2 de mar. de 2022

 Xa se vai acabando o Antroido...pero seguro que tedes unha chea de fotos para presentar ó Concurso de foto de Antroido, escollede un par delas e enviádeas ó correo do equipo: ofiadeirodalingua@gmail.com 

 

 

 

A IMAXE DO ANTROIDO

Cal é a imaxe que representa o espírito do Antroido para ti?

1ª PARTICIPANTES: Poderá participar no concurso calquera alumna ou alumno do centro, así como o profesorado ou persoal non docente.

 

2ª TEMÁTICA: O tema principal será Cal é o espírito do Antroido? Trátase de captar unha imaxe que represente o significado do Antroido, orixinal e auténtica.

 

3ª OBRAS: Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías.

 

4ª PRESENTACIÓN: As obras deben de enviarse por correo electrónico ó enderezo do equipo de normalización lingüística, indicando o autor ou autora da mesma:

ofiadeirodalingua@gmail.com

 

PRAZO: O prazo de envío das obras remata o 10 de marzo.

 

6ºPREMIOS: Haberá dous primeiros premios: 2días de consumicións  na cafetería para as categorías da ESO e de BACHARELATO e dous segundos premios:1 día de consumicións na cafetería do centro .

 

23 de feb. de 2022

 Non remata o día sen facermos a nosa homenaxe á gran escritora que naceu tal día coma hoxe, en 1837, Rosalía de Castro. A ela debémoslle a poesía paisaxística de "Adiós ríos, adiós fontes" e a satírica de "A xustiza pola man" ou "Vanidade" que declaman as nosas alumnas: Tania, Andrea, Noreia e Lúa co coro de Sara e Laura.

Día de Rosalía 

 

22 de feb. de 2022

Excursión para recollida de topónimos

 Onte tivemos a sorte de facer unha pequena excursión por Verín con Eduardo Castro e Xosé Ramón Reigada como guías.Deunos para recoller topónimos e moitos detalles da historia da vila,dende a flora ata a arquitectura. 



21 de feb. de 2022

 

Xa estamos na semana do Antroido!! E X. Ramón Reigada obséquianos con este vídeo de cigarróns. A que non sabendes de onde é o segundo dos vídeos?


 

18 de feb. de 2022

 Lembrades a entrada que fixeramos no noso blog o 10 de xaneiro coa gravación de Yaiza e Valeria de 1ºESO A, con esa entrevista  á súa avoa onde falaba dun xogo popular que se chama O Pino?

Ben, pois hoxe, Aníbal Barreira, profesor de historia do noso centro, agora, xubilado, fíxonos chegar o xogo do Irá, un xogo popular que ben nos explica para poñernos con el. Grazas Aníbal!


 


PARTICIPANTES:

Cantos queiran, de ambos sexos. Recomendable para 10 años en adiante.

MATERIAIS:

Tres paus cilíndricos de dous tamaños diferentes.

O pau A, de 60 cm de lonxitude, recibe o nome de Palán.

Os paus B e C, de 20 cm. O pau B recibe o nome de Pai e o pou C, denomínase Irá.

NORMAS DO XOGO:

-Necesario un espazo despexado (praza, camiño ancho, campo aberto, outros espazos).

- Sorteo do primeiro/a que lle toque para iniciar o xogo.

-Trazar unha liña no chan para a situación do tirador/a e os buscadores/as. Á dereita da liña                  

póñense  os participantes buscadores.

-O elixido no sorteo toma os tres paus para colocalos:  o pau B , no chan, paralelo á liña trazada.

  O pau C, colócase apoiado no  pau B,  formando unha cruz latina.

B

C

 

 

- O xogador/a que lle toca empezar, toma o pau A, e golpea a punta do pau C, logrando levantalo e mentres  está no aire, darlle un segundo golpe para mándalo o máis lonxe posible.

- Os outros participantes, saen correndo para coller o irá (ou pau C).

- O  tirador coloca o palán  dentro da liña trazada. Espera a que alguén diga : “Meu”.

- O participante que colleu o irá, intenta (dende o lugar en que colleu o irá), tocar o palán.

- Se logra golpéalo, pasa a ser o novo/a tirador/a ou lanzador/a.  Se falla e non toca o palán, segue tirando o xogador inicial.

- Esto repítese ata que os /as  participantes conseguen  tocar o  palán co  irá.

NOTA:   Parece difícil acertar darlle  ao  palán  co irá pero o lanzador non sempre acerta ben no segundo golpe e o irá queda moi preto e resulta fácil cambiar  de tirador.

 

16 de feb. de 2022

 O 14 de febreiro e toda a semana traballamos o concepto do amor romántico, xa temos listo un muralciño que nos encamiña cara un amor máis san e respectuoso, en breve ensinarémosvos a roda dos afectos. 



15 de feb. de 2022

A muller na ciencia

 Estes días temos no centro unha exposición da Universidade de Vigo sobre mulleres científicas sobranceiras.