Dicimos Non á violencia de xénero e este ano a través dun Scape Room na biblioteca ideado no Departamento de galego co que tamén queremos celebrar o Día das Bibliotecas, ese espazo cheo de vida que temos no noso centro.
Etiquetas
- ACTIVIDADES
- ANTIGOS ALUMNOS
- ARTE
- CHIVITEI
- CIENCIA
- CO SELO GALEGO
- COMPROMISOS ECOLÓXICOS
- CONCURSOS
- CONFERENCIAS
- EDUCACIÓN FÍSICA
- ENVELLECEMENTO
- EVENTOS
- EXCURSIÓNS
- EXPERIMENTOS
- EXPOSICIÓNS
- FESTAS
- FILOSOFÍA
- IGUALDADE
- LINGUA
- MITOLOXíA
- MONTE VIVO
- MÚSICA
- MÚSICA coa Banda da Loba
- PORTUGUÉS
- PREMIOS
- PRENSA
- RADIO
- REVISTA
- SECCIÓN LITERARIA
- TEATRO
- TECNOLOXÍA
- VITICULTURA
22 de nov. de 2022
17 de nov. de 2022
SOSTIBILIDADE
Seguimos co mes da ciencia cos traballos do alumnado de 1Bac, neste caso de Pablo Vaz sobre a lonxevidade do ser humano.
15 de nov. de 2022
10 de nov. de 2022
SOSTIBILIDADE
Xa estamos a celebrar o mes da ciencia en galego e relacionándoo coa sostibilidade, calquera escusa é boa para aprendermos así que o alumnado de 1ºBac despois da lectura do libro desta Avaliación, Os dados do reloxeiro de Xurxo Mariño, fixeron estes traballos.
8 de nov. de 2022
Igualdade
Xa comezamos coas actividades contra a Violencia de xénero! O alumnado de 2º ESO coa profesora Lucía Díaz participou no Concurso do Concello de Lalín: Dillo a quen maltrata, mirade que cartas máis xeitosas saíron.
3/10/2022
Estimado Lucas:
Acórdaste cando nos coñecemos? Porque eu si, acórdome de que estaba na biblioteca e ti sentácheste ao lado miña mentres lías un pequeno libro e me saudaches moi agradablemente. Estivemos un rato falando, déchesme o teu número e eu seguín o meu camiño.
Ao día seguinte volvín a biblioteca e alí estabas ti, sentado no mesmo lugar do día anterior, collín un libro e senteime a o teu lado e seguimos falando como o día anterior.
Isto volveuse algo habitual entre nós, todos os días ti me esperabas na biblioteca e cando chegaba ti xa estabas alí. Todo foi seguindo así ata un día soleado que me dixeses si quería ir a una cafetería contigo, eu aceptei e pasámolo tan ben que comezamos a salir mais xuntos. Pasaron os meses e de coñecidos pasamos a amigos e de amigos pasamos a ser parella. Eu estaba tan namorada de ti que ata nos mudaramos xuntos,pero... pasaron os meses e empezou o verdadeiro terror.
Empezácheste a volverte mais agresivo, ías aos bares e volvías borracho; ata que un día volviches mais borracho que habitualmente, enfadácheste comigo por non terche a cea preparada e dun momento a outro, non sei como, pegáchesme, eu estaba tirada no chan, doíame a cabeza e ti solo te rías e me seguías gritando.
Cada día cando chegabas a casa pegábasme mentres me insultabas, eu intentaba pararte e ti so me pegabas mais e máis e máis. Esa era a miña nova rutina, diante dos meus pais eras amable, educado e agradable. Todo seguía igual ata que un día chegaches e violáchesme e despois para que dixera nada matáchesme. Senón fora que me escoitou berrar ata a morte a nosa veciña, non habería xustiza para min e ti non estiveras no cárcere.
Ata nunca, maltratador.
3 de nov. de 2022
Onte tivemos unha actividade ben interesante no noso centro, un grupo de árbitros faláronnos da súa profesión e animaron o alumnado a faceren unha pequena formación para se iniciar dentro dela. Unha das persoas era unha muller que comentou a súa experiencia e o que foi conseguindo rompendo os teitos de cristal q atopou na súa carreira.Grazas a Miguel, o profesor de EF por esta iniciativa.
27 de out. de 2022
Samaín
Xa estamos co Samaín no centro!! O noso alumnado de Lit. Galega do Séc. XX xa engalanou o corredor!!!






























.jpg)



