Imos quentando motores ata o Entroido! Este ano temos novidades fotográficas e culinarias
😁
Hoxe pola mañá tivemos no noso centro a Rubén Riós, presentando o seu libro e a súa serie documental Arrieiros somos,unha aposta polo rural e pola visibilización de todo o noso patrimonio achegándoo á mocidade.
O pasado venres día 27 o noso alumnado de 1ºBAC asistiu a un encontro coa autora de Oito días sen Eva Cortés, Sara Vila Alonso, grazas á organización da Biblioteca Municipal de Verín das Xornadas anuais de Novela negra, ese ano baixo o título Back in black
Xornadas de novela negra, Back in black
Xa comezamos a nosa actividade de Escrita creativa para 1º e 2ºESO xunto co IES de Xove. O circo ambulante comeza a súa presentación e en breve, xira, non perdades o fío!!!
Onte comezamos o 2023 co visionado de dous filmes dentro do Ciclo Muller e Patrimonio, en colaboración co Concello de Verín e co Consello da Cultura Galega, dentro do ciclo Muller e Patrimonio. Remataremos a actividade cun coloquio con Sara Traba e Noemí Basanta, no noso centro, a semana vindeira.