viámolo coma un neno caprichoso que non quere ir onda o seu avó, pero o longo do libro vai collendo moita forza e adquire unha personalidade propia dun adulto, e comeza a querer o seu avó, que é unha das cousas máis importantes para min.
Recomendo este libro a todas as persoas. Paréceme que as mutacións xenéticas é un tema pouco empregado na literatura e que merece a pena ler este libro para enterarse un pouco máis de que vai a cousa e pasar un tempo divertido mentras gozas da lectura.
Iria Vázquez Arcos 3º ESO C
14 de nov. de 2014
ACTIVIDADES DO CLUBE DE LECTURA
En coordinación cos Poemas do Río de Cristina Corral Soilán os nosos alumnos e alumnas a escribiron os seus e descubriron poetisas galegas (como ocorre na obra teatral de Cristina Corral). Leron os poemas creados por Noa, de 4º ESO e os de Cristina, Laura, Omaima, Rimsha, Nohaila, Ashley e Ana María (quen tamén compartiu conosco poemas en romanés), todas elas de 1º ESO.
Ademais Román e Cristina Salgado seleccionaron os seus poemas favoritos do último libro de Carlos Negro, Penúltimas tendencias, que fala da dignidade das mulleres e fai unha crítica dos valores que transmite a sociedade.
Ademais Román e Cristina Salgado seleccionaron os seus poemas favoritos do último libro de Carlos Negro, Penúltimas tendencias, que fala da dignidade das mulleres e fai unha crítica dos valores que transmite a sociedade.
13 de nov. de 2014
LETRAS DO MUSICAL MAMMA MIA EN GALEGO!!!
David Rodríguez e Isabel Cota fixeron un enorme traballo traducindo do inglés esta selección de cancións. Ademáis Hortensia Arcos revisounas e correxiunas. Moitas grazas a todos pola vosa enorme labor normalizadora da nosa lingua.
12 de nov. de 2014
"O PAZO BALEIRO" E " O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORAM" POR NOEMÍ DANTA
"O Pazo Baleiro", conta a aventura de catro rapaces e o tío dun deles que comeza coas vacacións de Nadal en Eiravella, a súa vila. Atopan unhas cartas que os levan a resolver un antigo misterio do pazo da vila, e alí dentro sucederán moitas cousas sorprendentes.
A miña opinión sobre o libro é negativa, porque non me gustou, fíxoseme moi aburrido e moi pesado.
Recoméndollo á xente que lle guste o misterio e as aventuras.
O libro " O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORAM" trata sobre a vida dun neno de 11 anos chamado Momo, que foi abandoado pola sua nai nada mais nacer.Momo , criouse practicamente só, porque seu pai non lle prestaba moita atención. Un día coñeceu ao señor Ibrahim co que entablaría unha amizade.
Máis adiante seu pai abandonao e sucidase, a partir de ahí a sua amizade con Ibrahim creceu moito,ata o punto de que chegou a ser seu pai.
E ahí comezaría a aventura.
A miña opinión é positiva xa que este libro gustoume moito, o final é moi bonito e o principio, da unha idea totalmente contraria ao tema do libro.
Recomendolle este libro as persoas que non lles guste leer porque creo que lles faría cambiar de opinión.
Noemí Danta Diz de 3º ESO B
11 de nov. de 2014
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DE INGLÉS EN LEKAROZ (NAVARRA)
O día 12 de
outubro saímos de Verín un grupo de 25 alumnos e alumnas de 2º da E.S.O. e dúas
profesoras (Maite e Nuria) con destino a Lekaroz (Navarra), grazas a unha
subvención do Ministerio de Educación e Ciencia. Para a obtención da mesma as
profesoras acompañantes tivemos que presentar un proxecto didáctico relacionado
co tema “English around the world”.
O noso
proxecto foi cualificado coa terceira mellor nota de Galicia co que finalmente
fomos seleccionados para participar no proxecto de inmersión lingüística en
inglés.
Os días que
pasamos no Campamento de Inglés foron compartidos con outro grupo tamén de
alumnos de 2º da E.S.O. que viñan de Lleida. A convivencia foi moi interesante por parte de alumnos e profesoras. O
comportamento dos nosos rapaces foi altamente satisfactorio e a súa
participación no desenvolvemento das actividades diarias exemplar.
As actividades foron coordinadas por
sete profesores nativos que falaban constantemente en inglés ós nosos alumnos.
O primeiro día observamos as dificultades dos nosos alumnos para comunicarse ,
pero ao longo da semana puidemos comprobar a mellora que se ía producindo,
chegando incluso a dirixirse a nós en inglés como primeira lingua de
comunicación.
O tempo foi espectacular, por contra
do que sucedía en Verín (semana pasada por auga). As instalacións envexables,
tanto no interior como no exterior. As actividades propostas polo equipo de
traballo axeitadas ao nivel dos alumnos e o proxecto proposto polas profesoras
acompañantes foi levado a cabo integramente.
A experiencia foi altamente
satisfactoria para os alumnos e para nós, co que esperamos poder participar nun
proxecto semellante nun futuro próximo.
MAITE
GONZÁLEZ E NURIA TRIGUEROS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)

.jpg)
