A semana pasada grazas á iniciativa da nosa compañeira de galego, Marisa, tivemos a sorte de ter entre nós un verinense de sona, Artur Pastoriza Puga o bailarín das Tanxugueiras e púxonos a todos e a todas a bailar.
Estamos a facer a nosa propia botica coas plantiñas que recollemos o venres pasado na saída ó Castelo de Monterrei.
Lingua de ovella (plantago):antiséptica e cicatrizante, usada como se fora unha tiriña para as feridas.
As papoulas que antes se usaban para adormecer os nenos e nenas.
A Diavella
A Viboreira
O Trigo de ratos
E a Furapedras